Cartas a CB


Mensajes
Graciñas pola confirmación! Nós tampouco acabamos de entender o que quixo dicir Gago.Xa, afondando nos Churruchaos e as pelexas coa mitra de Compostela,  parécenos alucinante que o castelo da Rocha Forte non sexa máis coñecido e  divulgado en Galicia. Imaxinamos que terán culpa diso os nosos xestores  culturais e achegados: o ano pasado fixeron unha improvisación xacobea  chamada Portos Xacobeos e os moi ignorantes meteron Ribeira ou Pobra e  esquecéuselles meter o Porto de Compostela, Noia. Unha vergoña! Saúdos

Certo Xornal via CB-Facebook

+++++

Penso que eres parcialmente inxusto. O Consorcio de Santiago vén de  patrocinar unha fantástica reconstrucción da Rocha Forte, outra cousa é que  logo se divulgue... Temos que colaborar todos. Axudo xustamente nun video  que organiza M. Gago no CCG sobre os irmandiños onde se destaca a fortaleza  da Rocha...

Carlos Barros
Departamento de Historia Medieval e Moderna
Facultade de Xeografía e Historia
Universidade de Santiago de Compostela
cbarros@usc.es / cbarros@wanadoo.es
www.cbarros.com
www.h-debate.com
www.youtube.com/user/HistoriaDebate