Cartas a CB
Mensajes |
Sr Barros son presidente da Asociación de Veciños
"Francisco Asorey" do barrio da Almáciga, levo anos pensando en facer un
recordatorio da que foi a batalla irmandiña da Almáciga. Levo leido
algunhas cousas sobre o movemento irmandiño pero apenas fan mención á
batalla da almaciga, ainda que en todo o que levo leido consideran esta
batalla como decisiva. Gustaríame ter máis información, se fose
posible,de dita batalla e tamén se o que as testemuñas do pleito Tavera-fonseca
chaman Balmaligue se corresponde ca Almáciga que todos coñecemos en
Santiago. Entre outras cousas das que vou sacando conclusións están que
no tempo desta batalla estaban en pleno auxe tanto o Convento de Santa
Clara e o Convento de San Domingos de Bonabal , ambos situados no monte
da Almáciga. ¿Non terán documentación de dita batalla?. Logo leín tamén algunha que outra, supoño que especulación, sobre Pedro Madruga no que o historiador Alfonso Philippot di que Pedro Madruga e Cristobal colón podrias ser a mesma persoa. De ser esto certo Colón (Pedro Madruga) habria tido una importancia vital na batalla da Almáciga. Atentamente Xosé Martínez Otero +++++ Xosé, sinto decepcionarte pero non está documentado iso da "batalla de Almáciga". Alguén transformou pola súa conta en Almáciga o término Balmalige, lugar citado no Preito Tabera-Fonseca (e non atopado ata agora) onde tivo lugar efectivamente a decisiva batalla na primavera de 1469 entre as milicias irmandiñas e o exército señorial da contrarrevolta. Por contra (teria que verificalo nas miñas fichas) sóname que, despois de Balmalige, Fonseca foi ferido no asedio de Santiago perto dun mosteiro, tal vez un dos que están perto do monte de Almáciga. A identificación de Pedro Madruga con Colón, é unha das moitas teorías que circulan sen demasiado xustificación... Saúdos cordiais Carlos Barros Departamento de Historia Medieval e Moderna Facultade de Xeografía e Historia Universidade de Santiago de Compostela cbarros@usc.es / cbarros@wanadoo.es www.cbarros.com www.h-debate.com
|