Cartas a CB


Mensajes
 
Ola, Carlos,
 
Puxenme en contacto contigo fai un ano pra comentarte ó da miña páxina web sobre Sandiás. E sego ca historia de Sandiás, buscando datos pra actualizala páxina, por eso che fago a seguinte pregunta, en que arquivos ( a nivel de toda España) se podria atopar información sobre dita torre? ( abibliografia fai tempo que se esgotou e todo o mundo di o mesmo, copianse uns os outros¡)
 
Moitas gracias pola tua atención,
 
Xavier


++++++++++++

Xavier, o correcto sería buscar novas sobre o castelo de Sandiás a través dos seus sucesivos propietarios laicos e eclesiásticos coñecidos, tanto en documentación de arquivo como en bibliografía.
 
Eu comezaria pola documentación da catedral de Ourense, sen deixar de visitar o arquivo provincial. E seguiría cos datos que están nos libros existentes sobre a nobreza galega en relación cos Pimentel, Benavente e Lemos. Terminando naturalmente polo arquivo real de Simancas, o AHN e os arquivos nobiliarios da Casa de Alba, Medinasidonia e Medinaceli (está microfilmado no Arquivo da USC).
 
Supoño que terás xa pescudado o Boletín da Comisión de Monumentos de Orense.
 
Ánimo e tenme ó tanto dos avances
 
Carlos Barros
Departamento de Historia Medieval e Moderna
Facultade de Xeografía e Historia
Universidade de Santiago de Compostela
España
tel. 981 528058
fax 981 814897
móvil 669 338 176
cbarros@usc.es / cbarros@wanadoo.es

 

volver