Cartas a CB


Mensajes
 
Bon día.

Chámome Nacho Seixo e son un estudante de Historia da UNED. Son galego, aínda que agora mesmo resido en Asturies. Estiven no último Congreso de HaD (decembro de 2010) e desde entón estou subscrito á lista de correo e tamén sigo a algúns dos historiadores que alí descubrín e que me están a ser moi útiles para os meus traballos. Nestes intres, de feito, estou a facer un traballo sobre a transición do feudalismo ao capitalismo e en parte estou a botar man dos seus traballos sobre as "revoltas irmandiñas" (ou "revolución irmandiña"), onde explica o significado que tiveron eses sucesos na peculiar transición galega da Idade Media á Idade Moderna. Gustaríame poder manter un contacto maior con xente coma Vds., xa que estou moi interesado na investigación, mais non o teño doado porque estou traballando e estudando ao mesmo tempo e na UNED os medios que temos son moito máis pequenos que en calquera outra universidade (incluso o contacto directo cos nosos profesores é difícil porque case todos eles residen unicamente en Madrid), malia a boa vontade da maioría da xente que traballa na UNED.

O motivo deste e-mail ao seu correo persoal, que collín da web de HaD, é que acabo de enviar por primeira vez unha mensaxe á lista de correo de HaD. A miña mensaxe trata sobre Steve Jobs (en relación co debate sobre el que eu recibín no meu correo electrónico e que tamén está publicado aquí: http://www.h-debate.com/Spanish/debateesp/hdesimismo/1.htm) e basicamente expreso a miña discrepancia coa xeneralizada opinión que describe a Jobs como un empresario exemplar pola súa creatividade, as súas orixes humildes, a súa innovación, etc. No sei se a miña mensaxe será publicada na lista, así que me permitín enviarlle un correo a Vd. directamente, xa que, se ten tempo e quere responderme, gustaríame moito saber o que opina sobre o que digo. Se non ten tempo ou non o considera oportuno, entenderei perfectamente que non o faga, pois imaxino que estará ocupado con outras cousas moitísimo máis importantes.

Máis nada. Un saúdo e o meu agradecemento por todo o que aprendín e seguirei aprendendo tanto con Vd. coma co resto dos historiadores que participan en HaD.
 

Nacho Seixo
Estudiante de la UNED
 
+++++
 
 
Recibida a tua mensaxe persoal, Nacho, non asi a que enviaches a HaD, que recollin da tua mensaxe e publicaremos de seguido...
 
Saúdos e ánimo con historia
 
PD. Miña nai acostuma a dicir que dos homes que "non hai un bo" poderiamos dicir o mesmo acerca dos empresarios seguindo o teu razonar sobre Steve Jobs, non ?
 
Carlos Barros
Coordinador de Historia a Debate
Universidad de Santiago de Compostela
cbarros@wanadoo.es
www.cbarros.com
www.h-debate.com
http://www.facebook.com/HistoriaDebate