Imprimir
Twittear

Publicado en

A revolta irmandiña en Noia, Muros e Outes*

 

Carlos Barros
Universidade de Santiago

 

                                As descricións de Noia nos séculos XVI e XVII falan de crecemento demográfico, "deleitoso puerto", "fértil pesca", potentes gremios, comercio en alza  e casas fidalgas[1]; pero na Baixa Idade Media a situación é ben distinta, segundo lle conta, o 14 de xullo de 1320 ó rei Afonso XI, frei Berenguel, o seu capelán maior e chanceler, arcebispo compostelán:  "los de la villa de Noya eran muy pobres  et muy astragados por raçon de cavalleros et de otros homes poderosossos que lles fazen mal por raçon de que dicha villa non es çercada, et que me pedia... que lles quitasse por algun tiempo de pecho porque se podiesse çercar la dicha villa"[2]. O arcebispo Berenguel de Landoira premia, deste xeito, ós veciños de Noia que o  viñan apoiando fronte a rebelión armada do concello de Santiago e cabaleiros do arcebispado. Noia, vila arcebispal dende 1168[3], lugar preferente de entrada por mar dos peregrinos a Santiago, convertérase xa en 1319 no refuxio alternativo do prelado compostelán[4], cando logra fuxir do asedio da catedral.  Ó ano seguinte responde positivamente El-Rei á demanda arcebispal da exención do pago de impostos, "que a min ovieren a dar cada anno",  por un período de seis anos, para que "los metan en çercar la dicha villa"[5]. A muralla de Noia estará rematada, salvo que houbera retardo, cara ó ano de 1326[6].

 

Torres e murallas

 

                Da muralla noiesa de Don Berenguel fala no preito Tabera-Fonseca, o  15 de marzo de 1527, Pedro Lorenzo de Sarnón[7], veciño de Noia, cando é "preguntado si las villas de Noia y de Muros tienen fuerças", respondendo[8] que "la dicha villa de Noia es çercada de muro de piedra e que tiene una tore dentro de la villa con su çerca alderredor que se dize el Tapal de Noia"[9], que "es cobierto para se bibir en el e morar el arçobispo". Aínda que, por veces, servía de prisión, tumba e lugar de execución:  na primeira metade do século XIV, Roi Soga Mariño de Lobeira foi "preso y degollado en la villa de Noya" por ser "desobediente al rey"[10]; en 1367, morre subitamente no Tapal, o arcebispo Alonso Sánchez de Moscoso[11]; en 1465, Bernaldo Eans de Moscoso prendeu "ao arcebispo de Santiago don Afonso de Fonseca ena villa de Noya, et o tevo preso dous anos, pouquo mais..."[12].

                A principios do século XVI, o Tapal cumpría aínda circunstancialmente unha función señorial residencial[13],  vivindo alí de seguido por motivos xurisdiccionais (e económicos[14]) o alguacil do arcebispo[15], xa  que non un alcaide[16], cuxa existencia non se acredita cando, en 1524,  Fonseca, o arcebispo saínte, entrega o castelo intramuros de Noia a Tabera, o arcebispo entrante, coa súa lista de armas[17]. Por moito que siga en pe –ata o século XIX[18]- a muralla interior que arreda o conxunto arcebispal fortificado do resto da cidade[19], o papel militar do Tapal para o control interior da vila, e aínda para a súa defensa exterior, semella tense desprazado, nos tempos post-irmandiños, cara a torre que Diego de Muros, dono de Noia en alianza co conde de Altamira, ordena edificar -entre 1474 e 1476- na porta de muralla[20].              

           Pero sigamos coas respostas de Pedro Lorenzo de Sarnón: "y que la villa de Muros es una villa de las mejor çercadas que ay en todo el arçobispado de Santiago"[21]. Xa podía dicilo, dita muralla estaba (re)feita recentemente. O arcebispo Fonseca-fillo, que nomeara xustamente a esta testemuña para o preito co arcebispo Tabera, mandara facer outra cerca con boa pedra cara 1520[22], en premio tamén polo apoio recibido da vila de Muros[23] en 1511[24], cando, ó pouco de ter chegado a Galicia, resulta prendido e desterrado de Compostela pola Audiencia de Galicia, que intercedía así a prol do Conde de Altamira, Rodrigo Osorio de Moscoso, pertigueiro da Terra de Santiago, en loita co arcebispo polo control do arcebispado[25]. Dise que a vila de Muros non tiña máis cunha "simple cerca"[26] para se protexer, pero documentación recentemente publicada do "Tumbo de la Luminaria de San Pedro e Santa María de la villa de Muros"[27] amosa repetidamente, entre 1384 (primeiro ano do Tombo) e 1484, a existencia dunha rexa muralla medieval, chamada "cerca" ou "muro do concello", que vai resistir ó ataque portugués de 1389, seguida doutra muralla modera coa denominación "muro de la villa" (mencionada así nos anos 1539 e 1662)[28], nunha clara referencia á cerca feita,  circa 1520, polo novo arcebispo Fonseca de que nos fala a testemuña Pedro Lorenzo, da cal ficou en pe unha torre defensiva da muralla, cun escudo dos Fonseca, chamada "do reloxo" (colocouse en 1815), edificación hoxe desaparecida[29].

           Da época medieval descubríronse,  no século XX,  restos da primeira muralla onda igrexa de Santa María do Campo[30], xunto cunha moeda de Afonso IV, que reinou en Aragón nos anos 1327-1336[31], o que permítenos establecer a construcción das "muro do concello" de Muros como sistema defensivo na segunda ou terceira década do século XIV, máis ou menos igual que a súa vila xemela de Noia, ambas se fortifican[32] cando entramos xustamente na virulenta Baixa Idade Media. A Torre de Muros que, xunto co Tapal de Noia, aparece na documentación baixomedieval compostelá[33] foi construída, por tanto, despois de entrar Muros en 1299 -131 anos despois de Noia- na órbita arcebispal[34], estaba así mesmo situada -segundo o preito Tabera-Fonseca- "en la misma çerca", tiña "dos almenas" e era tamén coñecida como a "torre de los presos"[35]. Desde esta Torre de Muros os alcaides-xuíces nomeados polos arcebispos composteláns viñan dominando a vila co seu alfoz, fundamental –mentres nos se constrúe o castelo de Outes[36]- para o control da ría de Muros-Noia, Xallas e Fisterra[37].

           Dúas características diferencian, así e todo, as orixes medievais das vilas de Muros e Noia: (1) a Poboa de Muro era de El-Rei[38] cando Noia pertencía ó arcebispo de Santiago, o que permitiu os reis de León e Castela, ó longo do século XIII[39], una influencia importante na ría de Muros -mediatizada polos primeiros Mariños[40]-  que viña sendo a entrada por mar á cidade de Compostela, en disputa así mesmo naquel entón entre a Catedral e a Coroa; (2) a grande extensión do alfoz rural de Muros[41], que ademais das parroquias rurais actualmente no concello de Muros (Abelleira, Esteiro, Sestaio e Torea), abranguía catro máis que séculos despois constituíron o concello de Outes (Sabardes, Roo, Entíns e Tarás)[42], no medio das cales o arcebispo de Santiago terminou por edificar o castelo roqueiro de Outes, que daría lugar a capital do municipio.

           Hai que dicir que as torres arcebispais de Noia e Muros no foron afectadas polo vendaval irmandiño (a diferencia das torres de Santiago, Pontevedra e Padrón), constando a principios do século XVI, no preito Tabera-Fonseca, como máis o menos activas e habitadas, se acaso con estragos nos sobrados, corredores ou amenas[43]. Con frecuencia a revolución irmandiña contra as fortalezas fai excepción das torres urbanas, e máis aínda coas murallas dos concellos[44], calquera que fora a súa teórica xurisdicción, posto que constituían as únicas defensas de pedra da Santa Irmandade do Reino de Galicia, demandada e organizada en boa medida por e desde as cidades[45], cuxa acción estaba orientada antes que nada contra fortalezas rurais, como o castelo de Outes, innecesaria –confesa 60 anos despois con certa retranca Pedro Siso, rexedor de Santiago- "teniendo tan çerca las villas de Noia y Muros, y estando en medio de ellas"[46].

Xente belicosa

 

           Si algo teñen en común os veciños de Noia e Muros, e os campesiños dos seus alfoces (incluídas as parroquias rurais do que será contemporaneamente Outes), é unha tradición rebelde -"gente belicosa", dirá o cardeal Jerómino del Hoyo[47]- influída pola proximidade -e a miúdo irmandade- con Santiago de Compostela, vía de entrada en Galicia dos movementos comunais europeos, a partir do século XII. Fraternidade interurbana na Terra de Santiago intensificada  pola refeudalización de  Galicia logo da victoria trastamarista en 1369[48], que agravou así mesmo as loitas intestinas[49] entre os grandes e pequenos señores laicos e eclesiásticos, cabaleiros e arcebispos, polas xurisdiccións rurais e urbanas da Terra de Santiago, focalizadas dende mediados do século XV entre os Fonseca e os Moscoso. Guerra interseñorial que as cidades arcebispais utilizaron á súa comenencia apoiando e apoiándose alternativamente nuns ou noutros, segundo a conxuntura, excepto nos anos 1467, 1468 e 1469 que tiveron oportunidade, e azos, de ir contra ámbolos dous bandos nobiliarios, e gañar.

           As cidades amuralladas serviron, no derradeiro tercio do século XIV, para frear, na costa occidental da Terra de Santiago, as apetencias da alta nobreza galega e portuguesa. En 1383, as murallas de Noia resisten o cerco do Conde de Trastámara, Pedro Enríquez de Castro, se ben tiveron que pagar un rescate para que lles fora levantado o asedio. O ataque foi consecuencia de terse oposto Noia, xunto co cabido catedralicio e outros lugares do arcebispado, ós agravios e novos tributos condais, en "nome" do arcebispo de Santiago, Juan García Manrique, que emitiu finalmente unha sentencia privando, logo de catro anos de abusos, a Pedro Enríquez de Castro, do cargo de Pertigueiro Maior[50] da Igrexa de Santiago que utilizaba, obviamente, no seu propio interese e con moi malos modos[51]. O problema era tamén político: don Pedro era o maior defensor en Galicia da causa portuguesa, e  García Manrique, acabado de incorporar á Mitra de Compostela, o maior defensor en Galicia da causa do rei de Castela[52]. As murallas de Muros tamén soportarán seis anos despois, dixemos antes, as consecuencias da guerra con Portugal. A xente armada de João I, Mestre de Avis, asalta a vila, cara 1389[53], segundo foi reflectido nunha fonte popular algo posterior: "por las guerras et gentes de Portugal que... quemaron la mayor parte del dicho arrabal"[54]. A militancia anti-portuguesa do arcebispo de Santiago trouxo estes problemas a vilas de Muros e Noia, que desta vez se aliñaron co seu señor, por se mellor defender e tamén porque viña sendo socialmente menos soportable o seu antagonista Pedro Enríquez de Castro. Toma de partido que o arcebispo Manrique non sabe agradecer cando, en 1390, nos escusa do cobro de pedidos ós dependentes do cabido (e menos ós seu propios vasalos, deducimos) que defenderon ó arcebispado e ó rei de Castela fronte ó Mestre de Avis[55].

           En 1428, o arcebispo Lope de Mendoza favorece unha demanda da oligarquía municipal de Noia contra a xente do arrabalde, determinando -entre outros temas- que se faga de alí en diante un "concello pechado", formando polo xuíz  (arcebispal) máis o alcalde, xurados, procurador e homes bos (representantes veciñais), evitando que entrasen nas reunións "pescadores, carpinteros y otras personas, que decían con malas maneras lo que les placía, é impedían el que se pudiesen tomar los acuerdos necesarios y oportunos"[56]. O feito que de que esta carta-orde tivese que ser confirmada en 1437 e aínda un século despois, en 1522, indica que o "concello aberto" medieval, asembleario, debeu seguir sendo unha práctica habitual[57], que os cargos do concello vían a cotío como unha ameaza na Baixa Idade Media[58]. Conflictividade urbana latente entre a oligarquía local e a maioría do común, típica da cidade medieval desenvolvida que polo regular desaparece naqueles intres históricos en que a oligarquía urbana opta –as veces pulados desde embaixo- pola confrontación co poder señorial, pero  non completamente.

           En plena revolta irmandiña, o 31 de setembro de 1467, unha ordenanza da Confraría do Santo Espírito, os vicarios (autoridades) e outros confrades vense na necesidade de esixir ós afiliados que non vaian ás "oras que paguen por cada vez seys branquas"[59]. Rebeldía no tempo irmandiño dos pedreiros, toneleiros e carpinteiros de Noia, que non deixa de  sorprendernos dado o probado carácter providencialista da Santa Irmandade, se ben é certo que o "mundo ó revés", antixerárquico, que supoñían as actividades propias de revolta, prestábase mal para manter calquera disciplina, mesmo no eido sociorrelixioso.

           Así como o protagonismo da burguesía, e asimilados urbanos, nos feitos irmandiños, e acontecementos posteriores, ten antes que nada un carácter político, como se verá nas sutilezas dos cobrados de 1469 ou na oportuna adaptación alternativa posirmandiña ós Fonseca e ós Moscoso, o protagonismo da xente común é nomeadamente social. As rebeldías previas a grande revolta do pobo miúdo, contra as oligarquías municipais son, en consecuencia, un elemento capital para comprendermos o estalido social, a propia xénese da revolución[60] e o desprazamento na primavera de 1467da burguesía cara a posicións de ruptura co poder feudal hexemónico[61].

           Vexamos outro exemplo, agora na vila de Muros[62]. En 1402, o arcebispo Juan García Manrique, que non quixo premiar ós vasalos da Igrexa pola defensa da vila en 1389, amosa de novo o súa identificación coa oligarquía urbana: vistas as destruccións feitas polos portugueses chega a un acordo co concello para vender a quen máis dea a carnicería, con fin de construír unha igrexa nova dentro da cerca medieval de Muros. En 1404, varios veciños reclaman contra esa operación económica en nome do "conçejo menudo", perante o alcalde maior do Rei no reino de Galicia, dicindo que  a carnicería "era propia et comunal, para todo el pueblo, et que aun tenia su nonbre propio de la llamaren carniçaria vieja, la qual  fue tirada del dicho lugar por las guerras et gentes de Portugal que... quemaron la mayor parte del dicho arrabal et... algunos carniçeros, porque estouiesen mas seguros començaron a poner mesas para vender carne en la calle del Rey... et el dicho lugar era publico [et] comunn"[63].  A sentencia do representante real foi, nesta volta, favorable ó arcebispo amigo do Rei e ó concello "pechado", controlado por unha minoría de mercadores e fidalgos,  permitindo a privatización da(s) carnicería(s) de Muros[64].

           A ría de Muros-Noia madura, interna e externamente, como unidade histórico-xeográfica a fines da Idade Media[65], intervindo ó cabo conxuntamente, tódalas clases e estamentos de ámbalas dúas vilas e os seus alfoces, coas outras tres cidades da Terra de Santiago: Compostela, Pontevedra e Padrón. O momento sublime é a revolución irmandiña, punto de inflexión do tránsito dunha Galicia medieval, dominada polas fortalezas, á unha Galicia moderna, dominada polas cidades e os pazos rurais.  Dous grandes ensaios unificadores precederon, na parte central e suroccidental de Galicia, con poucos anos de diferencia, ó levantamento xeral de 1467: a "irmandade dos portos" na rías de Pontevedra e Arousa cara 1451[66]; e a irmandade  de Noia, Muros e Santiago de Compostela en 1458-1459. Ambas irmandades organizáronse, separadas no tempo e no espacio, en milicias armadas cun claro carácter antiseñorial e antifortaleza, especialmente a irmandade das Rías Baixas "la primera que derrocara fortalezas"[67], aínda que a que nos interesa aquí, nove anos antes dos irmandiños sensu stricto, é a irmandade da Ría de Noia-Muros coa cidade de Santiago.

           O 7 de xuño de 1458, o concello de Santiago con poder dunha irmandade anterior nas Rías Altas (A Coruña-Betanzos), recibe ós concellos de Noia e Muros nunha nova irmandade de vilas do arcebispado de Santiago, cuxos Capítulos de Irmandade[68] especifican como central a súa alianza cos cabaleiros feudatarios da Mitra compostelá (Moscosos, Montaos, Sueiro Gómez de Soutomaior, etc.), que se rebelaran[69]  en marzo contra o arcebispo Rodrigo de Luna por non iren á guerra de Granada[70], ocupando a cidade de Santiago de común acordo co concello. Pontevedra e Padrón mantivéronse, polo momento[71], da banda do arcebispo. Entrementres á irmandade Santiago-Noia-Muros participa cos cabaleiros "amigos" no grande cerco da Rocha Forte que durará máis dun ano, disparándose 1500 balas de trabuco[72], ata o pacto de Mazarelos co arcebispo do 3 de setembro de 1459[73], onde aparecerá como testemuña xustamente un cabaleiro segundón, chamado Pedro Osorio[74], futuro capitán da grande irmandade. Na cal os cidadáns de Santiago, Noia e Muros, terán o éxito[75] que non tiveron en 1458-1459 ó lograren tomar a Rocha Forte, fortaleza invencible ata 1467, con máis infantería e consenso popular, pero menos cabalería, pois os nobres laicos da Terra de Santiago estarán entón entre os seus inimigos, salvo algunha excepción[76] como Lopo Pérez de Mendoza (ou Moscoso), último señor de Mesía, que dicta o seu testamento -morrendo pouco despois- entre o  22 de setembro e 13 de outubro de 1467, na mesma Compostela, perante os rexedores, cambiadores e cargos da Santa Irmandade, Joan Martínez Vinagre (alcalde) e Alvaro García Chantreiro (deputado)[77].

Noia e Muros contra Outes

                A "rocha forte" do poder feudal na Ría de Muros-Noia será, no momento de maior disputa polo dominio señorial, a fortaleza de Outes, a "legua y media de Noia y dos leguas de Muros"[78]. De seguro que as experiencias dos habitantes da ría, á beira dos composteláns, nos asaltos á Rocha Forte e outras fortalezas arcebispais, na revolta contra Rodrigo de Luna, valeulles para resolver, en 1467, o seu problema co castelo de Outes, que fora construído na pola Igrexa de Santiago para controlar a ría,  polo menos a mediados do século XV, de calquera forma antes do acceso á Mitra do arcebispo Fonseca[79], logo Patriarca de Alexandría, que pelexará primeiro e pactará despois cos irmandiños de Santiago, Noia e Muros.

                Igual que Mesía,  e outros concellos de Galicia, o de Outes é un municipio rural que ten a súa orixe remota nunha fortaleza medieval, maila súa xurisdicción señorial, que vive unha breve pero intensa historia, nas tres últimas décadas do século XV, que transforma unha vella parroquia rural, San Pedro de Outes, e outras terras limítrofes dependentes do castelo, nun novo poder territorial, escindindo o alfoz de Muros. San Pedro de Outes coroado polo noso castelo foi unha terra medieval que a Igrexa de Santiago disputou ós Mariño de Lobeira, dando lugar a finais do século XVI e principios do século XVII á casa nobiliaria da Serra de Outes[80], que reivindicará como veremos as súas orixes medievais no castelo de Outes. Ulteriormente nace, na época contemporánea, ó actual Concello de Outes, que cambiou o nome hai uns anos polo de Concello de Serra de Outes, nome fidalgo que asumiu a capital urbana municipal, escindida a súa vez da parroquia fundacional de San Pedro de Outes. O Pazo da Serra de Outes[81]  aparece construído cara 1611 pola rama local dos Mariño de Lobeira[82], no cadro da evolución xeral da nobreza media e pequena de Galicia, no tránsito da Idade Media á Idade Moderna: das fortalezas ós pazos fidalgos.  O específico neste caso é que a instalación na desembocadura do río Tines dos Mariño de Lobeira vén logo de fracasar, como estudiaremos  polo miúdo, no control do castelo de Outes, propiedade e xurisdicción da Igrexa de Santiago en competencia cos Mariño da zona[83], que deixa de estar habitado a comezos do século XVI, perdéndose posteriormente a memoria social do seu papel histórico, breve pero cardinal, polas circunstancias da época, para comprendermos a historia baixomedieval de Outes, Muros e Noia.

            Confundido cun castro, en cánto a restos, e cun pazo fidalgo da capital municipal, en canto a historia, o castelo de Outes desaparece da memoria popular ó tempo que fica, ata finais do século XVIII, na memoria xenealóxica dos Mariño de Lobeira, o que non deixa ser historicamente inxusto á luz do que sabemos hoxe sobre a súa dobre demolición pola man dobre dos seus vasalos e a Igrexa de Santiago. En 1795, Antonio Mariño de Lobeira, cabeza da rama pontevedresa (Pazo da Pedreira) desta importante liñaxe da pequena e media nobreza do Sur de Galicia,  fai unha información de fidalguía onde aparece una descrición, datada en 1687, "de la casa fuerte de la Sierra de Outes": "Un castillo muy alto, con su foso y contrafoso, y algunas almenas y muchas troneras por todas partes; y sobre una puerta por donde se entra al castillo un escudo con las Armas de Mariños y Loveras, que ya están casi gastadas por el transcurso del tiempo, pero aún se divisa una sirena, dos lobos y una estrella. El castillo está casi arruinado por muchas partes y está inhabitable por estar en la eminencia de un monte, dominando toda aquella tierra... Tiene también dicho castillo un jardín, con una muralla que la más de ella está demolida, y todo ello indica mucha antigüedad y nobleza"[84]. A súa situación nun cumio montañoso e a súa descrición como fortaleza non deixa lugar a dúbidas de que se refire ó castelo de Outes da época irmandiña, non á cativa casa fidalga que se conserva na actual vila da Serra de Outes. Tampouco se corresponde o escudo perdido do castelo de Outes[85] co que temos nos restos do pazo fidalgo da Serra, que inclúe ademais outros dous apelidos, Soutomaior e Zúñiga, engadidos modernamente á rama local dos Mariño de Lobeira. O escudo da actual Serra conserva polo demais todos os seus releves[86], se comparamos co escudo do século XV do que nos fala a información de fidalguía de 1687, que precisa exhibir a proba física de antigüidade que supón sempre un castelo medieval como solar orixinario  dos importantes Mariño de Lobeira, rebautizados, cara 1693[87], como Marqueses da Serra de Outes[88].   

                A palabra ‘outes’ vén do latín clásico ‘altis’ (alto)[89],  igual que " outos"[90] ou ‘outeiro’ (‘elevación do terreo’), servindo cando menos desde o século XII para nomear a parroquia de San Pedro de Outes,   terminando por dar nome, na altura do monte chamado aínda hoxe "Pico Castelo", a unha sonada fortaleza[91] do século XV, ou anterior. Ó seu pé hai unha aldea da parroquia chamada "Castelo" e ós restos son coñecidos como a "Torre"[92], o que demostra que a tradición oral medieval si se mantivo localmente ó longo dos séculos. O castelo polo que tanto pelexaron os Mariño de Lobeira e Fonseca está a 3 km. da capital do concello, na carreteira que vai a Valladares, nun outeiro rochoso de difícil acceso que alcanza a máxima altitude (336 metros) de San Pedro de Outes,  desde onde se domina ó fondo da ría, mailo o tránsito por terra dunha banda a outra, de Muros a Noia, e viceversa. Nunha imposible castelanización, ou mala traducción, na documentación tardomedieval o castelo da ría que fai o numero 4 das Rías Baixas aparece ás veces como  "Otes"[93].     

           A fortaleza de Outes tivo unha torre da homenaxe de dous sobrados, outra redonda de tres sobrados e un "ynçinto alderredor", tanto para uso militar como de "aposiento e serbiçio", incluíndo unha cadea e unha corte dos cabalos[94]. Na época do preito Tabera-Fonseca estaba deshabitado: "no hesta para se avitar ni al presente moran en ella"; sendo moi necesaria "e importante para la conserbaçion y defensa de los vasallos del alfoz de Muros y para morar los de las feudatarios y usar la jurisdiçion de la dicha Sancta Iglesia entre ellos", dicíase segundo a vella mentalidade feudal da parte do arcebispo Tabera[95].

           Non dispomos de relatos sobre a demolición do castelo roqueiro de Outes polos irmandiños de Muros, Noia e os campesiños dos seus respectivos alfoces, aínda que facémonos unha idea cos datos imos aportar sobre o segundo asalto da fortaleza, logo da reedificación feita polos Mariño de Lobeira. Despois da Santa Irmandade o lugar e os restos da fortaleza de Outes foron ocupados por García Martínez de Barbeira que refixo o castelo, co fin de facerlle a guerra a Fonseca e recuperar o control da Ría de Muros e Noia, en alianza coa casa dos Moscoso, para quen traballaba García (desde que fora "ayo" de Lope Sánchez de Moscoso[96]), casado con Sancha Mariño de Lobeira, quen  preiteará anos despois do segundo derrocamento con Fonseca para ver de amortizar o invertido nos "hedifiçios" da fortaleza[97].

           Mentres estes Mariño de Lobeira tentan  facerse coa posición preponderante que, en nalgúns momentos anteriores, tiveron en Muros en Noia, sobre todo nos seus alfoces, directamente ou como feudatarios da Igrexa de Santiago[98]:  una póla pontevedresa comprométese coa causa irmandiña. Lopo Pérez Mariño de Lobeira, irmán de Sancha de Lobeira vén sendo o capitán dos irmandiños de Pontevedra que, en 1469, pasará á memoria xenealóxica familiar  como o "bizarro capitao e defensor estrenno de Pontevedra contra as hostes de Pedro Madruga"[99]. Lopo, como pasaba con outros cabaleiros irmandiños, era un segundón sen posibles, a súa irmá Sancha ficará como herdeira universal da súa nai Elvira de Valladares[100] e do seu pai, Paio Mariño de Lobeira, nada quedara por  "viçioso"[101]. O heroe dos irmandiños de Pontevedra, don Lope Pérez Mariño de Lobeira, non aparece polo regular mencionado nos recentes estudios nobiliarios e históricos sobre os Mariño de Lobeira, ou a nobreza de Pontevedra[102].

           Doutra banda, o seu cuñado García Martínez de Barbeira, feroz inimigo dos cidadáns e campesiños da ría de Muros-Noia, era o recordado –gracias a Vasco de Aponte- capitán maior de Lope Sánchez de Moscoso[103], que pasará de capitán irmandiño na zona de Padrón en 1467[104] a primeiro Conde de Altamira[105], grande competidor do arcebispo Fonseca polo control da Terra de Santiago. Don Lope tiña como estratexia ocupar restos de fortalezas derrubadas, fíxoo con Altamira[106] e Rocha Forte[107], aínda que o caso de Outes é algo distinto, o capitán García esmerouse máis, era o seu proxecto persoal[108], así como parte do seu patrimonio como consorte da herdeira dos Mariño  e Valladares.

           Vexamos como recordan a xente de Noia ó home de Sancha de Lobeira: "Garçia Martinez de Barbeira fiziera de nuevo el castillo de Outes y... tobiera por suio çierto tienpo y por espaçio de diez a quinze años[109]... lo fiziera para de allí robar y aseñorear las villas de Noia y Muros, porque hera el mayor salteador y robador que avia en el Reino de Galicia y que traia siete o ocho de caballo consigo" (Pedro Campixo, mercador de Noia)[110]. Quérese dicir que continuaba viva, sesenta anos despois, a mentalidade popular que inculpaba ós señores das fortalezas de malfeitores, agora reverdecida contra o Conde de Altamira e os seus cabaleiros –o principal dos cales era  o "salteador" emparentado cos Mariño de Lobeira- que tentaban reconstruír algúns dos castelos da Igrexa de Santiago, que o arcebispo Fonseca pactara cos irmandiños deixar como estaban, no chan.

           Á referencia hiperbólica ó reino de Galicia volve a repetirse na declaración do citado noiés, Pedro Lorenzo de Sarnón, cando asegura que, desde a fortaleza de Outes, García "abia echo mal y robos y se aseñoreaba de casi todo el reino en que mandaba todos los basallos del dicho alfoz  [Muros-Noia] ansi los de la tierra del arzobispo de Santiago como los de Suero Gomez [de Soutomaior] y de otros hidalgos del dicho alfoz, salbo los del conde de Altamira porque bebia con el"[111]. Aclárase deste xeito que Outes era del mesmo, e da súa muller, no tocante ó control xurisdicional e o cobro de rendas, se ben desde o punto de vista político-militar García Martínez estaba ó servicio de Altamira, conde Lope Sánchez de Moscoso, que tiña da súa man "el castillo de Outes y el castillo de Jallas", lemos noutro lado, cando a principios de 1477 axuda ó Conde de Benavente a cercar A Coruña tomada por Diego de Andrade[112].

           A satanización dos novos cabaleiros malfeitores que xorden -ou rexorden, segundo os casos- logo dos derrocamentos da Santa Irmandade, afectaba con máis motivo, e literalidade, ás fortalezas que eles volveron a erguer contra a opinión dos veciños: "dize este testigo quel dicho castillo es roto y alto [polo lugar onde estaba] e que es cosa catiba e de muy biejas paredes secas y que nadie no osa bibir en el a mas de veinte años [desde 1507[113]]". Ata aquí una simple descualificación simbólica, estética e funcional, pero de seguido di López de Sarnón: "y tanbien porque anda en el diablo que hespanta las gentes que en el hestan y quieren dormir", do cal a testemuña ten experiencia directa, "porque tanbien a este testigo estando en el una noche se le paro delante una vision grande y espantosa y se asio con este testigo a los braços y fue para echarlo a una escalera abaxo", concluíndo –non sen antes asegurar que outros tamén viron ditos "hespantos"- que "hera y fue mexor dejar caerlo que no corregirlo"[114]. Puido dicilo seguramente máis mais alto –o tribunal arbitral sempre impoñía respecto- pero non mais claro. 

           A mentalidade xusticieira e antifortaleza dos irmandiños que lles levara a derrubar practicamente todas as torres e castelos do Reino por ser "niños de malfeitores", seguía polo tanto activa a principios do século XVI na memoria colectiva, en boa medida tamén por oposición ós nobres que tentaron, na década dos anos 70 do século XV, levantalos de novo   resucitando una resistencia popular que cría, en verdade[115], que nas fortalezas moraba o maligno: os castelos antes fermosos acabaron sendo, no outono da Idade Media, "cousa do demo". O caso de Outes é dobremente paradigmático: 1) a identificación diaño-cabaleiros-fortalezas complementa o esquema milenarista (1468) de Roi Vázquez na Crónica de Santa María de Iría[116]; 2) acredita a base histórica da novelas decimonónicas sobre castelos habitados por pantasmas. A diferencia é que nos séculos XV-XVI as "visións grandes e espantosas" dentro dos castelos tiñan unha función real, político-social, relixiosa e antiseñorial, que pasa a ser ficción –real, doutro xeito- co romanticismo e a literatura gótica[117].

           Tamén nas novelas románticas finalmente os vasalos en revolta toman  ó castelo para vingar os agravios perpetrados polo malvado señor da fortaleza. Outra testemuña do preito Tabera-Fonseca, Martín da Gándara, labrador da parroquia San Giao de Tarás, polo tanto home da vella xurisdicción feudal de Outes, infórmanos do segundo asalto ó castelo a finais dos anos 70[118], despois de ser reconstruído por García Martínez de Barbeira e Sancha Mariño de Lobeira:   "vido que se ayuntaron los conçejos de Noya e Muros e con ellos por capitan Esteban de Junqueras e con trabucos que llebaban e con ellos al pie el dicho señor Patriarca siendo arçobispo de Santiago, los quales todos segun dicho es la tomaron al dicho Garçia Martinez y la entregaron al dicho señor Patriarca"[119]. O mercador Campixo conta máis brevemente o mesmo: "dicho señor Patriarca siendo arçobispo  lo çercara e tobiera en el çercado y lo tomara al dicho Garçia Martinez y lo echara" [120] do castelo de Outes. Tratase dun asedio con catapultas de balas de pedra e a participación das milicias urbanas[121], sen demasiadas diferencias de seguro respecto da primeira insurrección, dez anos atrás, salvo que agora participan no cerco o arcebispo Fonseca e o seu fiel cabaleiro Esteban de Xunqueiras, cuxas fortalezas –incluída Outes- foran botadas abaixo pola mesma tropa en 1467: toda un síntoma da victoria irmandiña e o fracaso da política ultra das reedificacións.         

           O labrador Martín da Gándara declárase impresionado, seis décadas despois, de ter visto de neno  ó mesmísimo arcebispo Fonseca (nomeado Patriarca de Alexandría ó abandonar a Mitra compostelá), "con ellos al pie", armado sen dúbida[122], xunta a xente de Muros, Noia e alfoces no cerco de Outes posterior a 1477. Entrementres a segunda testemuña, Pedro Campixo o mercador de Noia,  salienta o papel de Fonseca -do que se declara servidor-, sen mencionar ó protagonismo da xente, na toma da demoníaca fortaleza; proba da popularidade na ría de Muros-Noia da causa contra a fortaleza malfeitora, que andando os séculos os Mariño de Lobeira exhibirán, paradoxalmente, como proba da antigüidade da súa liñaxe. Ex-irmandiños e arcebispo Fonseca xúntanse en armas contra  os Moscoso e os Mariño de Lobeira porque pactaran en 1469 a non reedificación das fortalezas na Terra de Santiago[123], invertendo as cidades e vasalos alianzas anteriores para opoñerse ó Conde de Altamira e demais cabaleiros que andaban a levantar de novo as fortalezas e usurpar as xurisdiccións feudais á Igrexa, co perigo de agravamento da situación social dos dependentes. Ó cabaleiro Estevo de Xunqueiras ó servicio de Fonseca, derrubaranlle os irmandiños de Santiago e da Póboa do Deán o seu castelo de Xunqueiras[124], que non tentou refacer posteriormente, asumindo como bo fonsecano o pacto de 1469, participando logo activamente na guerra pos-irmandiña contra os cabaleiros rampantes con pretensións reedificadoras. Amosando especial interese en combater ó capitán dos Moscoso, con quen tiña unha virulenta inimizade  persoal.      

           Anos antes, en 1471, comezouse unha grande loita polo control da fortaleza de Altamira, no val da Mahía[125], cóntanos Vasco de Aponte como Estevo de Xunqueiras buscou a "Garçia Martiz asta que le topo, diçiendole: ‘A, traydor, a mis manos as de morir; el diablo te trajo aqui". Respondéndolle García: "O cornudo traidor: no as aca de entrar [nos restos de Altamira] como piensas, que hombres estamos aca dentro que te sabremos tornar y a toda tu compañia’. Con esto, dándose de las espadas muy grandes golpes asta cansar, y todos los de fuera ya cansados asta no poder más, retrajéronse". Ámbolos dous trátanse de traidores, de transgredir a lealdade cabaleiresca; fóra dixo os insultos diverxen: Estevo volve a identificar ó home de Sancha de Lobeira, señora do castelo dos espantos, co "diablo", e García trátao de cornudo e pouco home (nada novo baixo o sol), terminando ambos por dirimir a disputa con espadas, naturalmente "muy grandes" (mandobres), sen se facerse dano por suposto, ofrecendo con todo ó público asistente, defensores e atacantes, un bo espectáculo que terminou en empate. O propio Lopo Sánchez de Moscoso tivo que volver despois "con mucha compañía" para facer por fin unha torre sobre os restos de Altamira[126], o que provocou de seguido a sonada batalla de Altamira do 13 de xuño de 1471, con grandes exércitos -aínda que non tanto como ós da revolta e contrarrevolta irmandiñas-, que tampouco resolveu  moito, pero permitiu a García Martínez e Sancha Mariño de Lobeira o control Outes durante boa parte dos anos 70, ata o  asalto final entre 1477 e 1481[127], e as súas secuelas.              

           Cóntanos o campesiño Martín da Gándara como o teimudo home de dona Sancha, ocupado como estaba en dirixir a tropas de Moscoso contra Fonseca, tivo tempo de recuperar una vez máis o que quedaba da  importante –para el, persoalmente; para os Mariño de Lobeira coma linaxe-  fortaleza roqueira de Outes:  "la tornara a tomar por engaño de un Roy Martinez de San Cristobo que en ella estava, que se la vendiera por quarenta doblas"; as lealdades dos alcaides non eran moi severas en aqueles tempos revoltos. Rematando a testemuña de Tarás: "y despues Bartolome de Bamonde por mandado del dicho señor Patriarca la torno a tomar otra vez al dicho Garçia Martinez y dende quedara sienpre por la dicha Iglesia de Santiago"[128]. O carácter individual da acción, e a pouca entidade militar de este derradeira reviravolta, toda vez que o castelo estaba polo chan, correspóndese cun tempo posterior[129] en que Fonseca procuraba o pacto co Conde de Áltamira, o que afectaba pouco á situación presente de Outes, que desaparece do relato cando se di de García que "con su favor [do Conde de Altamira] sojuzgaba a Muros y a Noya  y al couto de Jallas, asta tanto el arçobispo se concerto con el de le haçer feudo de Cira", onde Don Lopo puxo ó seu fiel García –expulsado de Outes- como alcaide, onde seguiu facendo das súas. Engade Aponte  outras concesións de Fonseca ó primeiro Conde de Altamira: "con mas que le dio la pertiguería –no dire cuanto tiempo-, porque dejase a su mujer Dona Constanza, y ansi se hiço... El arçobispo lo caso despues con Doña Aldonça de Açevedo, su hermana, que fue aquella condesa de Altamira que se enforco en Santiago"[130].         Despois de morto García Martínez[131] a liorta pola fortaleza destruída continuou:  Sancha de Lobeira[132] puxo preito a Fonseca polos reparos que fixera no castelo de Outes –outros din que pola propiedade- sendo o arcebispo Fonseca condenado a pagarlle 1000 dobras de ouro, cousa que fixo; outros din que só lle dera 600 dobras[133], moi lonxe en todo caso das 40 dobras con que García corrompera ó alcaide Roy Martínez, posto de Fonseca despois do segundo asalto. Dona Sancha andaba logo a dicir que gastara moito máis no preito, e que "las abia de dar [as dobras] por Dios"[134]. Tamén ela sabía que o castelo caído era "cosa catiba", cada vez máis anacrónica conforme entramos no século XVI, pero estaba en xogo o honor dos Mariños de Lobeira, por ser o castelo da serra a súa referencia histórica: antes de que remate do novo século serán chamados os "señores da Serra de Outes"[135]. Deixemos por último ó membro da oligarquía de Noia, Pedro Campixo, que nos veu facendo de informador en 1527, cando ninguén vivía no abaixado castelo de Outes, a sentencia da historia: "a este testigo le paresçe questaria mejor a las villas de Noia e Muros el dicho castillo derrocado que no alçado porque no sabe que provecho aya"[136].

Muros, Noia e terras chás pola Santa Irmandade

 

           A insurrección xeral contra as fortalezas na primavera de 1467 ten territorialmente dúas características, segundo os relatos ofrecidos polas testemuñas do preito Tabera-Fonseca: cada xurisdicción derrocaba as súas fortalezas; pero se  axudaban entre si cando era preciso, ben pola resistencia presentada polos cabaleiros (caso Conde de Lemos) ben pola envergadura das fortalezas a derrocar (caso Rocha Forte). Temos noticia da constitución de tres grandes exércitos irmandiños na fase insurreccional da revolta: 1) o que chegou a xuntar 30.000[137] homes armados en Lugo e Terra de Lemos, con axuda de Santiago, que perseguiron a Pedro Álvarez Osorio, Conde de Lemos, ata Ponferrada[138]; 2) as milicias do bispado tudense que mantiveron cercada durante un ano a cidade de Tui (tomada por Álvaro de Soutomaior), coa axuda de Pontevedra[139]; 3) o que se formou con 10-12.000[140] irmandiños preto de Santiago para tomar a invicta Rocha Forte e outras fortalezas próximas, co favor das restantes vilas do arcebispado, mais certa contribución do irmandiños de A Coruña, Betanzos e Portomarín[141].

           As cidades da ría de Noia e Muros,  "e las tierras llanas alrrededor dellas"[142], xúntanse na primavera de 1467 con Santiago de Compostela, cabeza de xurisdicción señorial a cal pertencían vilas e alfoces, segundo ensaiaron sobre todo nos anos 1458-1459. Igual fixeron, cara 1451, Pontevedra e a comarca do  Salnés cando levantan a "irmandade dos portos", actuando xuntos como irmandiños no sur de Galicia 16 anos despois[143].  De maneira que conflúen no exército do centro de Galicia, as forzas irmandiñas das Rías Baixas[144], para tomar e derrubar tanto as fortalezas do arcebispo Fonseca como as da casa dos Moscoso, que precisaron dun forza social e militar que rebordaba as irmandades locais.

           Así e todo, os irmandiños de Compostela, mailos campesiños da súa comarca, aprópianse e derrocan pola súa conta a torre e os pazos arcebispais da cidade, así como outras torres e castelos da Igrexa de Santiago e dos cabaleiros da zona[145]. Temos para nós que as xentes das vilas e terras de Muros e Noia fixeron o mesmo coas fortalezas da súa propia Ría, empezando por Outes, cuxa toma e demolición non debeu precisar auxilio externo, a diferencia de Xallas[146] que si aparece no itinerario xeral do exército centro-occidental: "podra aber sesenta años poco mas o menos tienpo que vido llebantar en hermandad la çiudad de Santiago y villas de Noia y de Muros y toda la RiaAroça y todas las tierras de su comarca alderredor (...) e con mucha gente tomaran las fortalezas" de Rocha Forte, Rocha Branca e Xallas, do arcebispo, ademais de Altamira e Vimianzo do  (futuro) Conde de Altamira, máis Rianxo de Sueiro Gómez de Soutomaior...

           O informante deste itinerario irmandiño na Terra de Santiago é ben coñecido por nós: Pedro Campixo, mercador de Noia, que tiña 10 anos en 1467[147]. Outra testemuña, Pedro Díaz de Luaces, escudeiro e rexedor do concello de Noia, engade a Pontevedra e Padrón ó listado de Campixo[148], insistindo en que "bio que andaban juntos"[149]. Non deixa de ser curioso que as testemuñas de Noia estean entre as que máis insisten no carácter extra local da insurrección xeral contra as fortalezas, mentres que as testemuñas compostelás falan moito máis do ámbito comarcal do levantamento.

           Estaba claro para todos, favorables e contrarios, que a rebelión da Santa Irmandade fóra contra os "señores, prelados y caballeros de dicho Regno"[150], derrocando fortalezas tanto dos señores laicos como eclesiásticos, grandes e medianos cabaleiros e ata pequenos fidalgos, incluíndo as torres e castelos dos dirixentes militares irmandiños e as súas familias[151]. A dimensión de clase do levantamento irmandiño ten máis que ver coa unicidade social provocadas polo adversario principal, a clase señorial representada pola oligarquía nobiliaria, e seu sistema de poder fortificado, que coa súa composición interclasista, aínda que maioritariamente popular. Neste sentido a revolta de 1467 supón na Terra de Santiago, e en todo o reino de Galicia, unha paréntese evidente na práctica[152] tan común como necesaria na ría de Muros-Noia, e no conxunto do arcebispado, de se apoiar no señor arcebispo contra os cabaleiros da zona, e viceversa. Estratexia alternativa segundo a conxuntura que resucitará, despois de 1469, ata que de 1480 en diante poderán usar en non poucas ocasións o novo poder público, xudicial e militar, contra os señores, cabaleiros e prelados do Reino de Galicia.

           A tendencia das testemuñas noiesas a "diluírse" na irmandade da Terra de Santiago dirixida desde Compostela, ten un efecto secundario: minguar unha información local e comarcal más detallada sobre a revolta anti-fortaleza de 1467, en contraposición coas loitas da década dos anos 70, que  aparecen máis no preito Tabera-Fonseca por mor da reedificación, toma, retoma e segundo derrocamento do castelo de Outes,  no contexto do enfrontamento posirmandiño entre Fonseca e o Conde de Altamira polo control da maior xurisdicción de Galicia, o señorío de Santiago. Así e todo, Pedro Campixo, proporciónanos, ademais das citadas novas sobre o papel de Muros, Noia e alfoces no levantamento irmandiño na Terra de Santiago, que non é pouca cousa,  tres valiosas referencias máis sobre o factor detonante da revolta na ría, os símbolos do novo poder irmandiño e a resistencia ás pretensións reedificadoras dalgúns cabaleiros unha vez pasado o temporal da Santa Irmandade. En tódolos casos, trátase duns testemuños que transcenden ó local, de interese xeral[153], útiles para un coñecemento máis profundo da revolución  social que marcou a entrada de Galicia na modernidade.

           Como ben sabemos a mentalidade xusticieira dos irmandiños desátese, nunha situación previa de desorde feudal e inseguridade xeral[154],  a partir de certos agravios detonantes. O que se gardou na memoria colectiva durante décadas en Noia foi o soado secuestro[155] de Afonso García: "antes que se llebantase la dicha hermandad andaba la gente en el Reino a quien mas podia mas hacia e no osaban las gentes andar polos caminos seguros  y questonçes dize el dicho testigo que un Afonso Garçia, vezino de Noia lo prendieran y tobieran preso en la casa fuerte donde lo soltaran hasta que lo rescataran"[156]. A relación inmediata que establece o informante entre camiños inseguros e secuestro de persoas –xeralmente con algúns medios económicos-, lévanos a inferir como máis probable que "a casa forte"  onde tiveron preso a este membro probable da oligarquía urbana foi o castelo de Outes construído nun pico de rocha, antes dos irmandiños,  para "robar y aseñorear las villas de Noia y Muros", conforme no lo di máis adiante[157] esta mesma testemuña. Pedro Campixo conta como deixaran ceibe ó tal Afonso logo de ceder este e pagar o prezo (rescate) convido, engadindo: "que al dicho tienpo quel testigo bio andar  la dicha hermandad por las dichas fortalezas que dicho tiene dize este dicho testigo que se dezia por publico e notorio entre los de la dicha gente que [lo que]  hazian que hera por el bien y paz del dicho Reino de Galizia e en nonbre e por mandado del rey don Enrique, que hestonçes reynaba"[158].

           Sendo neno, dixemos máis enriba como o noso mercador quedou abraiado polo que veu a partir de 1467, escoitou e logo transmitiu boca a boca ata chegar á cultura escrita[159]. A súa declaración é, desde logo, a máis ilustrativa sobre o paso da grande revolta polas terras de Noia e Muros[160] tamén porque Pedro Campixo foi a única testemuña ocular directa (di ter 70 anos en 1527), en cambio Pedro López de Sarnón e Pedro Díaz de Luaces, polos anos que confesan ter no tempo do preito T-F (60, 62 anos), e o que din nas súas declaracións, é claro que son  testemuñas soamente auriculares, aínda que próximas ós feitos, posto que nacen máis ou menos no tempo da insurrección[161].  

           O que nos marabilla hoxe é a capacidade de Campixo, xunto con outras testemuñas do preito Tabera-Fonseca da élite urbana e campesiña[162], para vincular a realidade contigua, local, cun acontecemento cuxo ámbito histórico decisivo é o Reino de Galicia[163]. A mentalidade de revolta desta testemuña fonsecana establece unha relación causal, racionalmente articulada, entre a inseguridade xeral e o exemplo local (Afonso García), as fortalezas malfeitoras e o exemplo comarcal (Outes), a insurrección e  os derrocamentos na Terra de Santiago co benestar e a paz no Reino de Galicia, en nome do Rei lexítimo naturalmente, elevando o seu relato desde dende o secuestro de Afonso García ata o reino irmandiño de Galicia.

Varas, demos e mouros

 

           Un chisco antes Pedro Campixo narra como "nonbraban alcaldes e cadrilleros, los quales traian baras de justiçia pintadas con saetas e que unos la llamaban Sanctan Hermandad y otros le dezian la Fuzquenlla y que los dichos alcaldes y cadrilleros y otros diputados que tenian, regian y mandaban las gentes de las dichas tierras y fazian justiçian de los ladrones y malfechores que los justiçiaban  a la saeta"[164]. Todo ben coñecido por outras declaracións verbais do preito T-F, menos o símbolo da vara que representaba o poder civil  das máximas autoridades irmandiñas, ós alcaldes,  polo regular plebeos, ós que se subordinaba na teoría e na práctica o poder militar dos capitáns fidalgos. A función principal dos alcaldes (locais, comarcais, provinciais e xerais de todo o Reino) era exercer a xustiza[165], base principal do poder na Idade Media, o que lles levará a ostentar a dirección das milicias cando se trata de derrubar fortalezas ("Las grandes justicias acallan las pequeñas justicias"[166]). Varas medievais de xustiza que equivalen ós bastóns de mando dos alcaldes posteriores e actuais, entre outras autoridades, eximidos desde hai séculos das funcións xudicial, policial e militar, asumidas modernamente polos poderes do Estado.

           Na propia declaración desta testemuña explicase que o bastón de mando dos alcaldes cunha seta pintada significaba ó xeito de axustizar ós malfeitores por parte das irmandades na Coroa de Castela: atándoo a un árbore e disparándolle frechas de bésta (cast. ‘ballesta’), igual que nas representacións do martirio de San Sebastián. O feito de que este  informante estea a falar do conxunto exército irmandiño centro–occidental, unha das unidades militares máis importantes, confire unha representación xeral a este símbolo da revolta irmandiña, polo demais ben parca en iconografía.

           As respostas de Campixo ó cuestionario elaborado polos representantes de Fonseca (arcebispo de Toledo no tempo das probas orais),  así mesmo favorables á vella xesta irmandiña, proporciónanos, en terceiro lugar, outra curiosa revelación sobre a negativa rotunda dos vasalos a unha  hipotética demanda económica señorial polos danos causados, no cadro dunha resistencia xeneralizada ós intentos de reedificación das torres e dos castelos botados abaixo en 1467: "que si las dichas fortalezas que fueron derrocadas fueran pedirlas y los daños y derrocamiento dellas a la personas de la dicha hermandad que a todo su paresçer y creer le paresçe que nos se lo pagaran no tobieran por donde pagar tanto daño quanto fizieran y que se alborotaran y se sopieran dar al diablo y se tornaran antes moros"[167]. Unha triple invocación, xa que logo, á unha nova revolta social (alborotarse) e á unha inédita e sorprendente revolta relixiosa: abandonar o cristianismo, facerse do diaño e converterse ó islamismo. Todo coa finalidade de ensinar os dentes á reacción señorial pos-1469 e reivindicar a xusteza e a victoria de revolución irmandiña de 1467 cuxo resultado máis visible foi, xustamente, a caída das fortalezas.

           A ameaza dunha nova insurrección dos vasalos no caso de ser obrigados a pagar os danos e/ou reconstruíren as fortalezas é abondo común  nas declaracións das probanzas, especialmente se falan os da Terra de Santiago, onde se pactara –e cumpriran todos, menos a Casa de Altamira- a non reedificación. Xogaba en favor deles unha estendida da enormidade do dano producido ós señores, imposible de pagar na práctica: o sistema de fortalezas feudais do Reino de  Galicia, destruído de xeito irreversible nos longos meses da primavera e verán de 1467, tardara séculos en erguerse; se ben acelerouse a súa expansión –finalmente abusiva- no derradeiro tercio do século XIV e na primeira metade do século XV, da man da nova e violenta nobreza trastamarista.  A orixinalidade das palabras desafiantes de Pedro Campixo, onde se deixa ver que é inimigo de Outes,  reside en dicir que antes de pagar polas fortalezas derrocadas  "se sopieran dar al diablo".

           É a terceira vez que o diaño aparece nesta historia dos irmandiños de Noia-Muros: identificando a (I) García Martínez de Barbeira, cabeza militar tanto dos Mariño de Lobeira como da nova Casa de Altamira,  malquerido reconstructor do endemoñado (II) castelo de  Outes, ata se transformar para os noieses pro-irmandiños na  representación social da (III) maldade  suprema, que eles estaban dispostos a sufrir nas súas carnes antes de ceder ás imaxinarias represións señoriais. Os datos de Noia permítenos, desta maneira, incluír ó Diaño na beira mala da mentalidade bipartita imperante en Galicia na segunda metade do século XV, pobo-xustiza / señores-fortalezas[168], de forma que se Deus e El-Rei estaban no polo positivo, ¿por qué non habería de estar o Demo no polo negativo, cos cabaleiros ruíns e os seus castelos? Demoñización da clase señorial e as súas fortalezas que tivo máis éxito, todo hai que dicilo, que o empeño dos contrarios populares de sinalar a revolta dos irmandiños co feo apelativo de "irmandade fusquenlla"[169], suxerindo a súa identificación co reino maligno da escuridade. A diferencia está que os contrarios o fan de xeito implícito, ás escondidas, mentres que as maioritarias testemuñas favorables cualifican de forma aberta ás fortalezas, os seus propietarios e servidores, do peor que se podía ser, na mentalidade da época: cousas e xente do demo.  Non había  arroutada máis escandalosa e altiva na mentalidade medieval que saírse da Igrexa pola vía da traizón. Comparado co Diabo, en singular, dicir "antes mouros", en plural, semella un pecado venial, político, que non afecta en tanto grao á salvación das almas con irse con Satán, o Inimigo de Deus, máis aínda se consideramos a convivencia tradicional e pacífica na Galicia medieval entre das tres relixións do Libro[170].  

           Tan terreal viña sendo a consigna popular de "antes moros..." como renegar da revolta irmandiña, accedendo a pagar polas fortalezas tan xusta e santamente derrubadas, que engade -a nosa testemuña preferida- para convencer ós xuíces arbitrais un argumento político-económico-social do tempo dos Reis Católicos, que foi cando os señores falaron de indemnizacións e reconstruccións: "antes moros e que aunque se lo pidieran por justiçia cree lo mismo, porque al dicho tienpo el rey les pedia para la guerra de Granada de çinco onbres uno y tenian arto que hazer en pagarlo e susubirlo"[171]. A guerra de Granada (1482-1492) ten moito que ver coa formación dun Estado moderno, servindo para iniciar a construcción  dun exército "nacional" e dunha facenda  pública[172]. De modo que, como queda ben claro na declaración do mercador Campixo, as cidades[173] apoian ó novo Estado na medida en que este contribúe[174] a desprazar para sempre á cabalería feudal do poder político no Reino de Galicia, o que pasaba por dar por bos os derrocamentos masivos das súas fortalezas, aprobados formalmente por Enrique IV o 6 de xullo de 1467[175], loitando desde o novo poder público contra os intentos antipopulares[176] de reedificacións de castelos e mailas tentativas –puramente retóricas- de esixir indemnizacións polos enormes prexuízos feitos ó patrimonio nobiliario.

Os cobres de 1469

 

           A raíz da autorización papal para desmembrar xurisdiccións señoriais do patrimonio arcebispal, Felipe II vende a un banqueiro xenovés, Baltasar Lomelín, a vila de Noia en 1586[177], iniciándose daquela un preito pola elección de alcaldes[178], entre los veciños (encabezados, nesta ocasión, pola oligarquía local) e o flamante novo señor, que foi gañado polos noieses, seguíndose[179] aplicando o sistema medieval dos "cobres", que consistía en propoñer por parte do Concello seis ou doce nomes[180] a fin de que o señor arcebispo decidise dous deles como alcaldes.  O interese para nós deste preito tardío reside en que, pola banda dos veciños[181], preséntanse traslados (copias) de documentos medievais de cobrados de Noia, anteriores e posteriores á revolta irmandiña, tanto emitidos polo concello (propostas)  como polo arcebispo (elección final), estando un deles datado curiosamente nos derradeiros mesos do autogoberno irmandiño 1467-1469.

           Xunto coas propostas de 12 nomes por parte do concello para os anos 1460, 1465 e 1480, veñen no citado preito copias dos nomeamentos de alcaldes do arcebispo de Santiago para os anos 1469 e 1483[182]. A prisión a comezos de 1465 de Fonseca na propia Noia, nas mans de Bernal Yáñez de Moscoso, e a súa expulsión posterior do arcebispado por mor da rebelión conxunta de cidadáns e cabaleiros, ampliada logo a toda Galicia ata a primavera de 1469 pola revolta irmandiña, fai que nos sorprenda de entrada que, o 26 de xaneiro de 1469, ó exiliado Fonseca lle dera o concello irmandiño de Noia a posibilidade de "elixir" entre os tradicionais nomes "cobrados" dous alcaides para ese ano nas persoas de Fernando de Lema e Juan Martínez, quen por outra banda nada teñen que ver coas poderosas familias locais que, antes e despois da Santa Irmandade, controlaban os cobrados de Noia. O maior peso político do pobo miúdo na política municipal, en detrimento as veces da oligarquía mercantil e fidalga, explica que, en plena revolta irmandiña, cambien os nomes dos alcaldes, o raro é que "consulten" ós "señores que foron" a designación das autoridades locais.

           Polo demais o "nomeamento" de alcaldes de 1469 segue o formulario establecido, aínda cunha particularidade estraña: está asinado directamente por Fonseca en Salamanca[183] na compaña dun simple escribán: "Por mandado de su señoria, Joan de Cajada, su scrivano". O "normal" sería que o fixera o secretario arcebispal[184], ou que asinase o provisor do arcebispo, como nos  nomeamentos de 1483[185]. O caso é que o provisor de Fonseca, cóengo Juan García de Gomara, fóra desposuído xa das súas atribucións no eido temporal  sobre toda clase de beneficios, cando Fonseca, expulsado do arcebispado, instálase o 28 de marzo de 1467 en Redondela[186]. Días despois, o 16 de marzo, o cabido acordara destinar  4.000  pares de brancas para a "arca da yrmandade" recentemente formada, e o 30 de marzo, xuntase en pleno (33 capitulares) para convir gardar os segredos do cabido e ampararse mutuamente; o 23 de setembro deste ano da grande revolta, 1467, o cabido pide ó cóengo Vasco Martiz "os capitulos da hirmandade" que tiña en depósito; o 20 de maio do segundo ano irmandiño, 1468, o cabido insta ó concello para que apurase ós  veciños que lles debían cartos, a fin de tomar do recadado 1.500 pares de brancas "para serbicio, probeyto et menester da santa hermandade"[187].

           Hai que salientar que o cabido non elixe un novo arcebispo nin un novo provisor en Compostela, a diferencia do que se fixo en Ourense: o  cabido nomea novo bispo, cando morre o anterior, sendo máis o menos autorizado por Fonseca, agora desde Monçao (Portugal), por mor da autoridade metropolitana de Santiago sobre os outros bispados galegos, o 31 de agosto de 1468, nunha mostra máis da sutileza na política baixomedieval[188]. O cabido irmandiño de Santiago vai cubrindo o baleiro institucional  eclesiástico que deixa o arcebispo desterrado conservando a ficción formal do seu cargo, sen falar tan sequera de  "sé vacante" (o arcebispo estaba vivo), entrementres a Santa Irmandade ocupa, en toda a Terra de Santiago, co apoio do cabido, a xurisdicción temporal da Mitra compostelá. Nese contexto, non parece factible que o nomeamento dos alcaldes de Noia de 1469 puidese ser subscrito polo deán do cabido como cando dáse unha situación de "sé vacante[189], non proclamada polo cabido, nin antes ni despois de 1467, a pesar de estar na práctica a cidade e terra de Santiago sen arcebispo nin provisor[190]. Os cabidos de Santiago e Ourense, sabían perfectamente, con todo, que o exiliado Fonseca daba unha de cal e outra de area, o concello de Noia, tamén.

           En Noia, Compostela e Galicia tiñan ben claro que "vivían sen señor"[191], tendo que volver o político Fonseca, tres meses despois do "estraño" documento de 1469, cun exército para tentar recuperar Santiago, Pontevedra, Noia e demais vilas e lugares do arcebispado, o que soamente logrará despois de pactar cos irmandiños, facendo importantes concesións, a fin de poder el mesmo,  coa axuda interesada dos vasalos recuperados, enfrontarse ós Moscoso e outros cabaleiros que lle querían roubar a Terra de Santiago.  

           A explicación do paradoxal "nomeamento" de alcaldes irmandiños de Noia de finais de xaneiro de 1469 por parte de Fonseca, ten que ver coa toma de posicións, duns e doutros, cara a Galicia posirmandiña. O documento asinando por Fonseca, en Salamanca, non é moi distinto doutros cobrados e títulos de alcaldes do mesmo concello, como se pode ver nas copias de 1586[192]. A audaz iniciativa noiesa[193] de solicitar, sen necesidade, a autorización "señorial" para nomear alcaldes, é como veremos unha mostra máis de sutileza da burguesía medieval que gustaba moito de "obedecer pero non cumprir", enviando ó arcebispo desterrado, cuxa xurisdicción eles estaban cansos de negar, a "carta de los cobrados, cerrada y sellada en cada un año estays en costumbre de nos [escribe Cajada en nome de Fonseca] enviar  por primero dia de enero... para que nos fagamos dos de ellos alcaldes"[194]. Non hai rastro de que tal cousa se fixera na Terra de Santiago[195] nos anos 1466, 1467 e 1468; tal vez o concello de Noia presentiu que seria oportuno facelo en 1469.

           O documento de 1469 proba que, ó final da revolta pero en pleno poder irmandiño, existían certos contactos entre o concello de Noia e o arcebispo fuxido a Castela. Noia e Muros participaran no levantamento armado contra o arcebispo Rodrigo de Luna[196], morto o 1 de xullo de 1460[197], pero non tiveran unha especial conflictividade co seu sucesor Fonseca (1464-1506). Non consta que os cidadáns participasen[198], en 1465, na prisión de Fonseca en Noia, durante dous anos[199], perpetrada por Bernal Yáñez de Moscoso. Incluso cando, en decembro de 1466[200], dise nas capitulacións de rendición da Catedral por parte dos fonsecanos, unha vez morto Bernal, onde se acorda que Fonseca debería ser posto en liberdade e marchar fóra do reino de Galicia, que os concellos de Pontevedra, Noia e Muros, estarían obrigados a "non ayudar al dicho sennor arçobispo contra los dichos caballeros, çibdad e cabildo"[201]. Predisposición que non existiu no caso do arcebispo precedente que provocara a irmandade tripartita de 1458-1459.

           Nos cobres de 1460 non se recoñecía para nada o papel de Rodrigo de Luna[202], os noieses nomean ós dous alcaldes por si  mesmos[203], xa que a acta municipal de 1 de xaneiro, logo de facer constar os seis nomes directos, e outros seis polas familias dos cobrados, dise:  "Figeron por alcaldes a Alonso de Paz [polos Guillelmes] a Juan Doseyra [polos Louro]... [que] ficeron juramento"[204]. O sobriño de Alvaro de Luna estaba naquel entón, 1458-1460, sendo combatido  pola alianza da irmandade Santiago-Noia-Muros cos cabaleiros e o cabido da Igrexa de Compostela, que apoiarán, logo da estraña morte de don Rodrigo  a mediados de 1460, o nomeamento como novo arcebispo do cóengo Luis Osorio, fillo do Conde de Trastámara, Pedro Álvarez Osorio, e irmán de Pedro Osorio, capitán irmandiño por esas terras sete anos despois.

           Henrique IV, que auxiliou sen resultados a Rodrigo de Luna, conseguiu do Papa  que non fixera caso á demanda do Cabido compostelán, en favor de Luis Osorio[205], e designara como novo arcebispo de Santiago ó Deán de Sevilla, Alonso de Fonseca, que unha vez máis ou menos consolidada a Mitra compostelá pásalla, en 1464, o seu sobriño co mesmo nome, que non gozará dela, verdadeiramente, ata moito despois da revolta irmandiña. A comezos de 1461, estando xa en Galicia o vello Fonseca de Sevilla coa intención de tomar Santiago[206], escríbelle Henrique IV ó Conde de Trastámara, pai do fugaz arcebispo dos composteláns: "dis que desis que Nuestro Muy Santo Padre ha provehido de la dicha Iglesia e Arçobispado a Don Luis Osorio[207], vuestro fijo, sabiendo vos todo lo contrario, de la qual yo de vos he avido mucho enojo e sentimiento e soy de vos mucho maravillado"[208].

           Ademais da posición favorable de El-Rei[209], a diferencia máis clara entre a insurrección irmandiña de 1467 e a acción da irmandade das tres cidades creada en 1458, é a subordinación desta irmandade precursora á loita de bandos nobiliarios: pronto puideron comprobar os plebeos que se trataba de quitar uns para poñer outros. O 6 de maio de 1458 o rei Henrique oponse a que os cabaleiros que –co sostén do concello- cambiaran as xustizas e demais representantes da autoridade arcebispal en Santiago, repetindo o mesmo o 22 de decembro, dirixíndose agora ó cabido[210]. Nada se di do concello que, con toda probabilidade, administrábase a partir de 1458 pola súa propia conta, como vimos no caso de Noia cara 1460. Asemade os aliados señoriais dos concellos, tanto cabaleiros como cóengos, ó controlar  xurisdiccións e nomear un novo arcebispo, procuran a continuidade señorial. O  12 de xullo de 1460, doce días despois da morte do arcebispo lexítimo –segundo pensaban a monarquía e o papado-, Henrique IV escríbelle especificamente a Muros, Noia, Pontevedra, Vigo, Redondela e Melide para  que non acudan coas rendas arcebispais ó Conde de Trastámara[211] por moito que o ordene o cabido catedralicio[212]. Dubidamos que as vilas pagaran nada a ninguén, pola propia desarticulación de administración arcebispal, cando menos nas cidades, e porque a estas alturas os vasalos debían de estar xa sobradamente previdos sobre o sentido final do conflicto con Rodrigo de Luna iniciado polos cabaleiros feudatarios dous anos antes.

           O protagonismo das cidades e vilas  perde peso conforme adianta a rebelión cabaleiresca contra o arcebispo compostelán. O punto de inflexión é, con certeza, a tregua do 3 de setembro de 1459, acordada na porta de Mazarelos, onde se estipula, entre outras cousas, que o novo alcaide da Rocha Forte non constrinxirá "por leña nin paja ni serventia nin por otra cosa alguna" ós veciños de Santiago, Noia e Muros ("nin de sus caseros et labradores"), nin por suposto ós vasalos dos cabaleiros rebeldes, "quedandole a salvo [o novo alcaide] de se aprovechar de los labradores e caseros del dicho señor arçobispo por la manera que quisiere"[213].  Verificamos logo a transcendencia da cuestión das rendas señoriais tamén nos conflictos internobiliarios. Na alianza interclasista urbano-cabaleiresca contra Rodrigo de Luna, os campesiños da Terra de Santiago non participan de forma autónoma, senón como servidores dos señores e cidadáns en rebeldía. Outra lección que as terras e cidades do arcebispado  aprenderon cara a revolta xeral de 1467 de todos os vasalos contra todos os señores. Axudou tamén acreditar a futilidade como aliados dos cabaleiros da Terra de Santiago, que, encabezados por Bernal Yáñez de Moscoso (picado polo protagonismo do Conde de Trastámara na coalición[214]) cambiaron de bando en 1460 para seguir a Rodrigo de Luna, que volverá de Salamanca para combater ó Conde, ó seu fillo arcebispo "impostor" e ós aliados urbanos de Santiago, Muros e Noia. Estando na Rocha Branca de Padrón preparando ó asalto de Santiago, morre estrañamente o 1 de xullo de 1460, como xa dixemos[215], Rodrigo de Luna, desfacéndose a nova confederación nobiliaria de Moscosos, Lemos, Soutomaior, Ulloa e Andrade[216], co malogrado don Rodrigo, que volverá a formarse en 1469 –especialmente cara a batalla de Balmalige, cerca de Santiago- para enfrontar os irmandiños, entre cuxos dirixentes militares estaba o outro fillo do primeiro Conde de Trastámara, Pedro Osorio, agora sen ínfulas arcebispais en Santiago. Todos aprenderon[217] e  a grande revolta de 1467 opta por non  substituír ó arcebispo Fonseca expulsado, abóndalles con que fique  igual que os cabaleiros: sen fortalezas, terras e vasalos. O que soamente será posible cando a revolta se radicaliza[218] e abrangue todo o Reino de Galicia, unha experiencia máis aprendida dos (relativos) fracasos parciais nas terras de Andrade (1431), nas Rías Baixas (1451) ou na terra de Santiago (1458-1459).

           Con todo este bagaxe compréndese que o concelleiros de Noia tiveran  abondo intelixencia e instinto para saberen orientarse, nos derradeiros meses da grande revolta que solucionou de raíz, durante un tempo  longo pero finito, os graves problemas das liberdades urbanas, das fortalezas e dos cabaleiros malfeitores, da falla de xustiza, paz e seguridade, dos excesos de rendas feudais que abafaban a vida económica e cotiá  dos pobos, portos e cidades do Reino de Galicia.

           Dentro desta excepcional e  prolongada circunstancia de "vivir sen señores" cunha sorte de autogoberno urbano-popular ó redor das primeiras "Juntas Generales del Regno de Galicia"[219],  ¿que perspectiva de futuro podía ter esta revolución social, mental e política en pleno século XV? ¿Unha especie de "república irmandiña" ó estilo das cidades-estado do norte de Italia, que lograron independizarse dos seus bispos xa no século XII e viviron á marxe da feudalidade dominante gracias a unha conexión extraordinaria co comercio internacional? Dificilmente, estamos falando dunha Galicia  irmandiña ruralizada e previamente feudalizada en extremo, que reivindica unha e outra vez na revolta de 1467 a súa identidade diferenciada como "Reino" –así consta no nome da Santa Irmandade e da propia Xunta de goberno irmandiño[220]- e cuxas milicias asaltan as fortalezas ó berro de "Viva El-Rei", maxinando o monarca de Castela e León. Os revolucionarios irmandiños eran pro-monárquicos, pero dun xeito ben diferente -incluso contrario- do que iso significará moito despois, na época do absolutismo ou da Restauración, representándose a El-Rei cunha dimensión xusticieira, popular e antiseñorial, que excedía en cantidade  e calidade as virtudes, accións e circunstancias do rei don Henrique[221].

           Os irmandiños souberon ben nadar e gardar a roupa na súa relación co Rei lexítimo[222], o cal favoreceu que unha "subversión" que durara dous  anos[223], mérito tamén sinalado -hai que recoñecelo- da dirección urbana do levantamento[224] que en ningún sitio combinou mellor, que na Terra de Santiago, a resistencia armada ó "retorno dos falcóns" coa negociación co señor  para ver de volver á obediencia xurisdiccional. O que se iniciou modestamente en Noia cos cobres indebidos de xaneiro de 1469, interrompeuse –como seguramente tiñan previsto- por mor da batalla de  Balmalige, prolongada no fracasado asedio da cidade de Santiago por parte das tropas de Fonseca[225]. O acordo de Fonseca cos irmandiños de Compostela, estendeuse logo á todo o arcebispado de Santiago, nas Rías Baixas contra Pedro Madruga[226] e  nas Rías Altas (Pontedeume, A Coruña)[227] contra os Andrade e a confederación nobiliaria de Carboeiro (1471)[228]. Entrementres, na banda oriental de Galicia as novas alianzas  pos-1469, foron en Ourense e Allariz co Conde de Lemos contra o Conde de Benavente[229]. Ámbolos dous, Fonseca e Lemos, os maiores señores de Galicia, un pola banda eclesiástica, outro pola banda laica, protagonizan esta novas alianzas político-militares dos irmandiños, que nun contexto defensivo tiveron que volver do novo ó aproveitamento das divisións internas dos señores. Novas converxencias que perduraron ata 1472,  implicaron puntualmente a Henrique IV, por exemplo no sostén e defensa de Viveiro, encomendada polo Rei a Pedro Osorio e Diego de Lemos, en xaneiro de 1470, contra Pardo de Cela[230]. De todos os xeitos, en ningún outro lugar de Galicia resolveuse tan rápido[231], tan ben –para os  vasalos retornados- a restauración señorial como no arcebispado de Santiago, o maior señorío feudal do Reino, o que resultou decisivo -xunto coa orientación anti-represiva anunciada publicamente polo Conde de Lemos a Pardo de Cela- o final dos irmandiños non fóra unha "grande desfeita" como logo dixo Vasco de Aponte, criado dos Andrade e admirador de Pedro Madruga[232], e repetiu despois a historiografía tradicional.   

           Subliñemos a precocidade do concello de Noia, mesmo na Terra de Santiago, que, nun xesto puramente formal[233] e na práctica innecesario[234],  manda curándose en saúde a carta dos cobres a Salamanca, catro meses antes da derradeira Xunta irmandiña de Galicia en Ourense, de matiz conservador[235]. Decisión táctica impensable en Santiago de Compostela, onde a conflictividade con Fonseca sempre fora mais acusada e personalizada. Xa dixemos que non temos noticias de que -en 1467- se atacara a fortaleza e os pazo arcebispal do Tapal, mentres que os composteláns si asaltan e derrocan a torre da praza e os pazos arcebispais, dentro das murallas urbanas que por contra respectaron. O Tapal de Noia, coa súa praza interior amurallada, forma parte do sistema defensivo da vila (obra sobre todo dun arcebispo compostelán, Don Berenguel, polo demais), permanece no tempo irmandiño sen función administrativa, xudicial ou fiscal de orde señorial. Aínda que probablemente criados de Fonseca continuaron residindo na vila, o que puido facilitar vías de contacto con Salamanca. Nos tempos previos, Muros e Noia, tampouco amosan a mesma hostilidade contra Fonseca que os composteláns, como se demostra nas capitulacións de decembro de 1466[236] que fan referencia preventiva a que Noia e Muros non se poñan da parte do arcebispo Fonseca, que acepta o seu desterro de Galicia a cambio de manter a súa condición de arcebispo e señor da Terra de Santiago. Capitulacións pactadas por Fonseca cos cabaleiros, o cabido e a cidade de Santiago, que saltou en anacos coa insurrección popular de abril de 1467, salvo na formalidade eclesiástica de continuar sendo Fonseca arcebispo de Santiago, que o concello de Noia aproveita para resucitar, en xaneiro de  1469, a consulta paradoxal e preventiva dos cobres como lle correspondería si fose realmente o señor da vila...

           A orientación antiseñorial dos irmandiños tiña, como é sabido, carácter xenérico, de clase, non facía distingos individuais e anulou no concreto as xurisdiccións dos señores feudais, incluídos bispos e abades[237],  pero non afectou á xurisdicción espiritual[238] dos prelados, que seguiron de bispos, vivindo na súa maioría nas súas dioceses, se ben coas atribucións limitadas polos cabidos, que chegaban a quitar e poñer bispos[239], e por unha Santa Irmandade revolucionaria que neutralizara o que máis tiña de feudal o seu poder temporal[240]. Con todo, a grande anomalía da Igrexa galega[241] en 1467 foi  Fonseca, que levaba desde 1464 tentando, sen logralo, ser algo máis que o arcebispo confirmado de Santiago.

           O futuro Patriarca de Alexandría herdou unha confrontación total da Mitra compostelá cos seus feudatarios e vasalos, iniciada en 1458 polos cabaleiros  contra Rodrigo de Luna, e continuada polas tres cidades en irmandade,  sufrindo máis que o seu infortunado antecesor a rebelión dos rampantes Moscoso, agora cun apoio máis maioritario do cabido catedralicio[242], interesado en facer fracasar ás pretensións de Fonseca de ocupar sobre o terreo o lugar do seu tío, o Fonseca "que se foi a Sevilla"[243]. Bernal Iáñez de Moscoso prende en 1465 a Fonseca en Noia, cuxo concello e veciños no aparecen nos relatos deste feito[244], que "et o tevo preso dous anos, pouco mais"[245], fóra de Noia (que non debía ser segura para o Moscoso), na fortaleza de Vimianzo e noutros lugares.  Prendido Fonseca, Bernal asedia en xullo de 1466 durante cinco meses a Catedral, ocupada polos fonsecanos, onde morre dun tiro de besta Don Bernal. Resultado finalmente como sabemos unha tregua[246], entre ambos bandos señoriais, pola cal se impón o desterro do arcebispo Fonseca de Galicia, para o cal é liberado da cadea, non podendo volver a Santiago ata que o decidan os catro cabaleiros rebeldes mailo concello de Santiago[247]. O 28 de marzo de 1467, en vésperas da fase insurreccional, Fonseca consta aínda en Redondela, que era do bispado de Tui[248], sen decidirse a marchar de Galicia, como se acordara nas capitulacións entre os seus representantes e a coalición dos cabaleiros coa a cidade e o cabido de Santiago, soamente se decidirá cando estala ó levantamento contra as fortalezas.

           Dous anos despois, a estratexia dos concellos da terra de Santiago -e probablemente doutras instancias irmandiñas-  asume un inevitable carácter defensivo desde o momento que empezan a chegar novas dos preparativos militares coordinados[249] dos señores exiliados en Castela (Fonseca e Pimentel), León (Conde de Lemos) e Portugal (Pedro Madruga). Á vista dos feitos posteriores, dita estratexia semella responder a dúas ideas forza: 1) Opoñerse  polas armas (primeiro, no campo aberto; despois, nas cidades fortificadas[250]) a calquera restauración señorial violenta, polo que podía supoñer de represión, vinganzas, pago de indemnizacións e reconstrucción forzada de fortalezas, agravamento da presión feudal e incremento dos secuestros, roubos e violacións que deran lugar ó levantamento en 1467. 2) Negociar alternativamente, se a conxuntura o fixera viable, as mellores condicións para unha volta ó curral  señorial, moi disputado entre os novos e os vellos señores, aproveitándose os irmandiños de cada vila ou xurisdicción da anarquía nobiliaria, que eles, e todos, sabían de antemán retornaría ó Reino de Galicia unha vez desbaratada a paz irmandiña.

           Igual que o ruído das lanzas chegou con probabilidade en xaneiro do 69 á ría de Muros-Noia, arribou de seguro a boa disposición do arcebispo no exilio para chegar ser un benéfico señor. O singular envío do sobre lacrado dos cobres a Salamanca sería, desde xeito, unha resposta simbólica do concello de Noia a unha predisposición favorable, así como unha maneira de contrarrestar os sempre temidos preparativos de guerra. Fonseca tería tamén, a tenor dos feitos posteriores, un plan A (violento) e un plan B (pacífico) para asentarse dunha vez en Compostela, cinco anos despois do seu nomeamento, dous deles nos calabozos de Moscoso. O plan B debía estar xa que logo maduro por ambas partes[251] -polo visto, capaces de pensar con dúas ideas á vez na cabeza- para que se levará á practica nun prazo tan breve: no mes de xullo[252] de 1469 Fonseca estaba xa dentro do  Santiago amurallado, desde onde tentará, xunto cos seus novos aliados, a recuperación armada da Terra de Santiago, en grande parte nas mans dos cabaleiros. Logo da victoria confederal de Balmalige,  Fonseca ficou en solitario no cerco de Santiago, mentres que os  Soutomaior, Moscoso, Andrade, Ulloa, etc., dedicáronse a recobrar "quanto tenian perdido y les tenia tomado los villanos revelados"[253], incluídas a xurisdiccións da Igrexa de Santiago, que gozaran noutrora en feudo, o que sempre se prestou á ambigüidade. O coñecemento desta situación na Compostela cercada, ante  todo no campamento de Fonseca pero tamén na cidade, tivo que madurar as condicións para o pacto de 1469: obrigando as circunstancias a que Fonseca –quen fora ferido neste asedio polos irmandiños composteláns- aceptará a non reconstrucción das fortalezas derrubadas[254] como a única forma de recobrar un señorío arcebispal que xa non era como o exerceran os seus predecesores: sen castelos opresores nin cabalería feudal, a Terra de Santiago devén, no terceiro tercio do século XV, nunha relación social un chisco[255] máis próxima do Antigo Réxime que do feudalismo medieval.  

           Os feitos da acelerada primavera de 1469 terminan por convencer as vilas e terras irmandiñas da Igrexa de Santiago de que o errante arcebispo Alonso de Fonseca viña era un mal menor fronte a opción dos seus antigos aliados, Moscoso e demais cabaleiros feudatarios (que a xente coñecía moito mellor que ó exiliado Fonseca), cuxas fortalezas foran así mesmo destruídas pola furia irmandiña, o que fixera difícil, doutra banda, calquera intento[256] de recompoñer de forma estable as alianzas urbano-cabaleirescas anteriores á Galicia irmandiña. A condición eclesiástica de  Fonseca[257] puido incitar a esperanza nun acordo positivo para os ex-vasalos, o que pasaba por impedir antes a toma polas armas de Santiago de Compostela, eixe da Terra de Santiago e centro político -e militar- do reino de Galicia[258].

           A longa e acusada tradición de revolta dos burgueses e artesáns de  Santiago, iniciada no século XII, contra a Mitra arcebispal contribúe á entender o porque da unidade de acción irmandiña das cidades e vilas do arcebispado  ó redor de Compostela. Malia a súa relación comparativamente menos conflictiva coa Igrexa compostelá, Noia e Muros seguiron a Santiago coas súas milicias contra os señores arcebispos tanto en 1458 como en 1467, nada farían por conseguinte contra o que decidise Compostela na momento final da grande revolución, agardaron pois de maneira leal pero activa[259] o que se acordase en Santiago nos planos militar e político. A cidade de Pontevedra, que tiña una tradición de revolta de seu ("revolta dos portos" de 1451), está menos afeita a seguir sen máis o que pasase en Compostela, como se viu en 1458, acollendo ó arcebispo Luna expulsado da capital e retardando un ano o ingreso dos pontevedreses na irmandade de Santiago, Muros e Noia. Non obstante, Pontevedra apoiou claramente, en 1469, que a decisión de seguir loitando e/ou pactar se tomase finalmente na capital da arquidiocese[260]: "cercara [Fonseca, nalgún momento despois de Balmalige] la villa de Pontevedra y los de la dicha villa le respondieron que se fuese a Santiago que hera cabeça e que si alli le obedeçiesen que asi arian ellos"[261]. Vasco de Aponte conta, desde o seu punto de vista pro-señorial, como  despois do pacto de Fonseca con Santiago pasou que "obedeçiéndole esta çiudad todas las otras villas y tierras de su estado le obedeçieron"[262]. Meritoria unidade de acción e lealdade na revolta, sempre difícil na fase descendente das revolucións, e máis aínda habendo terceiros en xogo que gustarían influír nas propias vilas e cidades, o que lograrán máis tarde de xeito temporal nas vilas do arcebispado, pero non en Santiago.

           A rápida negociación final entre irmandiños e Fonseca deulle a razón, en consecuencia, ós madrugadores alcaldes e rexedores de Noia que, sen poder saber se tal cousa valería no futuro para algo, recoñeceron a autoridade simbólica dun exiliado Fonseca cando ninguén o quería na Terra de Santiago como señor temporal. O acordo das cidades con Fonseca no verán de 1469 estivo activo na ría, ata 1476, contra o bando dos Moscoso que, como ben receaban previamente os concellos e o propio arcebispo, lograra o control indirecto das urbes e directo do rural reconstruíndo o castelo de Outes. Reimplantado Fonseca en 1476 no poder xurisdiccional, proseguiran os veciños de Noia e Muros a acostumada relación conflictiva entre señores e vasalos como estudiaremos de seguido, mantendo a Mitra fonsecana, eso si, o pacto de 1469 no tocante á satánica fortaleza de Outes nas mans usurpadoras dos Mariño de Lobeira[263], aliados de Lope Sánchez de Moscoso, ata que os veciños e Fonseca, en persoa, logran tomalo e derribalo definitivamente entre os anos 1477 e 1481[264].

           Logo de instalado no cargo en 1476, e superada a ocupación de Noia e Muros polo Conde de Altamira, en alianza co bando nobiliario de Diego de Muros, a elección dos alcaldes volve a ser conflictiva –como veremos despois- con Fonseca aínda que parece regularizarse nos anos 1480-1483. En 1480 retornan as seis familias propietarias dos cobres de antes da revolta irmandiña. En 1483, ó titulo é emitido -agora si- polo "provisor ofiçial" do "reberendisimo señor don Alfonsso de Fonseca pola miseracion dibina arcebispo del dicho arzobispado: fago saver a vos el conçejo...";  cunha pompa de magnificiencia no estilo da que estaba exento o austero título dos tempos irmandiños que empezaba así: "Nos, el arzobispo de Santiago, facemos saber a vos el conçejo...", rematando cunha sinatura contundente[265]: "Arzebispus conpostellay"[266]. Distínguense tamén pola data, 6 de xaneiro para 1483 e 26 de xaneiro para 1469, respectivamente; no segundo caso, os concelleiros tiveron de seguro que pensalo, tal vez consultalo, Salamanca ficaba polo demais naquel tempo lonxe de Noia. As datas das xuntanzas do concello non varían en todos os cobres conservados: o 1 de xaneiro de cada ano. Vese que os concellos conservaban o ritual, independentemente da situación social, política e militar de cada momento, que tan ben sabían manexar.   

           O señorío de Fonseca sobre Santiago e a súa terra, mercé a alianza de comenencia cos populares ex-irmandiños durou ata finais dos anos 70, segue con todo a ser precario no anos 80 pola presión, historicamente inédita, da outra parte da pinza que aperta ós señores feudais nas portas de modernidade, o novo Estado monárquico[267], que da novos pulos ó autonomismo das vilas e dos vasalos. En 1480, fúndase a Audiencia de Galicia e o gobernador plenipotenciario dos Reis Católicos, Fernando de Acuña, esixe o control directo das fortalezas do arcebispo, especialmente en Santiago[268], fóra das cidade moitas delas seguían a ser centro simbólico e administrativo de xurisdiccións, independentemente do seu estado físico. Fonseca resístese de entrada a deixarlle ós novos representantes  públicos o que tanto lle custara gañar. Fernando de Acuña chamou de seguido ós cabaleiros, vellos inimigos do noso arcebispo, para cercar -unha vez máis- a cidade de Santiago, pero todo ficou en ameaza: Fonseca cedeu[269] e negociou axiña co novo poder[270] a fin de salvar o que puidera do seu. A raíña Isabel dirixe, en 1482, unha carta ó gobernador Acuña onde queda claro que os restos das fortalezas compostelás (entre elas o derruído castelo de Outes) coas súas xurisdiccións, seguirían nas mans de Fonseca, menos a Catedral e  a Torre da Praza[271] que –dicía a Raíña- "don Fernando, tenedes por mi mandado"[272]. Antes diso, os Reis Católicos ordenan a Fonseca ir onda eles e noméano (25 febreiro de 1481) Presidente do Consello Real das SS. MM. o que lle obriga a vivir na Corte[273], o que aproveitan os concellos para se rexer pola súa propia autoridade[274], e todos os vasalos para cuestionar rendas e xurisdicción, coa axuda interesada das novas autoridades que representaban agora de xeito directo e permanente a El-Rei en Galicia.

           En 1490, lemos nunha sentencia[275] da Audiencia de Galicia que o concello de Santiago levaba varios anos -desde 1484- mandándolle os cobres a Fonseca, quen se viña negando ano tras ano a proceder á elección dos alcaldes[276], argumentando que a administración da xustiza en Compostela  correspondía ó seu alcalde maior no arcebispado –novo cargo que viña a substituír ó vello pertegueiro maior dos cabaleiros- non ó concello.  Unha vez presuntamente consolidado Fonseca quebranta a tradicional autonomía das cidades da Terra de Santiago. O concello de Santiago, ó igual seguramente que as restantes urbes compostelás, funciona certamente neses anos de forma autónoma, sen chegar á situación irmandiña, pero –como Noia en 1469- viríalle ben certa lexitimidade, polo que, ante a oposición do arcebispo, solicita e obtén da Audiencia a confirmación formal dos cobrados. Non é de estrañar que ó fronte desta querela gañada contra o vello Fonseca  ante o tribunal superior de Galicia estean Juan Domínguez de Liñares e Juan Vinagre[277], cambiadores e rexedores do concello que foran os dirixentes máis importantes da revolta irmandiña en Compostela, negociadores seguros do grande e beneficioso acordo entre a cidade cercada e Fonseca en 1469. A Santa Irmandade seguíalle gañándo batallas ó arcebispo guerreiro vinte e tres anos despois[278].

           O último dos títulos vellos de alcaldes que o concello de Noia presenta no preito de 1586 ante o novo señor[279], o xenovés Baltasar de Lomelín[280], é de 1483, despois diso as vilas da ría de Muros-Noia –que xa cuestionan a relación con Fonseca en 1476- teñen o mesmo problema que Santiago. Despois de  1484,  Fonseca denega pois a autonomía das cidades arcebispais, parte principal dos "usos e costumes" que xurara respectar ó facerse cargo en 1469 do señorío de Santiago, o que favorece de rebote una nova fase nos anos 80 de autogoberno urbano[281]. Conforme desaparece da escena política de Galicia a cabalería feudal, Fonseca ten que afrontar unha nova alianza –que recorda a dos irmandiños con Henrique IV- dos seus vasalos coa agresiva autoridade monárquica do momento, sufrindo outra derrota, máis doce que as anteriores, en forma de exilio cortesán[282]. O 17 de marzo de 1493 os Reis Católicos emprazan de novo a Fonseca para que "salga dese Reyno y venga a nos"[283], como xa amagara Acuña en 1480 e lograran os Reis por un tempo -en 1481- nomeándoo Presidente do Consello Real[284]. O 15 de xullo de 1494 a Chancelería de Valladolid confirma definitivamente a sentencia de 1490 da Audiencia de Galicia, contra a que apelara Fonseca argumentando que non era competencia da Audiencia entremeterse, pois só "él  era el señor de  Santiago", de forma que as restantes xustizas habían de subordinarse a súa autoridade suprema[285].  Fonseca non aceptaba, en suma, a autoridade dos Reis en Santiago e a súa terra, e mesmo pasou con outros cabaleiros e grandes señores de Galicia, a partida foi finalmente gañada polo Estado, resultando favorecidas en diversa forma e medida a burguesía, a fidalguía e as clases populares. Pero volvamos de novo atrás para ver, con máis detalle, como se chegou ata esta situación de illamento de Fonseca na Galicia dos Reis Católicos,  a pesar do seu papel decisivo á cabeza do partido de Castela e Aragón na guerra de sucesión penisular1476-1479.

Noia e Muros despois da revolta

 

           Dous décadas antes de perder o noso arcebispo, fronte ós rexedores que foran claves na Santa Irmandade de 1467, os preitos sobre o control da xustiza en Compostela, Fonseca e as cidades do seu señorío necesitábanse mutuamente para sobrevivir á anovada agresividade cabaleiresca pos-irmandiña. Os Moscoso, facendo realidade a premonición dos concelleiros noieses a comezos de 1469,  mandan na ría de Noia e Muros[286] durante os anos 1474-1476[287], por intermedio do bispo de Tui, Diego de Muros[288], e os seus familiares  Guillelmes e Prego[289], fidalgos e rexedores de influencia no concello de Noia, minguada certamente no tempo irmandiño, segundo vimos nos cobres de 1469, onde desaparece o incombustible Vasco Guillelmes[290] da lista de alcaldes renomeados por Fonseca desde Salamanca. A demanda do concello irmandiño que, logo de dous anos de revolución, teimaba  que -de ter volver á vasalaxe- tal vez fora mellor aceptar ó arcebispo Fonseca, con quen non tiveran problemas particulares (tampouco chegara a gobernar), antes que aturar ós terribles Moscoso. Ós que non obstante terá que adaptarse o concello máis tarde,  restaurando a súa composición tradicional, cando o Conde de Altamira hexemoniza a ría de Muros-Noia, desde a fortaleza de Outes e deixando facer ó bando local noiés dos familiares do bispo tudense, orixinario da vila de Muros, onde a súa familia está así mesmo moi presente.   

           Nos primeiros anos da década dos anos 70 a batalla entre Fonseca -cos seus concellos urbanos aliados- e os cabaleiros que foran seus feudatarios terá con todo por obxecto predilecto as xurisdiccións rurais, dito doutro xeito: o control dos restos das fortalezas –máis ou menos fornecidas- que viñan servindo como "cabeza de merindade" e  referencia do poder señorial en cada zona. Cando morre en 1474 Henrique IV, rexio protector dos concellos irmandiños, non tanto de Fonseca[291], empeza unha guerra civil, entre Afonso V de Portugal e Isabel a Católica pola Coroa de Castela,  que os cabaleiros aproveitan axiña para, con maior atrevemento se cabe, procurar dominar as cidades e vilas da Terra de Santiago. Emporiso Fonseca consigue do Papa, en 1475, censuras eclesiásticas contra Lope Sánchez de Moscoso, Sueiro Gómez de Soutomaior e Pedro Madruga que tiñan –acusa- usurpadas as cidades de Pontevedra e Padrón, Noia e  Muros (estas da maneira antedita, en alianza coa nobreza urbana) e outras vilas da Igrexa de Santiago[292], salvo Compostela de sempre indomable.

           Este novo xiro[293] político de Fonseca tomando partido, antes que ninguén, polos Reis Católicos[294] contra Pedro Madruga e o bando portugués, obriga ós cabaleiros da Terra de Santiago ir cedendo, de 1476 en diante, as vilas ocupadas ó arcebispo[295]. Non será fácil, pola dubidosa lealdade dos cabaleiros de Santiago ó partido isabelino liderado xustamente en Galicia polo seu grande inimigo Fonseca. Os Reis Católicos esixen, por exemplo, en abril de 1476 a Lopo Sánchez de Moscoso que restitúa a vila de Padrón, que controlaba directamente[296], a Fonseca.  Ante a súa teimosía reiteran, o 15 de decembro de 1476, o mandado real por partida dobre, enviando sendas cartas ó Conde de Monterrei, aliado de Fonseca na causa da raíña Isabel, e doutra banda ó corrixidor Arias del Río, tanto no relativo a Padrón como a Muros, Noia e outras vilas[297]. As vilas da ría de Muros-Noia levaban xa medio ano retornadas teoricamente ó señorío de Fonseca, pero non era así na práctica, mantíñanse en situación de rebeldía -cando menos en Noia- por causa das dereituras  feudais, co apoio interesado agora dos familiares de Diego de Muros. As habilidades políticas dos cidadáns, tanto plebeos como fidalgos, para aproveitarse de cada conxuntura non estaban desde logo por debaixo das exhibidas por Fonseca e algún outro nobre laico, incluían ante todo a capacidade de axustar o conflicto coa concertación, as armas coas negociacións, así como apoiar "desde embaixo" os grupos de poder local conforme interesaba en cada intre.

           Mentres os Muros, Guillelmes e Prego aseguran nas urbes –polo menos entre 1474 e 1476-  a política dos Moscoso, os Mariño de Lobeira,  desprazados das urbes, facían o mesmo –durante máis tempo[298]- nas terras que había entre as dúas beiras da ría furtando e reconstruíndo, para tal fin, a fortaleza de Outes[299]. Este castelo roqueiro foi o derradeiro símbolo de poder feudal na ría de Muros-Noia; houbo que resolver definitivamente este problema á maneira irmandiña, una década despois da grande revolta, co arcebispo de Santiago entre os asaltantes, como farán de seguido  Acuña e Chinchilla coas 46 fortalezas "novamente feitas" polos señores na Galicia pos-irmandiña, segundo o relato de Fernando de Pulgar na súa crónica dos Reis Católicos[300]. A retomada conflictividade social entre un Fonseca reinstalado no poder en Galicia, cara 1476, coa axuda de Isabel e Fernando, e os seus vasalos urbanos e rurais na Terra de Santiago, non afecta ó pacto histórico de 1469 de non reedificar as fortalezas derrubadas polos irmandiños, todo o contrario, incluso se botan abaixo as reconstruídas[301]. 

           Dúas cartas reais do 21 de xuño e 2 de xullo de 1476[302] dan conta do conflicto antes citado entre os veciños de Noia e Fonseca, no preciso momento en que tenta recobrar ó señorío da vila con sostén dos Reis, que supón a sinal de partida de unha nova fase de conflictividade na Terra de Santiago. O desacordo xiraba ó redor de catro cuestións relacionadas: nomeamento de alcaldes, rendas da mesa arcebispal, xurisdicción civil e criminal e o control da torre que –dicía o concello- "era del Reverendo in Christo Obispo de Tuy... la edifico en su suelo e los que en ella estaba estan por el e que nombraban al dicho Obispo por señor de la dicha torre"[303]. Ó fronte da protesta están, como é natural, Vasco Guillelmes e Gonzalo Prego, que reivindican –xunto coa torre do seu xefe Diego de Muros- o vello sistema de cobrados que privilexiaba as familias fidalgas, prerrogativa que de acordo cos datos que temos non funcionou durante a revolta niveladora de 1467-69; unha das razóns polas que Fonseca ratificou   desde o exilio os derradeiros cobres irmandiños, que deixaban fóra do poder ademais xustamente a Vasco Guillelmes[304]. Restauración do sistema pre-irmandiño de cobrados que estivo de seguro activo, baixo a protección dos Moscoso, entre 1474 y 1476. En 1476, Fonseca podía ter en consecuencia a impresión de seguir enfrontado cos aliados locais dos Moscoso, agora con certo apoio popular. Porque a diferencia respecto de 1469 é que, ante un novo relevo de señor, o común semella preferir ós familiares de Diego de Muros, fidalgos e rexedores do concello, antes que un Fonseca que viña moi crecido en poder[305]. Oligarcas locais que non dubidan en poñerse á cabeza das tradicionais reivindicacións das vilas de Noia e Muros, sobre a base de aceptar cando menos formalmente o señorío de Fonseca, coa subseguinte ruptura ou distanciamento do Conde de Altamira[306]. Así e todo, o 15 de decembro de 1476, xunto con Padrón e outras vilas mariñeiras ata Finisterre, seguían  fóra do control do prelado compostelán, segundo lamentan novas cartas reais[307].

           O problema foi xeral en todo o arcebispado. O sector máis conservador do concello de Noia soubo aproveitar ben a previsible confrontación xeral dos vasalos cun Alonso de Fonseca que, por unhas o por outras, seguía sen estrearse dun xeito completo en Compostela como señor feudal: a Igrexa de Santiago non puidera estabilizar o seu señorío en terras e cidades dende que mataran a Rodrigo de Luna en 1460. A situación non era moi distinta no ámbito rural, en 1478, Noia seguiu outra volta a Santiago, sustentando ámbolos dous concellos urbanos a negativa dos campesiños a pagar ó arcebispo –tampouco ó cabido- unha serie de  dereitos señoriais en especie (pan, viño, galiñas, carneiros, becerros e carretas de leña), descualificados como "ymposisiones nuevas"[308]. Unha sorte de continuación da alianza urbano-labrega que estivera na base do triunfo da revolución de 1467, onde é lóxico atopar á sempre rebelde Compostela, pero tal vez menos a Noia, en solitario, sen a compaña doutras vilas arcebispais, o que se explica tamén –todo hai que dicilo- polo desprazamento en 1476 das alianzas de conxunto da fidalguía local de Noia cara o pobo miúdo.

           En resumo, a nove anos do fin do poder irmandiño, a restauración do réxime feudal estaba por se completar na Terra de Santiago, tanto no campo como na cidade, por mor da precariedade xeral do poder señorial, nun contexto de dobre guerra internobiliaria: guerra feudal de todos contra todos polo control das xurisdiccións; guerra política como consecuencia do desprazamento do escenario da guerra civil á Galicia, o que sucedía cada vez que Portugal se implica na contenda pola Coroa de Castela. A mobilización militar permanente de cabaleiros e prelados, na década dos anos 70[309], levou a que os señores se interesaran máis polo vasalo-soldado que polo vasalo-productor e as súas familias, víctimas predilectas das violencias interseñoriais[310]. Unha parte[311] dos vasalos de Fonseca participará como peóns ou dacabalo nas súas guerras contra os cabaleiros (a partir dos acordos de 1469, seguindo o exemplo de Alonso de Lanzós[312]), o que lles dará lexitimidade para se rebelar cando o arcebispo guerreiro pretende  administrar a paz conquistada no seu favor restaurando, cando non incrementando, as rendas e dereitos feudais da Igrexa de Santiago. Poida que os veciños de Noia contribuíran ós esforzos militares de Fonseca contra Pedro Madruga en defensa da causa dos Reis Católicos[313], pero é menos probable que participaran activamente nas guerras Fonseca-Moscoso, nin sequera cando estaban na órbita do primeiro Conde de Altamira, cuxo dominio nestas vilas foi máis político que militar, en contraposición coa a súa presencia en Outes por medio do seu capitán infernal.

           Neste xogo de diverxencias e converxencias que seguiron á Santa Irmandade, ¿que foi dos Mariños de Lobeira?  Nos tempos anteriores  á revolta irmandiña -e máis aínda nos posteriores[314]- perderan, segundo estudiamos máis enriba, a súa influencia urbana na ría de Noia e Muros, en favor dos Guillelmes e  Prego, pola banda do sur, e de Diego de Muros, pola banda do norte. Os intereses señoriais da casa fundada, a principios do século XIV, por Roi Soga Mariño de Lobeira[315] están,  a mediados do  século XV, no extenso alfoz de Muros, incluído o couto de Xallas[316], pero tamén en Lousame e noutros lugares do Mosteiro de Toxosoutos, preto de Noia. De aí que precisaran do castelo de Outes para refeudalizar tan grande espacio rural, sen respectar por descontado o señorío formal dos vasalos[317], controlando o tránsito dun cabo ó outro da Ría e o camiño costeiro que ía cara Fisterra e as Rías Altas. O castelo de Outes é fundamental, por tanto, para someter rexión costeira máis occidental da Igrexa de Santiago (e antigo señorío de Pedro Froilaz, Conde de Traba[318]) que tanto interesaba á estratexia global dos Moscoso, e desde logo a Fonseca. É por iso que os Mariño de Lobeira tiñan unha implicación máis directa e militar co señor de Altamira que a fidalguía emparentada con don Diego en Noia e Muros, que finalmente propicia, xunto cos veciños, o segundo derrocamento do castelo de Outes, logo de 1477, rota por tanto a súa alianza cos Moscoso[319]. Malamente os ocupantes da fortaleza de Outes podían, como fixeron os familiares do bispo de Tui nas vilas, afacerse sen máis á nova situación política pro-fonsecana.

           A solución final do problema de Outes so pode ser militar: concellos, veciños e Fonseca, asaltan e derriban o castelo ó mesmo tempo –segundo vimos- que, entre 1476 e 1478, cidadáns, por un lado, e campesiños polos outros, lle negan os tributos feudais a Fonseca. O arcebispo e os seus vasalos, máis ou menos recuperados, están xuntos contra un feudalismo de fortaleza, cabalería  e malfeitorías, pero discrepaban sobre os dereitos feudais que había que restablecer logo de anos abondo de "non pagar"[320]. Dereitos que entran en todo o reino de Galicia nunha fase de conflictividade social e revisión legal, a partir da instauración da Audiencia de Galicia en 1480, que durará máis de tres décadas. Unha Terra de Santiago sen castelos nin guerras, baixo o goberno efectivo dunha Igrexa de formación feudal, non era suficiente nin para ás cidades, nin para os campesiños, nin para unha nova monarquía  máis interesada nos seus propios tributos, xustizas e forza militar, que no mantemento dos vellos privilexios señoriais.  

           Entre 1495 e 1514 a Audiencia de Galicia emite tamén provisións favorables os campesiños do alfoz de Muros contra Sancha de Lobeira prohibindo o cobro das loitosas (dura obriga feudal), limitando en xeral os tributos xurisdiccionais de todo tipo, como o dereito a cobrar unha renda en diñeiro polo gando que pacese no couto de Xallas[321]. Este derradeiro tributo, chamado  dos "curros", estivo vivo na Audiencia desde 1495 a  1554, sendo a reivindicación principal dos gandeiros –co apoio da Audiencia- pagar soamente catro brancas por cabeza e non medio real como pretenderán, durante medio século, os descendentes de Sancha Mariño de Lobeira[322]. Sen o castelo de Outes, cunha autoridade xudicial que depende dos Reis e impón unha nova xustiza pública por riba da xustiza privada dos señores, os Mariños terán que afacerse á modernidade, o que sempre será máis doado para a pequena nobreza de onde sairá a fidalguía intermediaria, que para a as grandes casas derrotadas, primeiro en 1467 e logo en 1480, e logo absorbidas pola alta nobreza española, cambiando os seus descendentes a guerra feudal polas  terras e os vasalos polo servicio militar, administrativo e político ó novo Estado.

           Xustamente no intre en que Fonseca parecía que podía exercer, cara 1476, como señor de Santiago, os Reis Católicos, nos que tanto procura se apoiar o noso arcebispo, empezaban a dar os primeiros pasos dunha fonda transición social e institucional coa creación dunha nova "hermandad"[323], controlada agora politicamente, pero tamén utilizada nos comezos para asaltar e  derrubar fortalezas e facer fronte á resistencia nobiliaria[324], baixo a dirección agora da nova monarquía unificada.  Orientación anti-fortaleza e anti-señorial especialmente aplicada, convocando milicias populares, por Acuña e Chinchilla entre 1480 (chegada a Galicia) e 1483 (decapitación de Pardo de Cela). Xerando unha contradicción de intereses entre o novo poder público e os grandes señores de Galicia que os campesiños, artesáns e burgueses obrigados outrora a volver ó rego, poñendo fin ó experimento irmandiño, souberon aproveitar moi ben para reestructurar –e modernizar- ó seu favor las relacións cos señores, rebaixando ou anulando as rendas e dereitos feudais, para o cal con frecuencia negaban a maior, ou sexa, o dereito do señor á vasalaxe, recordándolle ó que ficaba do poder feudal os feitos do ano 1467[325].

           As tensións entre alcaldes maiores e o arcebispo de Santiago pola xurisdicción na Terra de Santiago[326] recrúanse en 1493, nos derradeiros anos do arcebispado de Fonseca, que alcanza os primeiros anos (1509-1514) do arcebispado do seu fillo, activando coma sempre a conflictividade social entre a Mitra e os seus vasalos urbanos e rurais, aínda viva no tempo do preito Tavera-Fonseca. Os arcebispos e outros señores eclesiásticos tiñan por costume, utilizando a súa función pastoral como unha ferramenta máis da loita social, acudir as censuras eclesiásticas  para dobregar os vasalos rebeldes. En 1496, o concello de Noia denuncia ó xuíz da vila nomeado por Fonseca por agravios,  a Audiencia apoia a vila e depón ó oficial arcebispal, Fonseca lanza un entredito (prohibición de misas, sacramentos, enterros..., na igrexas da vila) e o Consello Real esixe que ó prelado o levante por ser unha "gran inhumanidad"[327]. En 1505, Muros e Noia, con outras vilas e lugares, néganse a pagar ás alcabalas –tributo como sabemos que gravaba ó comercio- ó arcebispo de Santiago[328]. En 1508, o concello de Muros négase a pagar, por causa da mala colleita de 1507, o tributo anual ó cabido compostelán, que preme con outro entredito que a Coroa obriga unha vez máis a levantar[329]. O que non é óbice, para que, en 1511, sostivera Muros a Fonseca-fillo contra os Moscoso, lealdade o que lles supuxo como escribimos ó principio a construcción dunha nova muralla[330]. En 1517, Diego de Muros, futuro bispo de Oviedo (e sobriño de Diego de Muros, bispo de Tui), acadara confirmación papal do título de Colexiata para a igrexa rectoral de Muros[331]: "y los vezinos quedaron libres de pagar los diesmos"[332] á Igrexa de Santiago. Oito meses despois dos interrogatorios das probanzas do preito Tabera-Fonseca na ría de Muros-Noia ás testemuñas populares Pedro Lorenzo, Pedro Campixo e Martín Gándara (que tan ben nos serviron para saber dos irmandiños de Noia, Muros e Outes, dos seus antagonistas, aliados e sucesores), a Audiencia de Galicia[333] esixe sesenta anos despois da grande revolta coñecer que títulos ten o arcebispo de Santiago  -nese momento, 1527, Juan  Tabera- para demandar rendas xurisdiccionais en diñeiro ós veciños de Noia e Muros, flexibles pero sempre rebeldes, mirando polo seu: a experiencia irmandiña non caeu en saco roto.



* Versión escrita e moi ampliada da conferencia dictada,  o 21 de marzo de 2007, no cadro da V Semana da Historia de Noia, organizada polo Concello de Noia.

[1] Xerardo AGRAFOXO, 400 anos na historia da vila de Noia. Dende a Idade Moderna ata a Segunda República, Noia, 1991, p. 13-19.

[2] Tumbo B de la Catedral de Santiago, María T. GONZÁLEZ (edit.), Santiago, 2004, p. 157.

[3] ídem, pp. 388-390.

[4]  "Se trasladó a su villa de Noya para descansar y celebrar el primer concilio que tuvo con sus clérigos", onde desposeu dos seus "feudos y beneficios" a canto cabaleiro e clérigo estaba da banda de Afonso Súarez de Deza e a cidade de Santiago, Hechos de Don Berenguel de Landoria, Manuel C. DÍAZ, José GARCÍA ORO (edits.), Santiago, 1983, pp. 107, 137.

[5] Tumbo B de la Catedral Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 61.

[6] Máis información sobre a muralla medieval de Noia en Pedro GARCÍA VIDAL, A Noia da memoria. Pasado e presente dun casco histórico: evolución urbana, Noia, 1991, pp. 45-55.

[7] Un antecesor co mesmo nome e apelidos, escudeiro, formaba parte da oligarquía local a mediados do século XV, José GARCÍA ORO, Galicia en los siglos XIV y XV, tomo II, 1987, p. 276.de Santiago, p. 158.

[8] Las fortalezas de la Mitra composte­lana y los " irmandiños", Ángel RODRÍGUEZ (edit.), Pontevedra, 1984, p. 567.

[9] Dicía Manuel Murguía  que "hasta hace poco se conservaban las puertas que cerraban la plaza del Tapal y la entrada de la calle del puente...", Manuel MURGUÍA, España.  Sus monumentos y artes, sus costum­bres e historia.  Galicia,  Barcelona, 1888,  pp. 631-632.

[10] Vasco de APONTE, Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia, Santiago, 1986, pp. 101-102; este II Roi Soga considérase  o fundador dos Mariño de Lobeira, foi Pertigueiro Maior da Igrexa de Santiago co arcebispo Berenguel de Landoira (Hechos de Don Berenguel de Landoria, p. 155), morre axustizado no segundo tercio do século XIV, sendo substituído no poder local polos Deza Churruchao  que fan uno novo pazo preto do Tapal de Noia (queda hoxe en pé unha parede cunha ventá gótica),  José CRESPO POZO, Blasones y linajes de Galicia, tomo III, Bilbao, 1983. pp. 266-267; sobre a morte de Roi Soga,  véxase Manuel MURGUÍA, op. cit., pp. 629-631.

[11] Antonio LÓPEZ FERREIRO, Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, Vol. VI [1903], Santiago, 1983, pp. 181-182. Antonio LÓPEZ FERREIRO, Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, Vol. VIII [1904], Santiago, 1983

[12] Rui VÁZQUEZ, Crónica de Santa María de Iria (Códice gallego del siglo XV), Jesús CARRO (edit.), Santiago, 1951, p. 45.

[13] "Casa grande de aposiento donde se aposientaban los arçobispos cuando a la dicha villa iban", disponía de "camaras e sobrados y salas", dinos outra testemuña, Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 78.

[14] Nos anos 80 do século XV o Tapal serve de almacén de sal do arçobispado, implicado no comercio portuario, Mercedes VÁZQUEZ, La hacienda arzobispal compostelana. Los libros de recaudación (1481-83 y 1486-91), Santiago, 2002, p. 228.

[15] Polo mesmo tempo habitaba na fortaleza de Noia, Juan Frontino, criado e axente xudicial de Fonseca, Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 78.

[16] As noticias que temos dos alcaides do Tapal, que facían de xuíces de Noia polo arcebispo son do ano 1450 (Alvaro Afonso) e logo dos anos 80 (Joan  Sánchez), Antonio LÓPEZ FERREIRO, Rodrigo de Luna. Estudio histórico, Santiago, 1884, p. 11; Las fortalezas de la Mitra composte­lana, pp. 293, 313.

[17] Boletín de la Real Academia Gallega, tomo II, p. 223.

[18] Véxase a nota 9

[19] Santiago ABELLA, La Villa de Noya : su historia, su topografía, sus monumentos y sus hombres ilustres, Buenos Aires, 1911, p. 10.

[20] Véxase a nota  287.

[21] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 567.

[22] Ramón ARTAZA,  Muros. Páginas de la historia, A Coruña, 1950, p. 135.

[23] Non sempre será estas vilas estarán do lado do seu señor, antes e despois de 1511, Muros e Noia manteñen un conflicto case permanente cos arcebispos polas rendas, como veremos ó final deste traballo, o que non quer dicir que non sosteñan outras veces ós señores arcebispos contra terceiros, a casa de Moscoso xeralmente.

[24] Galicia en los siglos XIV y XV, II, p. 197

[25] Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VI,  p. 22.

[26]  Galicia en los siglos XIV y XV, II, pp. 186-187, 194, 197.

[27] María de los Ángeles NOVOA, Las gentes de Muros en sus primeros documentos, Santiago, 2000.

[28] ídem, pp. 86, 98.

[29] Muros. Páginas de la historia,  pp. 106-108.

[30] Santa María do Campo pasa a ser a Colexiata de Santa María en 1504; hoxe é a igrexa parroquial de San Pedro de Muros.

[31] Muros. Páginas de la historia, p. 106.

[32] Sobre a existencia de "dúas murallas" apostou tamén  Manuel FABEIRO, Páxinas históricas de Muros, Noia, 1997, pp. 66, 161.

[33] Aparece de seguido na lista de rendas e xurisdiccións do arcebispo Juan Fernández de Limia (1331-1338) como "Torre de la villa de Muros" entre a Igrexa-fortaleza de Santiago e o castelo de Xallas, Marta GONZÁLEZ VÁZQUEZ, El arzobispo de Santiago: una instancia de poder en la Edad Media (1150-1400), A Coruña, 1996, Apéndice IV, fol. 5v; nas ordenanzas de 1406 vén citada como "torres de la dicha villa", que Artaza sitúa no barrio do Carme, onde –escribe en 1950- hai vestixios dun muro, Muros. Páginas de la historia pp. 58-59.   

[34] En 1286, Sancho IV otorga o Fuero de Benavente á Póboa de Muro co fin de que "se pueble meior el logar"; en 1299, Fernando IV dona a vila de Muros co seu alfoz á Igrexa de Santiago,  Tumbo B de la Catedral de Santiago, pp. 247-249, 479-481; Antonio LÓPEZ FERREIRO, Fueros municipales de Santiago y su tierra (1895), Madrid, 1975, pp. 527-529; sen embargo, Paio Mariño, descendente directo dos Traba, preitea coa Igrexa polo señorío da vila e alfoz logrando, en 1307, que se lle recoñezan ós Mariño dereitos xurisdiccionais no próximo couto de Louro, e noutros da zona de influencia rural de Muros, aceptando en contrapartida o señorío arcebispal sobre o núcleo urbano e o conxunto do alfoz (Blasones y linajes de Galicia, p. 266), señorío compostelá o que será ratificado en 1309 por Fernando IV, Tumbo B de la Catedral de Santiago,pp. 319-320; outras liortas baixomedievais por posesións entre os Mariño de Lobeira  e a Igrexa de Santiago nas notas 79, 83; versión do paso da Muros á Igrexa de Santiago, a cambio da vila de Tarifa, que "por estar tan a trasmano la dieron los dichos arçobispos a los reyes", Jerónimo del HOYO, Memorias del Arzobispado de Santiago [1607], Ángel RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Benito VARELA, eds., Santiago de Composte­la, sd., p. 329.

[35] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, pp. 43, 586.

[36] Véxase a nota 317.

[37]  Na primeira metade do século XV seguen citando os documentos a "torre da vila de Muro" entre as Torres de Santiago e o castelo de Xallas, aínda non aparece nas listas da Mitra compostelá o castelo de Outes, O Tombo Vermello de Don Lope de Mendoza (1399-1445), Ángel RODRÍGUEZ (edit.), Santiago, 1995, p. 91.

[38] Galicia en los siglos XIV y XV, II, pp. 183-185

[39] Durante 44 anos (1267-1311), incluso foron de xurisdicción real (ademais de Muros), Noia, Santiago e toda a Terra de Santiago,  Xerardo AGRAFOXO, "O pasado máis afastado. Un paseo pola historia primeira das terras de Noia", Noia. Ribeiras de mar enxoito, Noia, 2003, p. 45.

[40] Sancho IV (1284-1295) beneficia especialmente ó citado Paio Mariño (vasalo do Rei en 1291), tiña de seu o couto de Sabardes (Outes), aparece como usurpador da parroquia de  Entíns  (tamén no que é actualmente o concello de Outes) e aspiraba como vimos (nota 34) ó control da vila de Muros, cuxo paso ó señorío eclesiástico por decisión de Fernando IV (1295-1312) acepta soamente despois de ver recoñecido como propio, entre outras xurisdicións, o couto de  Louro (Muros),  El arzobispo de Santiago: una instancia de poder en la Edad Media (1150-1400), p. 2000; véxase tamén a nota 318.

[41] O alfoz de Noia, sen embargo, estaba limitado cara o interior pola xurisdicción señorial do mosteiro de Toxosoutos, hoxe concello de Lousame.

[42] El arzobispo de Santiago: una instancia de poder en la Edad Media (1150-1400), p. 112 n. 76.

[43] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, pp. 54, 293, 582-584, 586.

[44] Salvo o caso de Monforte de Lemos, véxase "Os irmandiños na Terra de Lemos", O Condado de Lemos na Idade Media, Concello de Monforte, 2007 (https://www.h-debate.com/cbarros/spanish/articulos/historia_medieval/lemos.htm); tamén deixaron a salvo as igrexas e catedrais fortalezas, por  parecido motivo, mesmo respectando capelas dentro das fortalezas derrocadas, como no caso das Torres do Oeste en Catoira.

[45]  Sobre o protagonismo coral e o papel de cada grupo ou crase social  na revolta irmandiña, véxase Carlos BARROS, "O que sabemos dos irmandiños", Os capítulos da Hermandade. Peregrinación e conflito social na Galicia do século XV, Santiago, 2006, pp. 375-376 (www.h-debate.com/cbarros/spanish/articulos/historia_medieval/xacobeo.htm).

[46] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 331.

[47] Véxase a nota  62.

[48] Carlos BARROS, ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996, pp. 24 1-246.

[49] As loitas da Igrexa de Compostela cos cabaleiros que tiñan vasalos e rendas na Ría de Muros-Noia empezou, en realidade, medio século antes, coa repoboación e ingreso de Muros na xurisdicción arcebispal, determinando finalmente a fortificación de ambas vilas nos comezos do século XIV.

[50] O Pertigueiro Maior era unha especie de persoeiro civil do arcebispo con atribucións xudiciais e militares ó longo do señorío da Igrexa de Santiago.

[51]Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VI, pp. 218, 222; Apéndice pp. 182-190.

[52] Emilio GONZÁLEZ LÓPEZ, Historia de Galicia, A Coruña, 1980.p. 180.

[53] Las gentes de Muros en sus primeros documentos, p. 3; a crónica de Fernão Lopes, sen embargo, soamente fala do cerco de Tui, Crónica d João  I, vol. II, Barcelos, 1983, pp. 303-305;  non así a crónica de Ayala que fala de como os portugueses, despois de tomar Tui e outras vilas fronteirizas, hostilizaron a Terra de Santiago,  Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VI, p. 233.

[54] Véxase a nota 63.

[55] Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VI, p. 233, apéndice doc. XLI.

[56]  Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VII, pp. 65-67.

[57] íbidem.

[58] Deixará de ser unha ameaza na segunda metade do século XVI, , nunha situación de maior estabilidade social e política, a asemblea municipal volverá a ser "uso y costumbre"; cara 1560, por exemplo, os veciños de Noia son convocados a "concello aberto" para velo problemas da reparación das pontes, José GARCÍA ORO, María José PORTELA SILVA, Os reis e Noia. Documentos reais sobre Noia durante o Renacemento, Noia, s.d.,  pp. 42-43; tamén en 1589, pertencendo a vila de Noia a un particular estranxeiro, Baltasar Lomelin, que llela comprara a Felipe II, respéctase o concello aberto –cando menos no papel- para elixir os cobrados dese ano, Manuel FABEIRO, Páxinas históricas de Noia, Noia, 1990, p. 118. 

[59]  Fueros municipales de Santiago y su tierra, p. 525.

[60] O "cambio de fase" en abril de 1467 da revolta irmandiña é froito da tradición específica de revolta da xente común do campo e das cidades, Carlos BARROS, Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV, Madrid, 1990 (1ª ed. en galego, Vigo, 1988), pp. 112-113.

[61] Seis décadas despois dos irmandiños, desaparecida a cabalería feudal e os seus castelos, ó común  das cidades galegas representará o seu papel en solitario a revolta das comunidades de 1520-1521.

[62]  A rebeldía conxénita dos veciños do Muros medieval -xeneralizable a toda a ría- é recoñecida, en  1607, polo cóengo compostelán Jerómino del Hoyo, logo de falar do seu paso (véxase a nota 34) á orbita arcebispal (1299), "aunque entre ellos hay alguna gente noble, el común es pescadores y tratantes por la mar y todos ellos son gente belicosa y que saben muy bien tomas las armas y defenderse de sus enemigos",  Memorias del Arzobispado de Santiago p. 329; un dos doridos exemplos  é como se liberaron de pagar os décimos á Igrexa de Santiago, convertendo a Igrexa de Santa María en Colexiata (1504, véxase a nota 30), gracias as xestións en Roma do bispo de Oviedo, Diego de Muros III (1455-1525), ídem, p. 328.

[63] Las gentes de Muros en sus primeros documentos, pp. 30-31.

[64]  ídem, pp. 32-33.

[65]  Agora ben, co auxe da actividade portuaria e comercial ó longo do século XVI rexorden as disputas entre Noia, Muros, Porto do Son...., Galicia en los siglos XIV y XV, II, p. 180.

[66] Carlos BARROS, "Os irmandiños de Galicia. A revolta en Pontevedra", Murguía. Revista Galega de historia, Santiago de Compostela, nº 9, 2006, pp. 41-47 (www.h-debate.com/cbarros/spanish/articulos/historia_medieval/pontevedra.htm).

[67] "Os irmandiños de Galicia. A revolta en Pontevedra", p. 41.

[68] Publica Colección Diplomática de "Galicia Histórica", Santiago, 1901, pp. 19-27.

[69] Así e todo, o propio Rodrigo de Luna salienta con clareza o protagonismo urbano por riba da iniciativa dos cabaleiros, cando o 29 de xaneiro de 1460 gratifica o cambio de bando de Don Sueiro: "Por quanto vos, Suero Gomes de Sotomayor, avedes seydo e fuestes contra nos e la dicha nuestra Yglesia en el levantamiento e rebelion que la nuestra çibdad de Santiago e villas de Noya e Muros fisieron, e les avedes dado e distes vuestro favor e ayuda para ello, e agora, conosçiendo la obediençia, subjeçion e vassallaje que devedes e sodes thenudo a nos e a la dicha nuestra Iglesia por rason de los feudos e merçedes que de nos e della teneys, soys tornado a nuestra obediençia e nos avedes prometido...", Ángel RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, "Documentación medieval del Archivo Histórico Diocesano de Santiago: ‘Libro de feudos de diferentes bienes, feligresías, cotos y jurisdicciones", Compostellanum, vol. XXXVII, nº 3-4, 1992, p. 436.

[70] Rodrigo de Luna. Estudio histórico, pp. 30 ss.; o cronista Diego Varela  deixou escrito que os cabaleiros e os vasalos de Rodrigo de Luna los aproveitaron para rebelarse a circunstancia de que o Rei mandara ó arcebispo compostelán viaxar á Corte para reprendelo polo seu "desonesto vivir", pois practicaba o ius primae noctis (dereito de pernada), Memorial de diversas hazañas, Madrid, 1941, pp. 52-53;  cuestión analizada por nós en ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, pp. 58-69.

[71] O 14 de setembro de 1459 Pontevedra aparece xa, xunto coas tres vilas primeiramente irmandadas, participando na rebelión,  Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VII, Apéndice p. 120.

[72] Memorial de diversas hazañas, p. 53.

[73] Rodrigo de Luna. Estudio histórico, pp. 72-79

[74] ídem, p. 79

[75] Volveremos máis adiante sobre as ensinanzas do ensaio 1458-1459 que fixeron posible, xunto con outras experiencias parciais, a revolta victoriosa de 1467; as cidades e vasalos rebeldes aproveitaron as contradiccións arcebispo / cabaleiros para impoñerse ós cabaleiros desde principios do século XV, para vencer ó arcebispo  primeiro e ós cabaleiros despois entre 1458-1469, continuando con este política variable e alternativa na Galicia posirmandiña.

[76] Ademais, naturalmente, do mozo Lope Sánchez de Moscoso, futuro I Conde de Altamira, que foi capitán irmandiño en Padrón no comezo da revolta de 1467 (véxase a nota 151). 

[77] Museo de Pontevedra (MP), Sotomayor 1.8.

[78] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 566.

[79] O castelo de Outes non consta entre as pertencias arcebispais suxeitas ó pago de rendas no tempo de Lope de Mendoza (véxase a referencia da nota 37), polo que puido construírse entre 1445 (fin do arcebispado de Mendoza) e 1464 (comezo de Fonseca); unha segunda posibilidade, remota, salvo que aparezan documentos, é que fora edificado, na primeira metade do século XV -ou incluso antes- polos Mariños de Lobeira, desde que o momento en que o pai de Sancha Lobeira, Paio Mariño de Lobeira, Reposteiro Maior de Xoán II, aparece como o  primeiro "señor xurisdiccional de Outes", igual que pasara coa fortaleza de Vimianzo (castelo do século XIII que pasa no século XV ás mans dos Moscoso) que vendeu  o II Roi Soga de Lobeira (véxase a nota 81) ó arcebispo de Santiago a mediados do século XIV, Blasones y linajes de Galicia, III, pp. 266-268; unha terceira opción é que a Igrexa de Santiago construíse o castelo de Outes na primeira metade do século XV -ou incluso antes- e fose  cedido a modo de feudo, como a fortaleza de Xallas (véxase a nota 146), e/ou usurpado polos Mariño de Lobeira, xa que na pregunta nº 12 que presentan, o 31 de agosto de 1526, os representantes de Fonseca no preito con Tabera dise que "el castillo de Outes con su tierra y basallos que tenia tomados y ocupados  Garçia Martinez de Barbeira e doña Sancha de Lobera su muger de muchos años y tienpos antes quel dicho señor Patriarca fuese prelado [1464]", Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 269.

[80] A primeira mención documental que detectamos dos Mariño de Lobeira como "casa de la sierra" é de 1572, logo virán outras sobre o "señor de la casa de la sierra" (1601), e ulteriormente citas directas ó pazo da Serra como edificio (1611); no mesmo século XVII temos referencias os "Marqueses de Castelar y la Sierra", se ben a principios do  século XVIII vólvese á denominación  de "señor de la cassa de Marino y Lobera", José GARCÍA ORO, María José PORTELA SILVA, Os Mariños de Lobeira, señores de Serra de Outes, na Galicia do Renacemento, Noia, 2004, pp. 157, 162, 183, 184,  187, 189, 217, 218, 220, 236.

[81] Actualmente unha casa de pedra, preto do río Tines, con unha porta de medio punto e un escudo barroco cos emblemas dos  Mariño, Lobeira, Soutomaior e Zúñiga;  por un erro atribúese nalgúns escritos recentes ó moderno Pazo da Serra feitos correspondentes ó castelo de Outes,  como o derrocamento por parte dos irmandiños, e, relacionado co anterior, tense identificados o restos do castelo como un castro (véxase a nota  91); no apartado dedicado ó pazo de Serra de Outes na magna obra de Carlos MARTÍNEZ BARBEITO (Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña,  A Coruña, 1986, 2ª edición, pp. 616-618) diferenciase claramente o castelo medieval de Outes do pazo moderno da Serra, aínda que -por unha mala lectura de Crespo Pozo- sitúase cara 1385 ó fundador Roi Soga Mariño de Lobeira activo no tempo de Berenguel de Landoira (1317-1330), morto degolado na década seguinte, a quen tamén se atribúe -sen proba documental- a construcción do pazo da Serra en 1385.

[82] Sobre a ampla implantación na Terra de Santiago, nos séculos XIII-XV, dos Mariño e o seu entronque cos Soga e os Lobeira, véxase El arzobispo de Santiago: una instancia de poder en la Edad Media (1150-1400), pp. 198-204; o castelo de Lobeira é recordado xenealoxicamente, de xeito parcialmente enganoso, coma unha plataforma fundamental para os Mariño das Rías Baixas, a partir do II  Roi Soga Mariño de Lobeira, "o degolado":  "Desde las alturas de la Pena Lobeira, en las inmediaciones de Villagarcía de Arosa, los Lobeira, más tarde  Mariño de Lobeira, adquiriron gran preponderancia en tierras de Noya y Muros, en todo el riquísimo valle del Salnés y en la villa de Pontevedra", Blasones y linajes de Galicia, III, pp. 266-267; sen embargo, logo do enfrontamento de Roi Soga con Afonso XI que o mandou degolar entre 1330 e 1350, o castelo de Lobeira foi adquirido pola Igrexa de Santiago, continuando no seu poder en 1455 e 1524,  ata que en 1694 que pasa de novo ós Mariño de Lobeira, El castrum lupariae. Folleto histórico de la torre de Lobeira en el valle del Salnés, p. 41.

[83] Na fontes xenealóxicas dos Mariño de Lobeira da ría de Muros-Noia aparece dona Sancha como "dueña del alfoz de Muros y sus once cotos …del castillo de Outes y de muchas rentas como II señora feudal de la Sierra [sic] de Outes", ídem, p. 268; esta confusión de posesións e xurisdiccións entre os Mariños de Lobeira e a Igrexa compostelá por causa da  mestura tipicamente feudal da propiedade entre o grande señor  e os seus feudatarios, ou usurpadores, é motivo dunha guerra intestina continua, desde inicios do século XIV e agudizada na segunda metade do século XV, entre o arcebispo de Santiago e os cabaleiros da Terra de Santiago (incluídos os Mariño de Lobeira). 

[84] Blasones y linajes de Galicia, III, p. 265; valiosa versión do estado da fortaleza a finais do século XVII que cumpre comparar coa que ofrece o preito Tabera-Fonseca para os anos 1526-1527 (véxase a nota 94), as resultantes das visitas arcebispais dos anos 1535-1547  (César OLIVERA, El ocaso de la fortalezas compostelanas. Visitas y tasaciones (1535-1547), Santiago, 2000), mailos traballos de campo e debuxos feitos por M. X. Miramontes  nos anos 80 e X. Mariño nos anos 90   (véxase a nota 91); o interese dos Mariño de Lobeira en 1687 polos restos do castelo de Outes, contrasta co esquecemento dos seus donos reais, a Igrexa de Santiago, que xa en 1607 o fixeron desaparecer do listado de fortalezas, Memorias del Arzobispado de Santiago, pp. 9-12 ; nestas memorias do cardenal Hoyo aparece, en cambio, un  Paio Mariño de Lobeira co padronazgo da parroquia de San Pedro de Outes, en cuxa descrición tampouco se mencionan os restos da fortaleza medieval, ídem, p. 335.

[85] Podía ser o escudo erosionado polo tempo, coas armas exclusivas dos Mariños e  Lobeira, que se conservan o pazo de Cotón (Negreira), pero falta a sirena e vense as ondas dos Mariño, Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña,  A Coruña, 1986, p. 234.

[86] Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña,  pp. 616-617; Xoán MARIÑO, Patrimonio Histórico-Artístico de Outes, vol. I, Santiago, 1998, p. 89.

[87] Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña,  A Coruña, 1986, p. 232; Luis MESSIA, Heráldica: escudos de armas labrados en piedra existentes en la zona monumental de Pontevedra, Pontevedra, 1989, pp. 160, 415; Crespo Pozo cita outras datas (1690, 1694), pero coincide en considerar como o primeiro Marqués a Fernando Antonio Mariño de Lobeira, "Los Mariños y Mariño de Lobeira", Museo de Pontevedra, tomo 11, 1957, pp. 62, 68.

[88] O término ‘serra’  (Dic. RAG: "sucesión de montañas que pola súa forma recorda unha serra") refírese, sen dúbida, á orixe  montaraz, feudal e rural desta parte dos Mariños de Lobeira  (véxase a nota 83); paradoxalmente a actual capital municipal, chamada Serra de Outes, está ó nivel do mar rodeada de montes entre 337 (Castelo) e 525 (Tremuzo) metros, Xosé Ramón CHANTADA, "Outes", Gran Enciplopedia Gallega, tomo 23, p. 185.

[89] Ata 1247 consta na documentación latina medieval como ‘octis’ e ‘outis’, derivando despois a "outes", Os documentos do Tombo de Toxosoutos,  Francisco J, PÉREZ RODRÍGUEZ (edit.), Santiago, 2004, p. 109, 121, 185, 220.

[90] O Mosteiro de Toxos Outos aparece nos texto fundacionais do século XII como ‘Togis Altis’, idem, p. 22.

[91] Fican restos visibles de estructuras, fosos e muros á espera dunha maior investigación arqueolóxica sobre as orixes históricas do concello de Outes, María Xesús MIRAMONTES CASTRO, As fortalezas baixomedievais en Galicia: unha aproximación histórica a partir do estudio dos restos materiais e das descripcións do Preito Tavera-Fonseca, Universidade de Santiago, tesiña inédita, pp. 98-105; María Dolores GIL ADRA, Catalogación planimétrica dos xacementos arqueolóxicos do concello de Outes, texto inédito, nº 12, 1996; Patrimonio Histórico-Artístico de Outes, I, pp. 59-64; a súa errónea caracterización como castro -incluso se unhas necesarias escavacións demostrasen un asentamento castrexo anterior nese mesmo lugar-  maila confusión citada co pazo moderno dos Mariño de Lobeira na Serra, contribuíu ó escurecemento das orixes medievais deste concello.

[92] As fortalezas baixomedievais en Galicia, p. 99

[93] La hacienda arzobispal compostelana. Los libros de recaudación (1481-83 y 1486-91), p. 314; Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 61.

[94] Las fortalezas de la Mitra composte­lana,  pp. 30-31, 581; esta información do preito Tabera-Fonseca (1526-1527)  é confirmada polas visitas de 1535-1547 (Cesar OLIVERA, op. cit., pp. 69-70, 87-88, 118), que fala de dous e tres sobrados, dunha "torre grande", tamén denominada "torre del homenaje", e dunha ponte de pedra e madeira, o que vén a confirmar a existencia do foso que fala a información de fidalguía de 1687.

[95] Las fortalezas de la Mitra composte­lana,  p. 31.

[96] José GARCÍA ORO La nobleza gallega en la Baja Edad Media.  Las casas nobles y sus relaciones estamentales, Santiago, 1981, p. 203.

[97] ídem, pp. 269-270, 315, 554, 562, 566, 569.

[98] Galicia en los siglos XIV y XV, II, pp. 263-277; Os Mariños de Lobeira, señores de Serra de Outes, na Galicia do Renacemento, p. 9-18.

[99] Cuadro genealógico de los Mariño de Lobera, MP Colección Sampedro, Caja 7; "Os irmandiños de Galicia. A revolta en Pontevedra", pp. 55 ss.

[100] MP Colección Sampedro, Caixa 11, Carta Executoria Mariño de Lobera, fol. 1-2.

[101] Paio Marino de Lobeira tiña "casa de mil y quinientos vasallos, y todos los perdió por ser viçioso de mugeres", Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia, p. 103.

[102] Véxase, por exemplo, José CRESPO POZO, "Los Mariños y Mariño de Lobeira", Museo de Pontevedra, tomo 11, pp. 59-78; Blasones y linajes de Galicia, III, pp. 264 ss.; aparecendo Sancha de Lobeira decote como filla única; unha excepción relativa (desaparece logo do  índice onomástico) é o libro Heráldica: escudos de armas labrados en piedra existentes en la zona monumental de Pontevedra que, na páxina 164, nomea a Lopo Pérez Mariño como irmán de dona Sancha.

[103] A quén lle servía con 10 lanzas, ídem, p. 260; testemuñas do Preito Tabera-Fonseca reducen  a  7ó 8 os escudeiros que levaba dacabalo, véxase a cita da nota 110.

[104] Dínolo un zapateiro de Padrón: "fuera capitan don Lope Sánchez, conde que fue de Altamira después que las fortalezas fueran derrocadas", Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 547; o 6 de octubro de 1467 o seu tío Alvaro Pérez de Moscoso, pertigueiro maior da Terra de Santiago  faino herdeiro universal da casa dos Moscoso, deixando por cumpridor a Esteban de Junqueras,  AHN Diversos Colección Diplomática, fol. 5v.

[105] Despois de morto Enrique IV, cara 1475, Lope Sánchez de Ulloa autoproclamouse Conde de Altamira; Sancho Sánchez de Ulloa, Conde de Monterrei; e Pedro Álvarez de Soutomaior, Vizconde de Tui e Conde de Camiña, Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia, p. 190.

[106] ídem, p. 180.

[107] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 560.

[108] Desde Outes chegou a usurpar unha grande parte dos vasalos que vivían non alfoz de Muros, respectando soamente ós que pertencían ó seu amo, o Conde de Altamira (véxase a nota 317).

[109] Outra testimuña fala, se cadra máis axustadamente, de "siete u ocho años", Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 60.

[110]  ídem, p. 554.

[111] ídem, p. 566.

[112] Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia, p. 197; José GARCÍA ORO,  Galicia en la Baja Edad Media.  Iglesia, Señorío y Nobleza, Santiago, 1977, p. 130.

[113] De tódolos xeitos o deterioro do castelo, unha vez derrubado, durou tanto que gravouse a lume lento na mentalidade popular: nas visitas para avaliar os danos nos pontificados de Tabera (1524-1534) e Gómez Sarmiento (1534-1541), contan as testemuñas campesiñas da súa xurisdicción como ían caendo cachos de paredes e podrecendo madeiras, medio século despois do segundo derrocamento (véxase a referencia da  nota  94).

[114] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 566.

[115] O real e o imaxinario non se diferencian tanto na Idade Media como posteriormente.

[116] O cura irmandiño Roi Vázquez era naquel entón, xustamente, párroco de Santa Baia de Chacín, preto co castelo de Outes, "Milenarismo y utopía civil en la revuelta irmandiña, 1467-1469", XII Cursestiu "Utopies i alternatives de vida a l’edat mitjana, Balaguer, 2007 (audio en https://www.h-debate.com/cbarros/spanish/audio/balaguer/menu.htm).

[117] O precusor das novelas  de terror gótico  é  Horatio Walpole cunha obra chamada,  xustamente, The Castle of Otranto (1764), onde inventa, innecesariamente, un documento de 1529 para xustificar o seu argumento sobre castelos e pantasmas.

[118] Esta toma de Outes ocorreu entre 1477  (pois cando o cerco de A Coruña, García Martínez estaba con Altamira, vexase a nota 112) e 1481, xa que  volve a aparecer a fortaleza na documentación como propiedade arcebispal, cando os enviados dos Reis Católicos están en Galicia e Fonseca  marcha cara a Corte, La hacienda arzobispal compostelana. Los libros de recaudación (1481-83 y 1486-91), p. 153;  Galicia en la Baja Edad Media.  Iglesia, Señorío y Nobleza, p. 149; este abano de datas para situar o segundo e definitivo derrocamento de Outes correspóndese coas declaracións do preito Tabera-Fonseca que falan de que García Martínez de Barbeira tivo nas súas más o castelo 7-8 anos, nun caso, e 10-15 anos, noutro, Las fortalezas de la Mitra composte­lana, pp. 60, 554.

[119] ídem, p. 61.

[120] ídem, p. 554.

[121]  Sendo Martín Gándara un labrador do alfoz de Muros, resulta estraño que  non nomeara os campesiños dos arredores, víctimas primeiras da fortaleza de probable participación seguindo a tradición local de revolta, a explicación pode estar na reprimida brevidade e ambigüidade das súas respostas como vasalo recoñecido e testemuña do arcebispo Tabera. 

[122] Sueiro Gómez de Soutomaior acusa, cara 1478, ós arcebispos Rodrigo de Luna e Alonso de Fonseca (logo Patriarca) porque sendo "pastores e debiendo ser por vestiduras de pontificial, se vestían e se armaban en blanco e arnés francado a caballo", Valentín VIQUEIRA,  El castrum lupariae. Folleto histórico de la torre de Lobeira en el valle del Salnés, Pontevedra, 1960, p. 47.

[123] Carlos BARROS, "Revuelta de los irmandiños. Los gorriones corren tras los halcones", Historia de Galicia, vol.  24, Vigo, 1991, pp. 457-458 (https://www.h-debate.com/cbarros/spanish/revuelta.htm).

[124] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, pp. 362, 537, 539-540.

[125] A reedificación ou non da fortaleza de Altamira era algo que afectaba tanto os veciños da ría como á propia Igrexa de Santiago, pois estaba no punto medio do camiño de peregrinación, e comercio, que  unía Santiago de Compostela cos seus portos de Noia e Muros. 

[126] Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia, pp. 181-182.

[127] Véxase a nota 118; en 1481 Fonseca viaxa a Corte para tomar posesión da presidencia do  Consejo Real, mantendo a súa volta unhas relacións de "respeto mutuo" co Conde de Altamira (que tamén o obrigan a ir a Corte en 1486), ambos tiña un problema maior: a intención decidida do Gobernador Fernando de Acuña de poñer orde no Reino de Galicia, Antonio LÓPEZ FERREIRO,  Galicia en el último tercio del siglo XV,  Vigo, 1968 (reed.), pp. 108-109, 120.

[128] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 61.

[129] Véxase  a nota 127; entre 1481 e 1482 pois aparece Pardo de Cela (axusticiado por Acuña en decembro de 1481) na crónica de Aponte (véxase a próxima nota) que fala dos acordos e trascordos de Fonseca e Moscoso arredor do castelo de Cira.   

[130] Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia, pp. 191-192.

[131] Nunha información de mediados do século XVI, di un labrador de San Giao de Beva que García Martínez "estuviera casado con la dicha doña Sancha hasta su falesçimento, que fue muerto en la çibdad  de La Coruña", Os Mariños de Lobeira, señores de Serra de Outes, na Galicia do Renacemento, pp. 121, 124.

[132] Sancha de Lobeira aparece novamente casada a finais do século, con García Sarmiento de Salvaterra, e morre en 1516, idem, pp. 81, 84, 217-218; Felipe de la GÁNDARA, Armas y  triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia, Madrid, 1662, pp. 537-538.

[133] Véxase a nota 97.

[134] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 566.

[135]  Véxase a nota  80.

[136] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 554.

[137] Na Idade Media os números non sempre se poden entender literalmente, sobre todo tratándose de batallas, en todo caso damos cifras documentadas abondo aceptables dado o grado de xeneralización de revolta, e proporcionais ós feitos militares relatados.

[138] Véxase a referencia da nota  44.

[139] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 395.

[140] Cadran en dar ó mesmo número un prateiro de Santiago e un labrego da Estrada, o que reforza a súa credibilidade, amosando a capacidade unificadora da tradición oral,  Las fortalezas de la Mitra composte­lana ,pp. 321, 340.

[141] ídem, pp. 187, 321, 335.

[142] ídem, p. 558.

[143] "Os irmandiños de Galicia. A revolta en Pontevedra",  pp. 54-55.

[144] Menos a Ría de Vigo que con seguridade foi cos irmandiños do bispado de Tui, permanecendo o primeiro ano da revolta irmandiña no cerco de Tui.

[145] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, pp. 321, 457.

[146] A importancia estratéxica da fortaleza de Xallas, viña da súa situación no medio do Condado de Trastámara; en 1408, o arcebispo García Manrique  pasoullo en tenencia feudal a Luis Soga Mariño de Lobeira, fillo do célebre Roi Soga, o "degolado", Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela,  VII, p. 25.

[147] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, pp. 551-552.

[148] Como xa dixemos (véxase a referencia da nota 141), outras testemuñas inclúen tamén nesta concentración irmandiña ó redor de Compostela ás cidades de reguengo, Betanzos (cabeza da revolta no conxunto de Galicia como recoñeceu posteriormente Henrique IV) e A Coruña, tamén  xente do Camiño francés (Portomarín).  

[149] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 558.

[150] ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, p.  227.

[151] Por exemplo, os castelos de Sober da familia de Diego de Lemos ou a torre de Goldrame de Sueiro de Noguerol, comendador de Portomarín, ámbolos dous capitáns irmandiños, por non falar da ambigua situación de Lope Sánchez de Moscoso, capitán dos irmandiños no inicio da revolta  na zona de Padrón, onde participou con fervor -sen dúbida- na destrucción das fortalezas de Fonseca e observou con inquietude –cando menos- do derrocamento de Altamira, sé fortificada da súa casa familiar, motivo probable do seu distanciamento posterior; doutra banda, ¿non é unha característica de todas as revolucións a presencia de mozos rebeldes da clase dirixentes no cadro dun probable enfrontamento xeracional-familiar?

[152] As estratexias alternativas son obrigadas cando a relación de forzas é desfavorable para a xente do común,  a revolución de 1467 foi unha excepción, aínda así os populares dispuxeron naquel entón de apoios importantes nos ámbitos cortesáns, eclesiásticos e mesmo nobiliarios (como o marqués de Astorga).

[153] Os relatos das testemuñas de Noia no preito Tabera-Fonseca demostran o alto nivel de información e certa conciencia social y política propia dunha oligarquía urbana (mercadores ou fidalgos como Pedro Campixo e Pedro Díaz de Luaces) que "coñecen o nome" de El-Rei, ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, pp.  198-199.

[154] Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV, pp. 31 ss.

[155] Sobre as prisións con rescate, especialidade da delincuencia directamente señorial,  ídem, pp. 135 ss.

[156] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 552.

[157] ídem,  p. 554.

[158] ídem,  p. 552.

[159] A tradición oral en favor e en contra dos irmandiños chega a manifestarse nas probanzas Tabera-Fonseca, porque o arcebispo entrante (Tabera) acusa ó arcebispo saínte (Fonseca, pai e fillo) de non coidar o patrimonio da Igrexa compostelá, por deixar que os vasalos derrocaran os castelos e non obrigalos a restauralos, para defenderse Fonseca procurou superviventes e descendentes dos irmandiños que lle axudaran a demostrar o carácter irresistible, xusto e irreversible do grande levantamento de 1467.

[160] Non hai testemuñas da vila de Muros no preito Tabera-Fonseca, quitando algún campesiño do seu alfoz como Martín da Gándara, se ben os tres declarantes de Noia falan polo regular tanto de Muros como de Noia.

[161] Sobre a tendencia dalgunhas testemuñas a poñerse a idade da revolta, véxase Carlos BARROS, Mentalidad y revuelta en la Galicia irmandiña: favorables y contrarios, Santiago de Compostela, 1989, pp. 118-124.

[162] Véxase a referencia bibliográfica da nota 153.

[163] "Os irmandiños de Galicia. A revolta en Pontevedra", pp. 39-41.

[164] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 552.

[165] De feito, primeiro os alcaldes foron coñecidos como "justicias", Fueros municipales de Santiago y su tierra,  pp. 479-480.

[166] Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV p. 105.

[167] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 553.

[168] Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV, pp. 78-79.

[169] Mentalidad y revuelta en la Galicia irmandiña: favorables y contrarios, pp. 221-224.

[170] ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, pp. 75 ss; Carlos BARROS, "Celanova de las Tres Culturas, siglos X-XI", Rudesindus. XI Centenario do nacemento de San Rosendo, Santiago, Xunta de Galicia, 2007 (en prensa).

[171] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 553.

[172] De aí que nos anos  90 do século XV empece a cambiar o sentido da conflictividade social, substituíndo paseniñamente a nova Monarquía  ós señores feudais como adversario principal dos populares.

[173]  En consecuencia, as oligarquías urbanas de Galicia non participan na revolta das Comunidades de Castela en 1520-21.

[174] A partir da chegada de Acuña e Chinchilla a Galicia en 1480, invertese de novo a relación de forzas en favor da xente común, ó reconstruír os enviados dos Reis Católicos as milicias populares co fin de derrocar as fortalezas novamente feitas, e obrigar á desprestixiada oligarquía nobiliaria (sobre todo  a partir da  visita do Reis Católicos a Galicia en 1486) a "exiliarse" na Corte de Castela.

[175] ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, pp. 210-212.

[176] Una excepción foi a reconstrucción no Pico Sacro dunha torre e dun alxibe, defendida polas testemuñas pro-irmandiñas e pro-fonsecanas no preito Tabera-Fonseca, como unha defensa "necesaria" da Terra de Santiago fronte  o castelo de Cira, reedificado polo Conde de Altamira, cuxo alcaide era  xustamente García Martínez de Barbeira, o demoño de Noia.

[177] 400 anos na historia da vila de Noia, pp. 53-57; en 1636, Noia volve á Igrexa de Santiago, "O pasado máis afastado. Un paseo pola historia primeira das terras de Noia", p. 54.

[178] Está no Arquivo do Reino de Galicia como "1586. Los vecinos y cobrados de la villa de Noya con Damián Ramírez, juez de la misma, y Baltasar Lonceli…" (ref. ant. ARG, mazo 22337 nº 36).

[179]  O  señor italiano aparece, tres anos despois, na documentación municipal elixindo dous alcaldes para 1589 dos seis propostos ou "cobrados", 400 anos na historia da vila de Noia, p. 62.

[180] Sobre os cobrados nas vilas do arcebispado de Santiago, véxase Fueros municipales de Santiago y su tierra,  pp. 477-480.

[181] A iniciativa xudicial parte, en 1586, dun Sueiro Gómez de Soutomaior que poseía o cobrado familiar dos Bochóns, por si mesmo e as outras familias que controlaban a elección de alcaldes (véxase a nota 192) ; gaña o preito en prol do mantemento do sistema tradicional dos cobrados, no seu beneficio e de todos os veciños.

[182] Publica unha traducción parcial ó galego  Manuel Fabeiro en Páxinas históricas de Noia, pp. 127-131.

[183] Tanto no texto como nunca glosa do preito de 1586,  lese claramente "Salamanca" como lugar de emisión do título de alcaldes para 1469,  "1586. Los vecinos y cobrados de la villa de Noya", p. 649; sobre a rareza da sinatura directa de Fonseca, véxanse as referencia das nota  264, 265.

[184] Mercedes VÁZQUEZ, Notarios, notarías y documentos en Santiago y su tierra en el siglo XV, A Coruña, 2001, pp. 162-163.

[185] Páxinas históricas de Noia, p. 131.

[186] Ó mesmo tempo Fonseca retira competencias no eido espiritual a Vasco de Vitre, bispo de Sebaste, que viña facendo de bispo auxiliar en Compostela desde antes de Rodrigo de Luna;  o 3 de outubro de 1468 o provisor de Fonseca xa non está en Santiago, resolvendo o cabido poñer ó cóengo fabriqueiro Pedro de Muros ó cargo da cadea dos clérigos, Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela,  VII, pp. 255-256.

[187] ídem, pp. 257-259.

[188] ídem, p. 259; Fonseca  aproba e confirma como "vicario sede vacante" ó candidato do cabido irmandiño, pero di que non ten atribucións para confirmalo como bispo (función papal), Galicia en el último tercio del siglo XV, pp. 32-33 ; sen dúbida, o Fonseca do exilio non podía aceptar o que xa se fixera en Santiago co irmán de Pedro Osorio contra Rodrigo de Luna,  algo que sempre podía tentar o seu propio cabido pro - Santa Irmandade contra el mesmo en Santiago, pero acepta a situación dalgunha maneira ante o feito consumado con obxecto de manter a pouca autoridade que lle quedaba en Galicia.

[189] Así acontece en 1587, Fueros municipales de Santiago y su tierra, p. 480.

[190] Véxase a nota 234.

[191] ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, pp. 217-269.

[192] Páxinas históricas de Noia, p. 127; o notario termina deste xeito as dez follas do traslados o preito de 1586: ‘Los cuales los dichos autos que de suso ban scriptos... en virtud de la comision de los señores regidores y oidores que me fue dada, cuyo traslado saque del stante que alle en los dichos  libros y titulos que alle en el ayuntamiento de la villa de noya,  adonde los bi otra vez, con los que los dichos originales que ban rubricados de la rubrica de mi firma concuerdan y en fe dello de pedimento de suero gomez de sotomayor por si mismo y en nombre de los mas señores de cobrados de la dicha villa, lo signo y lo firmo en la dicha villa a catorze de hebrero de mil quinientos sesenta y seis anos. En testimonio de verdad..Baltasar de Fernaderos’,  "1586. Los vecinos y cobrados de la villa de Noya", p. 655.

[193] Tratáse por suposto dunha iniciativa voluntaria, incluso nas capitulacións preirmandiñas que regulamentan o desterro de Fonseca dicíase que non podía mandar "llamar a persona alguna de la dicha çibdad [Santiago], clerigo ni lego al regno de Castilla contra su voluntad", Publica Ermelindo PORTELA, María del Carmen PALLARES, Xosé Manuel SÁNCHEZ, Rocha Forte, el castillo y su historia, Santiago, 2004, Apéndice, p. 111.

[194] "1586. Los vecinos y cobrados de la villa de Noya", p. 648; no título de  1483, asinado -agora si- polo provisor en Santiago de Compostela, non se coida tanto o "segredo" da entrega do documento que agacha sen dúbida as evidentes anomalías do "nomeamento" de 1469.

[195] Tampouco temos noticias que haxa nomeamentos de alcaldes no bienio irmandiño nos restantes señoríos episcopais de Galicia, que abranguían en principio a maioría das cidades galegas, a pesar de que os seus bispos, a diferencia de Fonseca, si que estaban en Galicia.

[196] Cómpre analizarmos polo miúdo as loitas urbanas e nobiliarias contra Luna para entender mellor o aprendizaxe acelerados dos participantes –sobre todo, populares- nos acontecementos decisivos, 1467-1469, para historia de Santiago, as súas vilas e terras, e aínda máis para o Reino de Galicia.

[197] Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VII, p. 239.

[198] Véxase a nota 244.

[199] Véxase a nota  245.

[200] Antes de pasar a Redondela, onde está  o 28 de marzo de 1467, véxase  a nota 248.

[201] Rocha Forte, el castillo y su historia, p. 104.

[202] Dínolo  o propio Rodrigo de Luna, desde Salamanca (onde se refuxía, igual que faría anos despois Fonseca), o 31 de octubre de 1458: "estamos despojado [da obediencia dos vasalos] et expulso dello  et de la juridicion et sennorio que a nos et a nuestra yglesia pertenesce en todo el dicho nuestro arçebispado (...) sy asi lo fasemos sera como dicho es por auer et cobrar para ella et para nuestros subcesores la dicha cibdad de Santiago et uillas de noya et muros", ídem, Apéndice, pp. 117, 119, 123.

[203]  En 1460, existía unha situación de "sede vacante" elixindo o Cabido de Santiago a Luis Osorio como "Vicario general eno espiritual et tenporal da Sta. iglesia, cidade et arcobispado de Santiago a See vacante"; ó tempo que os cóengos disidentes e partidarios de Luna, refuxiados en Iria-Padrón, fan o mesmo con Esteban Férnandez,; os de Noia, non solicitan nomeamento a ningún deles, ídem, pp. 241-242.

[204] "1586. Los vecinos y cobrados de la villa de Noya", p. 653.

[205] Consta que o 21 de agosto de 1460, Luis Osorio é vicario xeral da Igrexa de Santiago, cargo que de seguro ocupaba desde antes, sendo postulado como arcebispo logo da desaparición de Rodrigo de Luna; véxanse as notas 203 e 207.

[206] O que consigue entre marzo e xuño de 1461, pondo fin ó breve arcebispado trastámara, ídem,p. 244.

[207] Pola carta de  Don Henrique vemos que Luis Osorio se autoproclama arcebispo de Santiago, e funciona como tal baixo a "rexencia" do seu pai, cando menos desde o falecemento, en 1460, do seu predecesor e inimigo Rodrigo de Luna; outra cousa é que desde o cabido se garden  as formas á espera dunha confirmación papal que xamais chegará, polo que finalmente o arzobispo rebelde Luis Osorio (1460-1461) desaparecerá do episcoloxio compostelán.

[208] AHDS, leg. 21, Cartas reales, libro I, fol. 133.

[209] El-Rei defende de costume ós seus amigos nas guerras dos señores polo poder  laico e eclesiástico, desde a Corte non percibían outra cousa nas loitas compostelás 1458-1460, de aí que Henrique IV esixirá ós vasalos que obedezan e paguen as rendas a Rodrigo de Luna, señor lexítimo de Santiago, e non ós cabaleiros rebeldes, ou ó arcebispo da casa trastámara, igual no tocante ó control das fortalezas.

[210] AHDS, leg. 21, fol. 51, 96.

[211] Enrique IV sempre se dirixe ó pai, e non ó seu fillo Luis Osorio, nomeado polos composteláns arcebispo que era quen de reclamar ditas rendas,  o Rei vía como un simple instrumento do seu proxenitor e Conde de Trastámara, alférez maior de El-Rei caído en desgracia, ídem, fol. 93.

[212] AHDS, leg. 21, fol. 131.

[213] Rodrigo de Luna. Estudio histórico, p. 75; resulta curioso como os cabaleiros tentan facer partícipes da continuidade señorial ás oligarquías urbanas aludindo ós seus caseiros, mentres que os labradores e vasalos do arcebispo –o Conde aínda non proclamara ó seu fillo-  son abandonados a súa sorte.

[214] Naturalmente, Vasco de Aponte ofrece outra versión, que xustifica o cambio de bando do xefe dos Moscosos porque "despues que el conde fue metido bien en arçobispado quisiérale este... tomar Trastamara" que tiña usurpado don Bernal, Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia, p. 174.

[215] Un ano despois, o 11 de xuño de 1461, falece Pedro Álvarez Osorio, I Conde de Trastámara, en ámbolos dous casos as fontes suxiren como causa o envelenamento, ídem, p. 58; Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VII p. 245.

[216] ídem, p. 238

[217] Tamén os Osorio de Trastámara: o fillo principal do Conde, Alvar Pérez Osorio, herdará o titulo, será nomeado I Marqués de Astorga por Henrique IV, a quen apoiará na guerra civil (1465-1468), como tamén á Santa Irmandade de Galicia (1467-1469), sen que este sostén ós irmandiños se vexa demasiado afectado pola radicalidade da revolta, morre en 1471 defendendo a vila de Sarria do Conde de Lemos ("Revuelta de los irmandiños. Los gorriones corren tras los halcones", p. 458); o segundo fillo, Luis Osorio, frustrado arcebispo compostelán foi logo bispo de Jaén e morreu de vello (1496); por último, o terceiro fillo, Pedro Osorio, o capitán irmandiño, casará despois coa herdeira dos seus inimigos Moscoso, coa a que tivo dous fillos, un foi  IV Conde de Altamira e o outro bispo de Astorga, Eduardo PARDO DE GUEVARA, Los señores de Galicia. Tenentes y Condes de Lemos en la Edad Media, A Coruña, 2000, tomo II, p. 21.   

[218] A documentación utilizada e o ámbito urbano deste traballo non nos permiten coñecer como se chega á intervención masiva do campesiñado, artesanado e xente do mar, factor clave para entender ó éxito fulgurante de 1467; fenómeno inédito que inclina ás burguesías urbanas á coalición coa xente común, escarmentados da limitación que supuxo anteriormente ó xogo dos bandos señoriais; novas alianzas de orde popular que favorecerá, doutra banda, o amparo de El-Rei ós irmandiños e a crenza na santidade da súa obra.

[219] Véxase Carlos BARROS, "As orixes medievais da Xunta de Galicia" (https://www.h-debate.com/cbarros/spanish/xunta.htm).

[220] "Os irmandiños de Galicia. A revolta en Pontevedra", pp. 39-41.

[221] Así e todo, este rei Henrique mal chamando "o Impotente" está precisado dunha reivindicación historiográfica que arrombe os prexuízos negativos acumulados por causa da súa manifesta homosexualidade, e a marca que os intereses políticos dunha nobreza feudal decadente na Coroa de Castela deixou marca nas crónicas  de Henrique IV e os  Reis Católicos.

[222] Véxase se non o cruce de cartas entre a Xunta de Betanzos e  Don Henrique no traballo citado na nota 219.

[223] A acción antifortaleza e antiseñorial de iniciativa popular durou desde a primavera de 1467 á primavera de 1469, sendo determinante no proceso de transición da Idade Media á Idade Moderna que tivo, en Galicia, trazos ben específicos.

[224] Véxase  a nota 45.

[225] Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia, pp. 224, 226.

[226] Véxanse os episodios de Palmeira e A Lanzada en "Os irmandiños de Galicia. A revolta en Pontevedra".

[227] A alianza no norte de Galicia entre  os irmandiños e o reconciliado Fonseca pasa por Alonso de Lanzós, que logo devólveulle o favor a  Fonseca participando, preto de Compostela, na batalla de Altamira de 1471.

[228] "Revuelta de los irmandiños. Los gorriones corren tras los halcones", p. 457

[229] ídem, p. 458

[230] ídem, p. 457

[231] En xullo de 1469 xa tomara posesión don Alonso de Fonseca, segundo calcula Antonio López Ferreiro, da Mitra de Santiago co permiso do concello e do cabido irmandiños, Galicia en el último tercio del siglo XV, p. 51.

[232] Véxase ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, pp. 137 ss.

[233] Temos para nós que Fonseca, en realidade, confirma os alcaldes previamente elixidos polo concello de Noia, distintos dos habituais postos polas familias que viñan controlando os cobres de Noia, probablemente porque a nova situación promovera novos líderes...

[234] Tres meses antes, o 3 de outubro de 1468,  informa o Cabido de Santiago: "Por quanto ao presente o señor arçobispo nen seu provisor nin outros ninguus, non estavan  en esta cibdad et arçobispado de Santiago et regno de Galicia",   Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VII p. 255; o concello de Noia podía libremente nomear ós seus alcaldes, e así se viña facendo, indibudablemente, en toda a Terra de Santiago, ó optar a Santa Irmandade -e por conseguinte o cabido- por non  substituír os señores derrotados e exiliados, fóra ou dentro de Galicia.

[235] A quinta e última Xunta de Galicia tivo lugar, cara maio de 1469, en Ourense; o 3 de xuño, Pedro López da Barreira, dirixente conservador da irmandade ourensá, dicta sentencia, por encargo da  Xunta xeral irmandiña, en favor do Mosteiro de Oseira contra os campesiños que se viñan negando a pagar as rendas da barca (véxase a nota 219), proba dos apoios internos á restauración señorial ó final do bienio irmandiño.

[236] Véxase a nota 193.

[237] Véxase a nota 235; a excepción son os casos documentados de renovación de foros monacais, contratos agrarios bilaterais de indubidable "modernidade" e moito menos gravosos que as durísimas rendas feudais en especie, diñeiro e traballo.

[238]  Na medida en que nas xurisdiccións eclesiásticas medievais pódese diferenciar o temporal do espiritual (véxase a nota 4): a disciplina dos clérigos e os beneficios, cuestión espiritual á vez que temporal, foron causa de conflicto entre o cabido irmandiño e Fonseca durante o tempo do seu desterro (véxase a nota 186).  

[239] O cabido de  Ourense promove entre os seus membros un novo bispo, ó morrer o 23 de agosto de 1468 o anterior, Alonso López de Valladolid, que trataron de confirmar pola vía arcebispal, respondendo o hábil Fonseca desde Monçâo, a quen tanto lle gustaba que se recoñecesen a súa autoridade desterrada, que non podía facelo por falta de competencias pero si ratificou ó arcediago de Baroncelle, Juan González de Deza, como "vicario sé vacante", quen aparece xa como electo e confirmado o 2 de maio de 1469, Galicia en el último tercio del siglo XV, pp. 31-33; véxase tamén a  nota 188.

[240] De todas as maneiras, no momento de estalar a revolta irmandiña o poder temporal dos bispos estaba en grande parte, igual que o dos mosteiros, en mans da nobreza laica  baixo pretexto de encomenda ou como simple usurpación.

[241] A Igrexa galega foi, no seu conxunto, favorable ós irmandiños,  "O que sabemos dos irmandiños", p. 372.

[242]  Non parece que o concello de Santiago participara, tan activamente como en 1458-1460, nesta nova liorta de bandos nobiliarios, Fonseca versus Moscoso, 1461-1466, pero coadxuvará na celebrada rendición dos fonsecanos encastelados na Catedral en decembre de 1466, e a subseguinte expulsión de  Fonseca do arcebispado e reino de Galicia (véxase o documento da nota 193); os composteláns aproveitaron pouco despois a desunión dos señores para atacar as fortalezas de uns e outros; tres anos despois, se inverten as alianzas  pre-irmandiñas cos cabaleiros por outras máis permanentes con Fonseca e sucesores.

[243] O proverbio español "el que fue a Sevilla, perdió su silla", ten orixe, segundo una estendida tradición, ó intercambio de cadeiras arcebispais entre o tío e o sobriño dos Fonseca na década dos 60 do século XV; a súa interpretación literal  (contra o que se entende hoxe en día) sería que o Fonseca sobriño, nomeado polo Papa –sen acordo do cabido, recordemos, que apoiaba a Luis Osorio- arcebispo de Santiago en 1460,  deixa que seu veterano tío -cuxo lugar ocupa momentaneamente en Sevilla- tome posesión polas armas en Compostela, non sendo capaz de facelo por el mesmo en 1464 cando volve de Sevilla. 

[244] Nin o contemporáneo Rui Vázquez, nin no nobiliario de Vasco de Aponte ou o preito Tabera-Fonseca, Noia aparece máis que como un escenario dos feitos, ocupado por Fonseca con "dosçientos de a cavallo", Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia p. 176; temos para nós que Noia estivo nos anos  previos a grande irmandade agardado, sen entremeterse demasiado, por un desenlace que lle puidera favorecer dunha maneira ou doutra, por moito que os Moscoso puidera ter alí algúns potenciais partidarios (véxase a nota 290).

[245] Crónica de Santa María de Iria, p. 46; Juan Melgarejo precisa que o tivo "de mazmorra en mazmorra veinte y ocho meses", Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 290.

[246] As capitulacións asináronse seguramente a finais decembro de 1466, estando aínda preso Fonseca, pois se fala no documento "deste presente anno de sesenta e seys",  rematados os cinco meses de asedio da catedral iniciado en xullo,  Rocha Forte, el castillo y su historia, p. 105.

[247] Rocha Forte, el castillo y su historia, p. 103.

[248] Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VII, pp. 249-255.

[249] Houbo de seguro un acordo xeral sobre cando atacar simultaneamente a irmandade en toda Galicia, e logo outro máis restrinxido para xuntarse un día determinado preto de Santiago a fin de cercar a cidade, por iniciativa seica de Pedro Madruga (segundo Aponte, que esaxera  cando fai de don Pedro o artífice da "derrota" irmandiña), que envía sendas cartas desde Portugal a Fonseca e Pimentel; os tres "atopáronse" en Balmalige, antes de poñer o cerco, con 10.000 irmandiños dirixidos por Pedro Osorio, que non puido esperar polos reforzos en camiño, Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia, pp. 222-223; a centralidade de Santiago de Compostela na Galicia irmandiña resulta de novo recoñecida por este exército centro occidental da reacción señorial  simétrico ó que, conforme dixemos, organizaran as vilas e terras do arcebispado en 1467.

[250] Con menos éxito, loxicamente, nas batallas campais (A Framela, Balmalige, Castro Gondián) que ante as murallas urbanas, que serviron a maiores de baluarte para as xurisdiccións rurais; ningunha cidade ou vila irmandiña foi tomada polas armas en 1469, unhas seguiron en mans das irmandade locais, noutras pactouse cuns cabaleiros contra outros, a maioría delas concertaron antes ou despois o retorno do señor nas condicións que puideron.

[251] Ademais do caso de Noia, é salientable a dobre disposición de Pontevedra  (incursa tamén, con Muros e Noia, nas capitulacións de finais de 1466 como sospeitosa de apoiar a Fonseca) que amosa, segundo veremos (cita da nota 261), unha actitude conciliadora ante as tropas de Fonseca, pouco despois de ter recibido con grande hostilidade a Pedro Madruga e o seu exército, "Os irmandiños de Galicia. A revolta en Pontevedra", pp. 59 ss.; véxase tamén a cita da nota 261; temos para nós que no mesmo centro neurálxico da Terra de Santiago tiñan que ter algo falado, entre eles e coas outras vilas, sobre esta posibilidade alternativa, condicionada polas concesións que fixera Fonseca, vista a velocidade con que as cidades da Terra de Santiago cambiaron  a guerra pola paz.

[252] Galicia en el último tercio del siglo XV, p. 51; Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VII, p. 261.

[253] Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia, pp. 222-223.

[254] Non debemos esquecer que o derrubamento das fortalezas xa fora aprobado por Henrique IV dous anos antes, a non reedificación facilitaba por tanto as relacións de Fonseca cunha monarquía triunfante na guerra civil 1465-1468, que tamén impuxo as súas condicións á reconciliación de Fonseca cos seus vasalos: El-Rei seguiría cobrando directamente as rendas reais de todo o arcebispado, como cando estaba no poder a Santa Irmandade, o que foi así ata mentres viviu  (véxase a nota 291).

[255] De todas as maneiras, a Igrexa de Santiago sufrirá (no tempo dos Fonseca sobre todo) moita conflictividade social e a acción correctora do novo Estado monárquico para poder falar dunha modernización completa das súas estructuras sociais e políticas.

[256] O caso de control indirecto de Muros e Noia, entre 1474 e 1476, por parte de Conde de Altamira, que analizaremos máis adiante.

[257] Xa dixemos que Fonseca foi,  ata 1469, unha excepción entre os señores eclesiásticos, no tocante a súa relación coa Santa Irmandade, como grande señor feudal de Santiago vestía armadura para ir a guerra (véxase a nota 122) e participaba en asaltos a castelos como relataría marabillado unha testemuña visual da segunda toma do castelo de Outes (véxase a cita da nota 119); o sentido profundo do pacto de 1469 é, polo tanto, facer volver á arcebispado ás prácticas moderadas que lle son propias ó señorío eclesiástico en Galicia, se comparamos coa  agresiva nobreza trastamara.

[258] Véxase a nota 249.

[259] Damos por seguro que, igual que houbo xente da ría de Muros-Noia nos asaltos á Rocha Forte de 1459 e 1467, participarían  milicianos irmandiños dos portos de Compostela nas tropas que dirixiron na primavera de 1469 (un pouco deslabazadamente, todo hai que dicilo), os capitáns Pedro Osorio, Alonso de Lanzós e Diego de Lemos en defensa de Santiago e do reino irmandiño de Galicia.

[260] Sabían ben os seguidores de Santiago nas diferentes vilas e terras que os rebeldes composteláns non ían aceptar a Fonseca como señor sen importantes contrapartidas para a cidade e o conxunto do arcebispado.

[261] Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 397.

[262], Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia, p. 226.

[263] Un Juan Mariño de Lobeira, en posición contraria á de Sancha Mariño de Lobeira, actuará asemade como fiel servidor do arcebispo defendendo os restos da fortaleza de Vimianzo (onde o arcebispo estivera preso),  fronte ós cabaleiros e xente de armas dos Moscoso, Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia,  pp. 183, 187.

[264] Véxase a nota 118.

[265] Sinatura directa da que se podía dicir aquilo de "dime do que presumes e direiche do que careces", dado o carácter etéreo do titulo arcebispal de Fonseca durante a revolta irmandiña.

[266] "1586. Los vecinos y cobrados de la villa de Noya",  pp. 648, 650.

[267] O pacto de 1469 entre vasalos e señor  na Terra de Santiago non  resolvía o problema de quen exercía a administración da xustiza, e por tanto controlaba o poder político, militar e facendístico sobre as persoas, no señorío xurisdiccional máis extenso de Galicia.

[268] Como veremos logo o problema era a catedral mailas torres de Santiago,  pois as outras fortalezas estaban polo chan como a Rocha Forte e a Rocha Branca; Fonseca non tiña como algúns cabaleiros castelos  "novamente feitos", agás o Pico Sacro cuxa improvisada reedificación foi pactada cos veciños para defender as terras do Conde de Altamira.

[269] Galicia en el último tercio del siglo XV, pp. 96-97

[270] Fonseca non podía tirar pedras contra o seu propio tellado, viña de prestarlle á nova monarquía grandes servicios na guerra de sucesión (1476-1479) pola Coroa de Castela, encabezando no reino de Galicia o partido dos Reis Católicos contra o bando portugués liderado por Pedro Álvarez de Soutomaior; o que lle permitira facerse de verdade coa  Mitra e a Terra de Compostela, despois dunha ducia de anos de prisións, desterros e outras perturbacións.

[271] A Torre da Praza, principal fortaleza do sistema defensivo de Santiago, xa quedara nas mans do concello nas capitulacións de 1466  entre o prisioneiro Fonseca  e a coalición dos cabaleiros e a cidade, Rocha Forte, el castillo y su historia, p. 103.

[272] Galicia en el último tercio del siglo XV, p. 98.

[273] Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VII, pp. 304-305; o método preferido polos Reis Católicos para resolver o problema da inadecuación ós tempos modernos dos señores feudais galegos foi ofrecerlle o exilio dourado na Corte de Castela, o que foi máis doado de entender por eles logo do axustizamento de Pardo de Cela en 1483.

[274] O máis madrugador foi o concello de Noia, que encetou o conflicto con Fonseca en 1476 polo nomeamento de alcaldes, rendas e xurisdicción, cando a vila pasa do bando dos Moscoso á Igrexa de Santiago; véxase a nota 302.  

[275] Fueros municipales de Santiago y su tierra, pp. 571-572.

[276] Visto de adiante para atrás, está clara a importancia nas mentalidades colectivas da época da aceptación dos cobres irmandiños a Noia por parte de Fonseca,  cuxa situación como señor de Santiago e a súa terra era, por outro lado, moito máis desesperada en 1469 que  nos anos 80.

[277] Fueros municipales de Santiago y su tierra, p. 571.

[278] A supervivencia de Liñares e Vinagre durante tantos anos nos cargos municipais –certamente, vitalicios- que xa tiñan  en 1467, e o seu espírito de loita dúas décadas despois, é un indicativo máis da mentalidade de victoria irmandiña que terá un reflexo maioritario nas declaración orais  do preito Tabera-Fonseca cara 1526-1527.

[279] Véxase a nota 178.

[280] 400 anos na historia da vila de Noia, pp. 53 ss.

[281] Así mesmo provocada polas arelas de liberdade dunhas vilas periféricas que, coma case sempre, seguían a Compostela, onde as xustizas do concello desobedecían as xustizas do arcebispo, segundo este se queixa, de seguro que con razón...

[282] Véxase a nota 273.

[283] José GARCÍA ORO, María José PORTELA SILVA, Os Fonseca na Galicia do Renacemento. Da guerra ó mecenado, Noia, 2000, p. 310.

[284] Véxanse as notas 269, 273.

[285] Fueros municipales de Santiago y su tierra,  p. 572.

[286] As testemuñas do preito T-F declaran que o conde de Altamira tivo  Noia e Muros algúns anos, situación que remata cara 1476, Las fortalezas de la Mitra composte­lana, pp. 329, 381, 561; Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VII, p. 281.

[287] Entre 1469 e 1474, Noia e Muros militaron con Santiago no bando arcebispal-urbano contra a confederación dos cabaleiros, con apoio de El-Rei, como veremos na nota 291; despois da desaparición de  Don Henrique o bispo de Tui aparece  unhas veces con Fonseca e outras co conde de  Camiña (Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia, p. 192), ata que cae preso polos portugueses por uns sermóns en defensa dos Reis Católicos, Galicia en el último tercio del siglo XV, p. 74; en 1482, xa libre da cadea e derrotado o conde de Camiña, Fernando de Acuña restitúe Tui ó seu bispo, Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia, p. 251.

[288] Como bo señor feudal (movíase sempre cun pequeno exército, Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia, p. 25),  Diego de Muros o primeiro que fai cando "tomara y se aseñoreara de la villa de Noia" é construír unha "torre a manera de fuerza sobre la puerta de la villa",  Las fortalezas de la Mitra composte­lana, pp. 329, 381 (véxase a nota 303); por outra banda, os intereses de don Diego sobre a vila de Muros son por suposto anteriores a revolta irmandiña, e tiña para iso o sostén real: en 1465, Henrique IV lle concede 30.000 maravedís sobre as alcabalas de Muros, por razón do seu cargo como predicador e mestre de capela de El-Rei, Ramón ARTAZA, Muros. Páginas de la historia, A Coruña, 1950, pp. 91-92.

[289] Vasco Guillelmes estaba casado cunha irmá de Diego de Muros, Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia, p. 116; Ramón ARTAZA, Muros. Páginas de la historia, A Coruña, 1950, pp. 76-79; José GARCÍA ORO,  Diego de Muros III y la cultura gallega del siglo XV, Vigo, 1976, pp. 22-23.

[290] A ausencia de Vasco de Guillelmes dos cobres de 1469 é moi significativa (tamén interesaba a Fonseca), fora elixido alcalde en 1465 reaparecendo na Noia pos-irmandiña, en 1480, de novo como alcalde, Páxinas históricas de Noia,  pp. 128-129.

[291] Henrique IV revocara, antes de morrer en 1474,  á concesión de 150.000 mrs. Pedro Madruga –tamén inimigo de Fonseca- situada sobre as alcabalas de Pontevedra. Vigo e Redondela (que foron reconquistadas por Fonseca catro anos despois, gobernando os Reis Católicos, véxase a nota 295),  Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VII, pp. 277, 281; por contra, entre 1469 e 1474, sigue a funcionar a alianza anti-arcebispal entre El-Rei dos irmandiños e "la çibdade de Santiago y de las villas de Noya e Muro y Pontevedra e de las otras villas y lugares y tierras llanas del arçobispado de Santiago", no tocante ó cobro de alcabalas e outras rendas do Rei que os concellos e lugares pagaban  directamente a Fernando Pareja, adiantado de Henrique IV no reino de  Galicia, como probable consecuencia do grande pacto explícito e implícito de 1469, desde xeito bendicido polo Rei; sabemos desta anomalía, porque unha vez Fonseca levanta a bandeira de Isabel e Fernando, estes ordenan o 14 de setembro de 1476 que o arcebispo pase a cobrar directamente ditas rendas, como era habitual noutros señoríos, unha medida máis para repoñelo como señor pleno de Santiago e a súa terra, Os reis e Noia,  pp. 19-22; en suma, Fonseca terá que esperar ós Reis Católicos para ter o apoio da monarquía que non tivo con Henrique IV, nin sequera despois da grande irmandade consentida por  Don Henrique e combatida por Fonseca.   

 [292] Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VII, p. 261.

[293] Sumado ó que tivo lugar en 1469 co fin de poñer do seu lado os irmandiños, anunciado nos cobres de Noia con anterioridade á batalla de Balmalige, a recuperación plena –relativamente- do apoio real por parte de Fonseca explica o florecemento no final da Idade Medida da Igrexa de Santiago, que atravesará toda a Idade Moderna e tan mal soubo comprender e agradecer o antifonsecano, antiirmandiño e absentista arcebispo Juan de Tabera en 1526.

[294] En consecuencia Fonseca acepta, a diferencia do Conde de Altamira e restantes cabaleiros da Terra de Santiago, a nova "Hermandad" de 1476 "desde el Miño hasta el mar, que fue facer al Rey y a la Reyna  señores de aquel Reyno" (asegura Zurita),   Galicia en la Baja Edad Media.  Iglesia, Señorío y Nobleza, p. 138.

[295]  Os cabaleiros usurpadores tamén eran do partido dos Reis de Castela e Aragón, salvo no caso de Pontevedra e as vilas do sur, onde se xuntaba o problema político coa disputa señorial: os seus ocupantes e defensores, pro-Portugal, dirixidos por Pedro Madruga, sufrirán varios cercos e asaltos non volvendo ata 1478 á xurisdicción da Igrexa de Santiago, Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia, pp. 229-236.

[296] Cómpre lembrar que, nove anos antes, sendo mozo Lopo Sánchez de Moscoso andaba por Padrón de flamante capitán irmandiño axudando ós vasalos a derrocaren os castelos de Fonseca, véxase a nota 104.

[297] Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela, VII, p. 281.

[298] A toma de Outes polo home de Sancha Mariño de Lobeira é anterior a 1474, na primeira fase por tanto da loita pos-irmandiña polas xurisdiccións rurais; a reconquista por parte dos veciños  co apoio de Fonseca é posterior a 1476 (véxase a nota 118).

[299] As diferencias de talante e medios utilizados, segundo o tipo de intermediarios  (oligarquía vilega / nobreza rural, Diego de Muros / García Martínez), explica a maior virulencia a acción dos Mariños de Lobeira  desde o castelo de Outes.

[300]  Fernando de PULGAR, Crónica de los Reyes Católicos (Juan de MATA CARRIAZO, edit.), Madrid, 1943, p. 433.

[301] Coas excepcións provisorias acordadas cos vasalos, como a mencionada do castelo do Monte Sacro (Boqueixón), "necesario" para combater a fortaleza de Cira en mans de García Martínez de Barbeira en nome de Moscoso.

[302] Archivo de Simancas, Registro General del Sello, VI-1476, fol. 453; VII-1476, fol. 529-530; neste preito os Reis esixen especialmente que se garden as formas do procedemento (non é algo gratuíto, facía tempo que a violencia invadira en Galicia as relacións sociais) respectando, dunha banda, o dereito dos veciños á apelar á Corte e, da outra, o dereito do arcebispo a que se tomen en consideración as súas probanzas.

[303] Coidamos que é a torre (véxase a nota 288) que Diego de Muros mandou construír, entre 1474 e 1476,  como signo do novo poder en Noia que serviu para reforzar as defensas da vila, "sobre la puerta de la villa questa hazia la parte del rio que aun oi dia se paresçe  donde la hizo", Las fortalezas de la Mitra composte­lana, p. 381; nun coñecido plano da muralla de Noia (1597) aparece, cara ó río Traba, esta torre (feita desaparecer en 1627 polo seu estado ruinoso) facendo de esquina no muro, fronte ó Hospital do Espírito Santo ou Hospital de Afora, A Noia da Memoria, pp. 46, 51, 70; véxase tamén  Álvaro de las CASAS, Cementerio de Noya, Santiago, 1936, p. 21; con anterioridade, hai unha referencia de 1469 doutra torre no barrio Ribeiro Grande, fóra das murallas, noutro extremo da vila,  "que dizen de Domingo Caçurro", que debeu ser parte tamén das defensas urbanas, tampouco foi derribada pola revolta de 1467, Anselmo LÓPEZ CARREIRA, A cidade medieval galega, Vigo, 1999, p. 137.

[304] Véxase a nota 290.

[305] Isabel a Católica que amparaba a Fonseca para recobrar Muros e Noia (cousa que os cidadáns só aceptan en determinadas condicións) tratar a axudar ó proceso concedendo un seguro, o 21 de xuño de 1476, a "la dicha villa de Noya e a sus mugeres e fijos e criados e a sus bienes en mi garda e so mi seguro e anparo e defendimento real" contra "algunos cavalleros e otras personas" (Os reis e Noia. Documentos reais, p. 18), que non podían ser outros que Moscoso e a súa xente, García Martínez de Barbeira e os Mariños de Lobeira, armados e emboscados  no pico de Outes.

[306] Véxase a nota anterior.

[307] Véxase a nota 297.

[308] Simancas, RGS, VI-1478, fol. 111.

[309] Esta sen investigar na documentación de arquivo en que medida retornan coa anarquía nobiliaria, nos tempos pos-irmandiños, os agravios e danos, forzas e mortes de responsabilidade señorial, que fixeron estalar a insurrección xeral de 1467; seguramente non tanto como anteriormente, pola destrucción sistemática e masiva que fixeron os irmandiños das fortalezas "niños de malfeitores", a propia  inestabilidade e división dos señores e o medo destes a provocar outro levantamento xeral dos vasalos, algo moi presente en tódalas  confederacións nobiliarias desde 1471 (Carboeiro) ata 1520 (Melide).

[310] O problema das víctimas civís non se deu, sen embargo, durante a guerra civil castelá 1465-1468, gracias ó poder irmandiño que eliminou –ou expulsou de Galicia- os exércitos señoriais e puxo o Reino do lado do rei lexítimo, algo que Henrique IV agradeceu aprobando o feito consumado dos  masivos derrocamentos,  e que non esqueceu mentres viviu.

[311] Hai que sinalar que a conflictividade entre vasalos e señores neutralizaba a miúdo o servicio militar como obriga feudal; o caso máis soado foi a negativa en 1458 dos cabaleiros feudatarios do arcebispo Rodrigo de Luna a ir a guerra de Granada, punto de partida dunha rebelión social que se estendeu ás cidades e terras de Santiago, Rodrigo de Luna. Estudio histórico, pp. 28 ss.

[312] Logo de revolta, Alonso de Lanzós foi posiblemente o dirixente militar máis consecuente e respectado polos ex-irmandiños populares, se comparamos co cambiante Diego de Lemos e mesmo con Pedro Osorio, sucesor nin máis nin menos que de Lope Sánchez de Moscoso no Condado de Altamira, polo seu matrimonio coa súa tía Urraca de Moscoso e Castro, viúva de Lope Pérez de Mendoza, outro simpatizante irmandiño (véxase a cita da nota 77).

[313] Os Reis Católicos ofrecen seguridade ós veciños de Noia en 1476 (véxase a nota 305) pero tamén en 1487, respondendo o concello cunha axuda económica en 1489 para a guerra de Granada, Os reis e Noia. Documentos reais sobre Noia, pp. 18, 22, 26.  

[314] A causa da hostilidade que desataron ó final da Idade Media en Muros e Noia, os Mariño de Lobeira construíron, ás portas da Idade Moderna, un novo espacio de poder rural entre ambas vilas, como xa dixemos, que xirará ó redor dun pazo fidalgo (construído despois da perda do cumio roqueiro de Outes), base dun núcleo urbano que servirá de base para o marquesado da Serra no Antigo Réxime e logo ó actual concello da  Serra de Outes (véxanse as notas 80  e seguintes).

[315] Axustizado precisamente en Noia, a mediados do século XIV,  "porque fue desobediente al rey" (Afonso XI), Recuento  de las casas antiguas del Reino de Galicia, Santiago, 1986, p. 101 (véxase a nota 10).

[316] Véxase a nota  146.

[317] Os representantes de Tabera no preito din que o castelo de Outes "hera muy nesçesario e inportante para la conserbaçion y defensa de los vasallos del alfoz de Muros y para morar los feudatarios"; mentres que as testimuñas fonsecanas de Noia aseguran o contrario, acusando a  García Martínez  que desde Outes facía "mal y robos y se aseñoreaba todo el reino [mención o seu papel como capitán dos Moscoso nas guerras feudais] en que mandaba todos los basallos de dicho alfoz [de Muros] ansi los de la tierra del dicho arzobispo de Santiago como los de Suero Gomez y de otros hidalgos del dicho alfoz, salbo los del conde de Altamira porque bibia con el" (Las fortalezas de la Mitra composte­lana, pp. 31, 566); un dos usos malfeitores máis espallados das fortalezas como base xurisdiccional era apropiarse dos vasalos doutros señores que vivían nos seus arredores.

[318] El arzobispo de Santiago: una instancia de poder en la Edad Media (1150-1400),  p. 204; no século XII, a casa señorial principal en Noia son precisamente os descendentes de Pedro Froilaz, que emparentan no século XIII cos Mariño, Blasones y linajes de Galicia, III, p. 266; vexánse tamén as notas 34, 40.

[319] Véxase a nota 305.

[320] Durante os dous anos de revolta irmandiña  xeneralizouse o impago das rendas xurisdiccionais ó señor (¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, pp. 246 ss), costume que se prolongou no anos posteriores en vilas e lugares por unha nova resistencia antiseñorial favorecida polas  guerras interseñoriais e a actuación do novo Estado.

[321] Galicia en los siglos XIV y XV, II, p. 277.

[322] Os Mariños de Lobeira, señores de Serra de Outes, pp. 84-86, 109-137.

[323] Galicia en el último tercio del siglo XV , pp. 89-92.

[324] Os populares axudarán con moito gusto –revivindo xeitos irmandiños- ós primeiros gobernadores dos Reis Católicos, cuxa soia presencia veu a equilibrar unha loita de crases descompensada en favor da nobreza nos anos 70.

[325] Coma tantas veces da historia o triunfo (permanente) a reforma vén despois do trunfo (provisorio) da revolución.

[326] Véxase Laura FERNÁNDEZ VEGA, La Real Audiencia de Galicia, órgano de gobierno en el Antiguo Régimen (1480-1808), tomos III e III, A Coruña, 1982.

[327] Simancas, Cámara-Pueblos, 14 s/f.

[328] Os Fonseca na Galicia do Renacemento, pp. 349-355.

[329] Galicia en los siglos XIV y XV, II, p. 196.

[330] Véxase a nota 23  e seguintes.

[331] Véxase a nota  30.

[332] Memorias del Arzobispado de Santiago, p. 328

[333] La Real Audiencia de Galicia, p. 156.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad