Imprimir
Twittear

Publicado en:

 

Galicia xud�a *

 

Carlos Barros

Universidad de Santiago de Compostela

 

Segundo Am�rico Castro, cristi�ns, mouros e xudeus constituiron Espa�a na Idade Media, �poca hist�rica polo demais decisiva para a formaci�n nacional de Galicia, anque non poidamos falar neste caso tan claramente dunha converxencia de tres culturas, sobre todo se consideramos a pr�cticamente nula presencia �rabe na Galicia medieval.

 

D�se a aparente paradoxa de que non houbo mouros na Galicia hist�rica pero eles est�n ben presentes na mentalidade popular como mouros imaxinarios, os seres m�ticos que habitan nos castros; mentres que si houbo xudeus galegos e non obstante se recordan hoxe en d�a como algo alleo a n�s, cando non como unha maneira de escarnecer e maldicir a este ou a aquel. Con esta exposici�n queremos contribuir � recuperaci�n da nosa historia real, � dicir, plural.

 

Xuder�as

 

As comunidades xud�as na Galicia medieval foron pouco numerosas pero abondo significativas na vida social de concellos como Ourense, Ribadavia ou Allariz. De conservarse m�is documentaci�n municipal daquel tempo de seguro que confirmariamos noutras cidades (A Coru�a, por exemplo) a influencia econ�mica e pol�tica xud�a. As� e todo a consecuencia m�is salientable da presencia dos xudeus no medievo galego est� nas mentalidades colectivas.

 

Conforme imos na Pen�nsula cara o Norte e o Oeste dismin�e o n�mero de xudeus, se ben dispomos de m�is datos sobre Galicia que sobre o resto da cornisa cant�brica. No tocante � tama�o, as xuder�as galegas sem�llanse, por tanto, m�is a Europa ca Espa�a, e cando en 1391 principian as matanzas de xudeus en Andalucia, Castela e Arag�n, Galicia seguir� fidel � tradicional tolerancia medieval entre cristi�ns e xudeus ata uns anos antes do edicto de expulsi�n de 1492.


Precisamente nas listas de impostos reais de 1474 a 1491 aparecen comunidades xud�as en Allariz, Baiona, Betanzos, A Coru�a, Monforte, Ourense, Pontedeume, Ribadavia e Ribadeo (suarez, 65ss). Outras fontes medievais nos falan de xudeus en Tui(libro pdra 49), Lugo(onega 666,202), Pontevedra(BCML II 246-7)... Est�n documentada asimesmo presencia xud�a no mundo rural nos cartularios dos mosteiros de Celanova (s�culo XI) e de Sobrado.

 

Xudeus en Compostela

 

En 1492, do arcebispo de Santiago depend�a a xuder�a de Cacabelos no Bierzo(monsa, teo, 75), �hab�a tam�n xudeus na mesma Compostela medieval? O m�is importante historiador dos xudeus na Espa�a cristi�, Yitzhak Baer, deixou escrito que no lugar santo para toda a Cristiandade onde se �a pregar na tumba do ap�stolo, s� no s�culo XV hai constancia da existencia de xudeus e en n�mero escaso(I, 155). En calquera caso, o Cami�o de Santiago, cosmopolita, estivo aberto �s xudeus que sin d�bida o percorreron: no C�dice Calixtino o Papa Le�n interr�gase como pode haber algu�n no mundo que non desexe ampararse no patrocinio de Santiago e pasa lista a t�dolas naci�ns -maiormente b�rbaras- que est� a vir a Compostela, significativamente comeza polos francos e remata cos xudeus e as demais xentes innumerables de t�dalas l�nguas(Onega, 155; confirma a existencia de xudeus peregrinos un himno de s�culo XI en lat�n, grego e hebreo que o padre Fita publicou hai anos(idem 663) e m�is unha l�pida atopada en Le�n onde, en hebreo, se conta como un xudeu foi asasinado no Cami�o de Santiago na �poca de Xelm�rez(idem187). Chegando � catedral os peregrinos xudeus pod�an contemplar no P�rtico da Gloria, e na Porta de Plater�as(idem 599), �s seus patriarcas Mois�s e Aar�n; �s seus profetas Isa�as, Xerem�as, Oseas, Xoel, Amos, Abd�as; o rei David; e outras imaxes que representan � pobo xudeu de forma ben diversa � estereotipo antisemita que ve�a ante todo no pobo de Israel o pobo deicida que crucificou � fillo do Deus. Outro signo m�is da tolerancia mutua entre �mbalas d�as relixi�ns do libro no reino medieval de Galicia.

 

Pasado o tempo, en pleno rigor inquisitorial, no s�culo XVII, Santiago de Compostela ser� a �nica s� galega que te�a un estatuto de limpeza de sangue que obrigaba a t�dolos aspirantes a entrar no cabido da Catedral a demostrar que non ti��n sangue de xudeu ou converso na s�a linaxe(idem 569)...

 

Pegadas


 

Das referencias �s xudeus galegos que tiramos nas fontes narrativas, compre subli�ar o que di o cronista Froissart, que vi�a na compa�a das tropas do Duque de Lancaster que toman Ribadavia en 1386: As� foi a vila de Ribadavia ga�ada � forza, e houberon os que al� entraron, gran bot�n de ouro e plata en especial nas casas dos Xudeus. A impresi�n que sacou o cronista franc�s da importancia da xuder�a ribadaviense levoulle a esaxerar notoriamente o n�mero de xudeus (1.500).

 

Tocante �s restos materiais, cons�rvanse ( Kervyn de LETTENHOVE, ed., Oeuvres de Froissart. Chroniques, tomo XII (1386-1389), Bruselas, 1981, p. 86.)tres l�pidas do cemiterio xud�o de A Coru�a, anteriores � s�culo XII, con inscripci�ns hebraicas de tres difuntos chamados dona Xusta, dona �eti e Abrah�m(onega 611). Por contra, nada sabemos do que se topou en 1500 � se remover o cemiterio xudeu de Allariz (tumbas de pedra en forma de cadeira, l�pidas en hebreo, restos de corpos en posici�n sedente con vestiduras rituais e xoias de ouro e prata). Dende o punto de vista arqueol�xico est� a�nda todo por facer respecto �s cemiterios e sinagogas xud�as en Galicia.

 

Referencias documentais axudaron a localizar o edificio da sinagoga (na r�a que vai da Praza Maior � igrexa da Magdalena) e do barrio xud�o de Ribadavia (entre o castelo e a muralla).

 

Noutros lugares de Galicia o recordo da existencia xud�a est� ben patente na toponimia. Perto de onde se toparon as l�pidas coru�esas, na cidade vella, temos unha r�a chamada Sinagoga(onega 612); parecida proximidade cemiterio-casa do oraci�n se da en Allariz, onde � popularmente co�ecida como Sinagoga a r�a Ace�as(Cid 266). Unha aldea da parroqu�a de Caberta (Mux�a) ten o nome de Sinagogavoz 11-5-91), e asimesmo fincas en Sobrado e Doncide (parroquia de Silva-Pol)(onega 150). Existen outros top�nimos que probablemente fan referencia a unha presencia hist�rica xud�a: a r�a Bautizados en Santiago, o lugar de Si�n na parroquia Ribeiras do Sor(onega 150), etc. O mesmo poderiamos dicir da antroponimia: moitos dos nomes b�blicos (David, Salom�n, Mois�s, Abrah�n, Jacob..), que no documentaci�n medieval ourens� e lucense, por exemplo, pertencen a xudeus, seguen en uso hoxe, outros se perderon como Yud� e Donouro.

 

Galicia tolerante


Un s�rtego coa estrela de David e outras inscripci�ns significativas, atopado en Vilar de Servoi, permit�nos datar a existencia de xudeus en Galicia dende o s�culo IV ata finais do s�culo XV. Estamos en condici�ns de afirmar que a tolerancia dominou durante un milenio as relaci�ns entre (lovelle)cristi�ns e xudeus. Xa o fixeron notar outros autores que escribiron sobre os xudeus galegos como a nota m�is orixinal do paso do pobo escollido do Antigo Testamento pola Nosa Terra. Dicimos tolerancia porque coexiste con manifestaci�ns de antixuda�smo (e pola outra banda, de anticristianismo), que se mante�en a niveis soportables. Este dominio da hostilidade por parte da convivencia f�xose patente no s�culo XV: entrementres se reproduc�an c�clicamente pogroms no resto da pen�nsula no reino de Galicia no s� continuaron as relaci�ns pac�ficas sen�n que nalg�ns lugares se incrementaron. En Galicia non te�en lugar nin matanzas populares de xudeus nin conversi�ns forzadas � cristianismo (ata o grande �xodo de 1492).

 

Existe un documento exemplar asinado o 20 de maio de 1289 polo concello de Allariz e os seus p�rrocos, didiante do representante real na vila, con Isaac Ismael, Xudeu Maor dos xudeus moradores en esta vila, para regular a convivencia pac�fica de cristi�ns e xudeus. Moito desp�is, cando se agudizan as tensi�ns sociais a tolerancia chega a se transmutar en fraternizaci�n. No Ourense do ano 1457 na festa de boda dun fidalgo ourens�, os cristi�ns invitan �s xudeus, contradecindo a lexislaci�n vixente, e conquiren ademais a reconciliaci�n de d�as familias xud�as enfrontadas; dez anos despois, en 1467, a direcci�n local dos irmandi�os bota un preg�n para que leigos e cl�rigos, jud�os e mouros,

fosen derribar o castelo Ramiro. Xa nos anos oitenta, o concello de Ourense se resiste a aplicar o decreto que obrigaba a afastar �s xudeus na r�a Nova (alg�n deles se refux�a en 1488 en Allariz para evitar dita marxinaci�n). As� ata 1492.


Os Reis Cat�licos decretan o 31 de marzal de 1492 a expulsi�n nos reinos de Castela e Arag�n de t�lolos xudeus que non se quiseran bautizar. Temos para n�s que os m�is dos xudeus galegos se converteron � cristianismo, e seguiron a practicar clandestinamente a s�a relixi�n coa conivencia dos seus veci�os cristi�ns. Outros se exiliaron para non renegar p�blicamente da fe dos seus maiores. As� o prateiro coru��s Isaac foi denunciado en 1493 por embarcarse para o exilio con ouro, prata e demais tesouros, o que estaba prohibido; non foi o �nico caso, os representantes reais en A Coru�a, as� coma mercaderes e capit�ns de barcos do seu porto, resultaron ser c�mplices da fuxida clandestina de xudeus galegos e doutros lugaresa. Na li�a dunha tradici�n de convivencia que chocaba en Galicia coa tradici�n de persecuci�n que tentaba impo�er o sonado decreto estatal e mailo establecemento da Inquisici�n. Faltaba en Galicia unha corrente de antisemitismo popular que servese � Santo Oficio e � novo Estado para apoiar e xustificar a s�a laboura depuradora.

 

A Inquisici�n en Gal�cia

 

No reino de Galicia podemos considerar instalada a Santa Inquisici�n cara 1574 (o Tribunal de Santiago foi o �ltimo en establecerse)( CONTRERAS, Jaime, El Santo Oficio de la Inquisici�n en Galicia (poder, sociedad y cultura), Madrid, 1982, p. 60.), case un s�culo despois da s�a fundaci�n en Castela. Un reflexo serodio pois do desfase medieval entre unha Galicia tolerante e unha Castela medieval cunha tendencia m�is marcada � antixuda�smo. A resistencia galega � Santo Oficio � global, duradeira e nun principio bastante efectiva. Ademais dunha constante e difusa resistencia popular( CONTRERAS, Jaime, �p. cit., pp. 681-685; LIS�N TOLOSANA, C., �p. cit., pp. 27 ss.), a Inquisici�n que vi�a de Castela ten m�ltiples enfrontamentos cos concellos, os oficiais reais e a propia Igrexa galega( CONTRERAS, J., �p. cit., pp. 23 ss., 35-39, 57 ss.). De feito o Tribunal non afronta decididamente en Galicia o problema dos xudaizantes ata que os inmigrantes portugueses obrigan a tomar, no s�culo XVII, cartas no asunto( CONTRERAS, Jaime, �p. cit., 467, 591-592, 599-604.). � dicir, que despois da conversi�n forzosa de 1492 trascorre casemente un s�culo antes de que sexan reprimidas as pr�cticas relixiosas e os costumes dos nosos xudeuconversos.

 

O proceso inquisitorial de Ribadavia (1606-1609) encetou coa denuncia feita por Jer�nimo Bautista de Mena contra 200 veci�os (inclu�da a s�a familia) que xudaizaban e rematou coa condena de 42 deles. Entrementres o tal Jer�nimo, que chegara a estudiar a lei de Mois�s nas sinagogas de Venecia, Pisa e Sal�nica, un gran mals�n (traidor) por tanto para os seus, apareceu morto na vila. As pr�cticas denunciadas foron: no traballar e vestir roupa limpa o sabado (o d�a santo xudeu), encender o candelabro e cambiar a muda da cama a v�spera, non comer carne de porco, desangrar a carne, xaxuar en setembro, etc. O grupo m�is numeroso dos xudeuconversos condenados na vila do Avia eran x�ves de 20 a 30 anos; o 77% dos inculpados eran de Ribadavia e doutros lugares de Galicia, e o 23% portugueses; en total, entre 1492 e 1606 a relixi�n xudaica se practicou e transmiteu de pa�s a fillos, m�ntendose para tal fin unha boa relaci�n coas sinagogas de Italia,

Grecia e Francia (Baiona)(Jos� Ram�n, Os xudaizantes de Ribadavia). Sobra dicir que a maior�a dos xudaizantes ribadavienses detentaban certa posici�n social: mercadores, rexidores, funcionarios, m�dicos, boticarios, abogados, estudiantes...

 

 


En 1680, no Auto Xeneral de Fe celebrado en Madrid participan 21 xudaizantes veci�os de Galicia, aqu� son maior�a os procedentes de Portugal (como Juan Bautista Pereira, 37 anos, tratante, natural de Monforte de Lemos pero orixinario de Portugal)(Onega 506).

 

Existen tam�n casos de cristi�ns vellos convertidos � xuda�smo, Caro Baroja deu noticia dun cl�rigo da catedral de Ourense, Jacinto V�zquez Arauxo, que en 1687 declarou a s�a crencia na lei de Mois�s, sendo de contado denunciado, foxe a pe en direcci�n a Madrid, pero fica preso pola Inquisici�n perante a cal declara voluntariamente por escrito, o que non lle librou m�is tarde da tortura porque non quer�a enmendarse. Confesou valerosamente Jacinto que aunque toda su familia han sido Christianos viejos, este confte. quiere ser Jud�o nuevo. Non ti�a moitos co�ecementos da relixi�n xud�a, salvo o que aprendera nun panfleto antisemita que lera, pero reinvindicaba que en defensa desta Ley de Moyses se han sacrificado muchos hombres que a quemado el Santo Oficio de la Inquisici�n y mujeres que con ser del sexo fragil y pusilamines se han arrojado a las llamas. O noso xudeu novo cumpr�a a s�a maneira cos ritos xudaicos -mesmo no c�rcere inquisitorial- e ped�a a Deus nas s�as oraci�ns libertade e piedade para o pobo de Israel repartido por varias partes del mundo, y perseguido de los cristianos y otras naciones, adicando os seus xax�ns �s m�rtires da Inquisici�n. Logo de torturado, teimoso, berraba que quer�a morrer na lei de Mois�s. Como voltaba sempre a s�a fe no xuda�smo, coidaban que estaba tolo e mandaron vir �s medicos que sen embargo acreditaron que estaba no seu san xu�cio. A finais de 1688 foi condenado a cadea perpetua e a levar o sambenito, degradado verbalmente, perdeu os seus bens e o seu h�bito. Un persoaxe extraordinario(onega 507) dino da nosa memoria colectiva.

 

 

Tradici�ns


 

A imaxe negativa dos xudeus en Galicia � un fen�meno moderno, vinculado � persecuci�n levada a cabo pola Inquisici�n nos s�culos XVII e XVIII; � ent�n cando empezan a correr historias imaginarias de rituais anticristi�ns: sacrificio dun neno cristi�n (Lugo), imaxes de Cristo azoutadas (Monforte, Ribadavia), profanaci�n de hostias consagradas (Ourense). (otro admitido)Falsas acusaci�ns que propagaron a mala fama do xudeu, que pasou a considerada palabra inxuriosa e malsonante. Anque tam�n a Inquisici�n tivo moi mala sona en determinados medios populares e cultos do Antigo R�xime.(Lis�n) Tradici�n alternativa que deu lugar no s�culo XIX a celebraci�ns reivindicativas do pasado xudeu e xudeuconverso de Galicia.

 

A m�is co�ecida � a festa da Historia de Ribadavia, que ti�a lugar en setembro, cando a Virxe do Portal, e consist�a na representaci�n por parte dos veci�os dun episodio da historia do pobo de Israel, como a batalla contra os filisteos, onde morre o rei Sa�l, berrando ent�n a t�dolos presentes o director da pantomima: Llorad, hijos de Jerusalem, la muerte de vuestro rey Sa�l; segundo conta Meru�ndano(p. 22). A Festa da Historia foi recuperada recentemente. En 1992 se representou o proceso inquisitorial de 1606-1609 e a morte do mals�n Jer�mino Bautista de Mena. En 1993 se representou una boda xud�a.

 

 

 

 

 

Bibliograf�a

 

ALONSO F., Benito, Los jud�os en Orense (siglos XV al XVII), Bolet�n de la Comisi�n de Monumentos de Orense, tomo II, 1904.

 

BARROS, Carlos, O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega, Actas do Congreso Internacional Xudeus e Conversos na Historia (Ribadavia, outubro 1991).

 

CONTRERAS, Jaime, El Santo Oficio de la Inquisici�n en Galicia. (Poder, sociedad y cultura), Madrid, Akal, 1982.

 

DEA�O, Carlos, Jud�os, Gran Enciclopedia Gallega, tomo XVIII, 1974.

 

ESTEVEZ, Jos� Ram�n, Os xudaizantes de Ribadavia, Actas do Congreso Internacional Xudeus e Conversos na Historia (Ribadavia, outubro 1991).

 

FILGUEIRA VALVERDE, Xos�, Os xudeus nas Cantigas de Santa Mar�a, Actas do Congreso Internacional Xudeus e Conversos na Historia (Ribadavia, outubro 1991).

 

L. QUIROGA, Jorge, R. LOVELLE, M�nica, �Un testimu�o da presencia xud�a en Galicia na temprana Idade Media?, Actas do Congreso Internacional Xudeus e Conversos na Historia (Ribadavia, outubro 1991).

 

L�PEZ CARREIRA, Anselmo, Os xudeos en Ourense no s�culo XV, Bolet�n Auriense, tomo XIII, 1983.

 

MERU�NDANO, Leopoldo, Los jud�os de Ribadavia (1915), Lugo, Alvarellos, 1981.

 

ONEGA, Jos� Ram�n, Los jud�os en el Reino de Galicia, Madrid, Editora Nacional, 1981.

 

 



* Galicia xud�a, Santiago, Concello de Santiago, 1994, 29 pp. (Folleto de la exposici�n en el Pazo de Benda�a, abril/mayo de 1994).

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad