Cartas a CB


Mensajes
 
Boas,
 
Xa lle escribín anteriormente por un tema dos irmandiños en terra de Lemos. Agora quixera pedirlle outra información. Quixera unha breve bibliografía sobre heráldica galega para interpretar un escudo "familiar" da aldea de Vilardemouros, concello de Sober, e máis unha emparentada de Os Palleiros. Disque eran familia e ambos fidalgos.
 
Vostede mesmo podería interpretalos? Que hai de certo en que dependendo cara onde mire o casco do escudo sábese se a familia é bastarda ou non?
 
Un saúdo cordial,

Xurxo Martínez.

+++++
 
Xurxo, non existe por desgracia un "manual de heráldica galega" pero podemos
atopar bastante bibliografía diversificada na web "xenealoxia.org", así como
buscar en apelidos e liñaxes, con frecuencia engaden datos heráldicos...
 
Saúdos

Carlos Barros

Departamento de Historia Medieval e Moderna
Facultade de Xeografía e Historia
Universidade de Santiago de Compostela
cbarros@usc.es / cbarros@wanadoo.es