Cartas a CB


Mensajes


Estimado Prof. Barros,

Son unha antiga alumna da USC, licenciada en filoloxía, que está a preparar a súa tese sobre edición e estudo de documentación notarial da Baixa Idade Media.  

Nun dos documentos aparece a casa forte de Peñaflor, e logo de varias pescudas atopei un mapa de "Castillos y casas fuertes de Galicia", que aparece na obra de José García Oro Galicia en los siglos XIV y XV. Este mapa foi editado polo Museo Massó coa colaboración do Seminario "Fontán-Sarmiento" de Hagiografía, Onomástica y Toponimia de Galicia, ou así o cita Oro, baixo o título de Galicia, castillos, fortalezas y casas fuertes o torreadas en mil años de historia. Porén, por moito que busco datos sobre o citado Seminario ou o Museo Massó non logro atopar referencias sobre esta obra ou outros datos que me indiquen onde se conserva e se pode consultar un exemplar da mesma. 

Esta foi a única obra na que logrei obter datos sobre a fortaleza de Peñaflor, ademais da cita no seu artigo "Revuelta de los irmandiños. Los gorriones  corren tras los halcones".

Todo me resulta máis complicado porque estou a vivir en Cádiz e desexaría que, se vostede ten algunha información que me poña no bo camiño para atopar este volume ou outros nos que poida obter información sobre a dita fortaleza ou casa forte de Penaflor e a súa historia, fose tan amable de solucionar as dúbidas que lle expoño. 

Moitas grazas de antemán por atenderme e reciba un cordial saúdo, 

Ana Belén Vázquez Pardal

++++++
 

Ana, debo ter unha fotocopia por aí dese mapa pero non é demasiado fiable.
Tes mellores referencias no Preito Tabera Fonseca (Angel RODRIGUEZ, Las fortalezas de la Mitra compostelana, 2 vol.).Interesame o teu traballo, ¿quen che dirixe a tese? Ánimo, seguimos en contacto
 
Carlos Barros
Departamento de Historia Medieval e Moderna
Facultade de Xeografía e Historia
Universidade de Santiago de Compostela
cbarros@usc.es / cbarros@wanadoo.es
www.cbarros.com
www.h-debate.com
www.youtube.com/user/HistoriaDebate