Cartas a CB
Mensajes |
Gracias pola tua contestación. Consultei o libro
de Cid Rumbao, e este afirma na paxina 117 que ¨la guerra
hermandina de Galicia que ocurrio en 1474, y no en 1467 como
escriben algunos que confunden con ella la acción de las primeras
hermandades¨. ¿Podrias facer o favor de aclararme esta afirmación,
posto que na maioria dos libros aparece como derruida no 1467?
Un saúdo,
Xavier Feixoo
++++
Xabier:
Evidentemente, trátase dun erro, hai ducias de
documentos que situan a revolta entre a primavera de 1967 e a
primavera de 1469.
Respecto do seu unicio están, por exemplo, os ben coñecidos e publicados por Ferro Couselo en A fala dos devanceiros, que nos permiten fixar a noticia do primeiro derrubamento dunha fortaleza (Castelo Ramiro) o 22 de abril de 1467, a data máis axeitada sen dúbida para celebrarmos o día da Galicia irmandiña.
Outro exemplo é o documento de Enrique IV
do 6 de xullo de 1467, publicado por Eduardo Pardo de
Guevara, dando por bos os derrocamentos feitos e ordenando
os alcaldes das fortalezas asediadas pola Santa Irmandade a
deponer as armas...
Un saúdo,
Carlos Barros Departamento de Historia Medieval y Moderna Facultad de Geo. e Historia 15702 Santiago de Compostela España tel. 981 81 48 03 fax 981 81 48 97 E-mail: cbarros@eresmas.net Web HaD: http://www.h-debate.com Web personal: http://www.cbarros.com
|