Imprimir

Entrevistas

El Correo Gallego, 28 de septiembre de 2003

http://www.elcorreogallego.es/periodico/20030928/Galicia/N214271.asp

 

 

Actualizada: 21:05 h

 

  GALICIA

 
 

Domingo 28 de Septiembre de 2003

 CANALES
  musica-conciertos
  cine
  teatro
  libros
  arte
  circuito clásico
  liga 2004
  vida social gallega
  emigración
  web del motor
  manual de estilo
  gallego del año
  625 líneas televisión
  o debate
 ARCHIVO
  portadas (pdf)
  especiales
  anuario 2002
 SERVICIOS
  turismo rural
  web-cams
  5000 empresas
  agenda comunicación
  315 concellos
  buscador-ligazóns
  horóscopo
  e-mails
 SUPLEMENTOS
  ozono
  (sobre)vivir
  océano internet
  descubrir
  universidade
  revista das letras
  hoxe venres
  bolboreta
  lecer
 HEMEROTECA
   
 
 
Carlos Barros, profesor de Historia Medieval e Moderna da USC: "Vivimos un reencontro co xudeu''
 
 

      1\¿Cales son os núcleos de tradición xudía en Galicia?
Ribadavia, Allariz, Ourense, Monforte, A Coruña, Tui, Pontevedra...

2\¿Que queda da cultura hebrea?
Ben pouco, a Inquisición perseguiu con saña nos séculos XVII-XVIII ós xudeus galegos. O termo 'xudeu' pasou a ser un alcume. Houbo intentos nos séculos XIX e XX de recuperarmos as nosas raíces xudías. Desde hai unha década estamos a vivir un reencontro histórico co noso esquecido pasado xudeu, a partir da experiencia de Ribadavia, que paseniñamente se está a estender por outras vilas con presencia xudía ou xudaizante nas épocas medieval e moderna.

3\¿Hai tradición vinícola judía en Galicia?
Cara ó ano 950 están documentados xudeus viticultores que traballaban para o mosteiro de Celanova na parte hoxe portuguesa da Galicia alto medieval.

4\¿Que papel xoga o viño nos ritos xudaicos?
O xudaísmo celebra con 4 copas de viño, e oracións, as catro etapas da liberación da escravitude exipcia, nun banquete chamado Seder na festividade de Pesaj. Ademais, os xudeus máis rigorosos coa súa tradición no relativo á preparación dos seus alimentos, incluíndo o viño, coidan que teñan unha certificación especial chamada kasher. En varios países americanos e europeos hai bodegas que producen viño kasher, cuxo proceso de fabricación ten que ser supervisado simbolicamente por rabinos ou outros membros da comunidade xudía.

5\¿Que lle debe Galicia á cultura hebrea?
A recuperación da memoria histórica tocante ó pasado xudeu de Galicia é hoxe importante porque as relacións entre xudeus e cristiáns galegos estiveron máis marcadas que noutros lugares de Europa e da Península pola tolerancia: trazo da ideosincrasia galega segundo unha tradición que ten como vemos base histórica...




Ante cualquier duda, comentario o problema en las páginas de El Correo - O Correo envíe un e-mail a info@elcorreogallego.es

© 2003 www.elcorreogallego.es ISSN: 1579-1572 Todos los derechos reservados. Prohibida la reproducción total o parcial del contenido sin la expresa autorización del propietario.