Cartas a CB


Mensajes

O meu nome é Gonzalo Cao, fai uns anos lin un libro seu: "A mentalidade xusticieira dos irmandiños", onde, é para a miña sorpresa a miña parroquia, "Sande", concretamente os labregos eran protagonistas da revolta irmandiña.
 
Este tema era descoñecido para min  ata que tiven a oportunidade e a sorte de  ler as páxinas do seu interesante libro. 
 
 O problema é que non só para min, senón para o propio concello (Cartelle), onde agás un pequeno artigo publicado, con motivo das festas da miña aldea (e supoño que baseada na información que vostede aporta no seu libro, pois eu mesmo cando lin o seu libro, informei a un veciño). Moitas grazas pola súa atención e desculpe a extensión deste correo.

Gonzalo Cao


+++++
 
Gonzalo, o orixinal do documento sobre os irmandiños de Sande, publicado por Ferro Couselo, está no Arquivo Histórico de Ourense, Libro de acordos do concello, I, 234.
Saúdos
 
Carlos Barros
Departamento de Historia Medieval e Moderna
Facultade de Xeografía e Historia
Universidade de Santiago de Compostela
cbarros@usc.es / cbarros@wanadoo.es
www.cbarros.com
www.h-debate.com