Cartas a CB


Mensajes
 
Muitas grazas de novo! Apaixónanme estas cousas. De feito, alén das vías do tren, alá nos Churruchaos pódense percibir as liñas das murallas e dalgunha torre. Ese lugar é ensoñador. Estou desexando saber mais del

André Chamadoira
21 de enero de 2013 1402

Parabéns pola conferencia que publicou no grupo galego-catalán. Gustaríame facerlle dúas preguntas A información de que se vai reconstruír/escavar definitivamente o castelo é actual? E como se escribe a Valmarise? O nome da batalla final do exercito irmandiño compostelán. Porque non acabo de entender ben Valmarís, Valmarice, Valmaleixe? Por certo que pulula por Internet outro nome para esa batalla como a "batalla da Almáciga". Só por interés, que non son estudante de historia pero si consumidor.

Graciñas e parabéns de novo!

André Chamadoira
21 de enero de 2013 1300

A nova é deste días, André, hai unha forte subvención do Ministerio para escavar no 2013 o interior da Rocha Forte (ate agora traballouse somente o perímetro). O nome documentado da ballalla campal de 1469 perto de Santiago é "Balmalije", que alguén identificou por Almáciga, maila que as palabras non se parecen...

Carlos Barros
21 de enero de 2013 1346