Cartas a CB


Mensajes
 
Boas,
Eu son un estudante de Filoloxía Galega en Vigo. Sempre andiven moi interesado no tema das revoltas irmandiñas e teño lido moitos dos seus traballos.
 
Sei que hai nada fixo unha intervención nun Congreso sobre os condes de Lemos, en Monforte. A súa xiraba en torno aos irmandiños por terras do Lemos. A miña aldea é desa comarca e por iso teño un especial interese en ler ese texto.
 
Co cal, escríbolle para mirar se me pode enviar o texto da súa intervención. Eu non o utilizarei para nada máis que non sexa para o meu propio coñecemento.
Agardo unha resposta súa,
 
Un saúdo cordial,
Xurxo Martínez.

+++++
 
Xurxo, cando teña redactado e entregado o traballo sobre os irmandiños de Lemos "colgareino" coma sempre na miña web persoal, pronto estará tamén o audio da conferencia.
 
Saúdos e xa sabes, "o que sae ó seu non dexenera".


Carlos Barros

Departamento de Historia Medieval e Moderna
Facultade de Xeografía e Historia
Universidade de Santiago de Compostela
cbarros@usc.es / cbarros@wanadoo.es