Cartas a CB


Mensajes
Certo Xornal13 de abril de 2011 16:41
Asunto: Churruchaos
Molestámolo para facerlle unha pregunta que nos proe estes días sobre esa familia nobre do medievo: tiñan fortaleza en Noia e familiares alí? Nalgunha fonte lemos que si, pero Manuel Gago discútenolo en http://www.facebook.com/l/ee6abhlgGlSyY6dIFn5WcSmch7A/www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/05/01/buscando-o-gran-castelo-dos-churruchaos-na-capela-senorial-dos-deza/comment-page-1/#comment-245354
A ver se nos pode axudar a todos... Graciñas por adiantado! Se é moita molestia, non se preocupe, pero logo de ler tantos premios de HIstoria Medieval de Galiza pensamos que vostede teríao fresquiño

Mensaje recibido a través de http://www.facebool.com/carlosbarrosg

RESPOSTA

Amigos de Certo Xornal.

A mensaxe vosa indentificando os restos fortificados cunha ventá gótica, na praza do Tapal de Noia, é correcta e coñecida, ver referencias na cita 10 da páxina 16 de TORRES, VARAS E DEMOS.Doutra banda, Manuel Gago non nega esa posibilidade, simplemente pregunta...Outra cousa é que un castelo emblamático con tres torres poida ter relación cunha fortaleza concreta. Non é habitual, e haberia que ter máis datos.Torres e castelos son signos nobiliarios moi xeneralizados en toda Europa, ademáis diso as tres torres forman parte das armas da Coroa  medieval de Castela e hoxe en dia do rei Juan Carlos I.

Carlos Barros