Santiago �lvarez, labrego de
Valdeorras*
Carlos Barros
Universidade de Santiago de Compostela
Co�ec�n en persoa a Santiago �lvarez no mes de Nadal de
1968 en Par�s, �s poucos meses do meu retorno de Madrid, onde militaba no
comit� da organizaci�n universitaria do PCE, a fin de participar no congreso
fundacional do Partido Comunista de Galicia.
��������������� Por nada quer�a eu
perderme tan grande acontecemento: adiantara a mi�a viaxe, a primeira dunha
clandestinidade que durar�a a�nda� case
que dez anos, por causa dunha ca�da dun mozo de Barreras
relacionado no partido comigo, que logo non tivo consecuencias (o detido
aguantou ben os golpes).
Como chegara cedo, antes das festas, Lister
desculpouse de non poder levarme con el a s�a casa. O que eu quer�a � poder moverme
con liberdade nun Par�s acendido pola revolta de Maio. Comecei o meu costume de
frecuentar o Barrio Latino cada vez que �a a Par�s para as actividades do PCG e
PCE, a�nda que non era moi recomendable pola documentaci�n falsa que portaba.
��������������� Disimulaba ben, ti�a
22 anos e pinta de estudante, naquel ent�n non me v�a doutra forma. Sorprendeume
o sa�do de Santiago cando entramos en contacto nunha r�a parisiense (fac�a un
fr�o do demo): ��ti es o perito de Vigo, non?�. Hab�a tres anos� que sacara o t�tulo de perito industrial
electricista �pero non me esperaba que
puidese ter un valor identificador no partido. Santiago que era cinco anos m�is
vello que meu pai, estimaba ter estudos igual que o meu, preocupouse de que os seus
fillos tam�n estudaran, malia os atrancos da vida familiar clandestina en
Francia. Autodidacta por excelencia xamais esqueceu as s�as orixes labregas en
San Miguel de Outeiro, Valdeorras, onde cursou malamente estudos primarios.
��������������� Duro cami�o ata o
co�ecemento: lendo e escribindo decot�o en trincheiras, cadeas e exilios. A s�a
conciencia e responsabilidades o converteron nun intelectual at�pico pero
aplicado. Provisto da teimos�a dun campesi�o, da ambici�n cultural do marxismo
e do galeguismo, da conciencia hist�rica de saberse part�cipe dun movemento socio-pol�tico que estaba a transformar o mundo.
��������������� Na legalidade v�amonos con m�is frecuencia. Nas viaxes por carreteira
(cantas faciamos e que malas eran!) falabamos de todo, unha vez d�xome: �As
veces so�o que esperto e son de novo campesi�o�. Moi novi�o fixo a campa�a polo
Estatuto do 36 con importantes intelectuais do republicanismo e do Partido Galeguista.
�s 23 anos era xa comisario pol�tico no V Regimiento.
Logo dirixente do PCE o que o levou a ter moitas relaci�ns con movemento comunista
internacional, no poder en varios pa�ses do globo. Atopaba sempre tempo para
ler e escribir de pol�tica e de Galicia. Non � estra�o que tama�o salto lle
producira unha vertixe (nost�lxica) a resultas da excepcionalidade da v�a de
mobilidade social, pol�tica e cultural seguida. Caracter�stica dos movementos
sociais e pol�ticos do proletariado -as� diciamos-, desde os tempos de Marx e Engels, que promoveron
unha chea de dirixentes pol�ticos e mesmo intelectuais populares de primeiro
nivel. O extraordinario de Santiago �lvarez � que non era obreiro industrial sen�n
un campesi�o galego que, dalgunha forma, nunca deixou de selo, tampouco quixo.
��������������� Santiago �lvarez,
labrego de Valdeorras, organizador con Castelao das Milicias Galegas en 1936, representa
na historia contempor�nea de Galicia o que foi no s�culo XV Bartolo
da Freir�a, tam�n labrego e capit�n irmandi�o do Val do Ulla. Campesi�ado historicamente
rebelde que contrad� a imaxe, en parte interesada, duns� campesi�os galegos modernamente pasivos, individualistas
e conservadores. O que poida haber de certo no pasado s�culo, inda hoxe en d�a,
nese estereotipo v�n sendo resultado dos efectos multiplicadores na mentalidade
colectiva da represi�n franquista na Galicia rural, numericamente inferior a
que houbo nas cidades pero moito m�is efectiva e duradeira. De a� o interese
p�blico, social e democr�tico, de reivindicar no s�culo XXI estas e outras figuras
claves da historia do campesi�ado galego.
��������������� Santiago conservou
moitas das virtudes dos nosos campesi�os.�
Ante calquera problema, dic�a decote: �o sol nace todos os d�as�. Met�fora
rural� para una forma de optimismo
hist�rico que resultaba chocante para os mozos revolucionarios que nos
form�ramos nos anos 60 e 70 coas lecturas marxistas na universidade, sen previa
experiencia de vida e menos de traballo manual, que ten no campo un peculiar
concepto do tempo que combina a vontade de erguerse cada d�a (ante unha
dificultade) coa certeza de que sempre ama�ece (fe, esperanza e vitoria). Conciencia
campesi�a do ciclo da natureza que reafirmara en Santiago a confianza
teleol�xica dos militantes obreiros e campesi�os no triunfo final do comunismo
(sociedade sen clases), que no debemos confundir co voluntarismo dos xoves
comunistas urbanos daquel ent�n.
��������������� O optimismo de
Santiagui�o era asemade realista por experiencia, no agro primeiro e na pol�tica
clandestina despois. Te�o gravada no max�n aquela noite electoral do 15 de xu�o
de 1977 na s� do PCG na viguesa r�a de Marqu�s �de Valladares: estabamos
recibindo abraiados o cativo resultado para o partido que m�is loitara e
sacrificara pola democracia, mirei para Santiago e dinme conta que el xa o
sab�a... Contabamos xa con obter escasos votos no rural dominado -a�nda hoxe-
polo caciquismo franquista, pero non agardabamos que a clase obreira urbana,
onde nos mov�amos como o seu principal partido, votara en Vigo, capital
industrial de Galicia, m�is do dobre polo PSOE que pouco ou nada loitara contra
a ditadura. Logo organizamos as grandes manifestaci�ns pola autonom�a. Nunca
m�s volv�n a esperar demasiado das campa�as electorais naqueles anos. Ata o
rexurdimento actual do PCG e Esquerda Unida, xunto cos novos movementos
sociais, que Santiago non viviu (morreu en 2002), pero esa � outra historia.
* Artigo preparado para o libro-homaxe a Santiago �lvarez, primeiro secretario de Partido Comunista de Galicia, coordinado por Manuel Pe�a-Rey, amigo e presidente actual do PCG.