Cartas a CB


Mensajes

 

 
Hola, Carlos:
 
Gustariame facerte unhas consultas relacionadas coa  torre de Sandiás(A Limia - Ourense)e a revolta  Irmandiña. As preguntas son as seguintes: ¿en que ano  se desmochou esa torre?¿Sabese se posteriormente esa  torre volveuse a reconstruir?
 
Un saúdo;
 
Xavier Feixoo

+++

Xavier:
 
O problema da fortaleza de Sandiás é que no aparece nomeada no Preito  Tabera-Fonseca, como a maior parte das fortalezas ourensás derrocadas pola  Santa Irmandade...

A mellor información  sobre a revolta irmandiña na diócese de Ourense están  nun relato existente, non foi publicado,  que non teño consultado máis que  por datos indirectos. Ó parecer ten unha copia Cid Rumbao onde aparece a  fortaleza de Sandiás derrubada polos irmandiños ó comenzo da revolta  (primavera 1967) como podes comprobar na súa Historia de Allariz (p. 118).  Obviamente os Pimentel reedificaron a torre despois de 1469 pois están aínda  restos en pé...
 
Un saúdo,

Carlos Barros
Departamento de Historia Medieval y Moderna
Facultad de Geo. e Historia
15702 Santiago de Compostela
España
tel. 981 81 48 03
fax 981 81 48 97
E-mail: cbarros@eresmas.net
Web HaD: http://www.h-debate.com
Web personal: http://www.cbarros.com