Donas e xograis, se�ores e reis, na
Galicia medieval
Carlos Barros
Universidade de Santiago de Compostela
Se queremos relacionar a historia xeral de Galicia coa historia
particular da literatura, facendo aqu� referencia � poes�a l�rica medieval, e
m�is concretamente �s xograis Mart�n C�dax, Meendi�o e Xo�n de Cangas (motivo
do D�a das Letras Galegas neste ano de 1998), o primeiro que temos que dicir �
algo que, sendo sobradamente co�ecido, resulta imprescindible para
contextualizar � literatura galega do s�culo XIII: esta coroa un longo proceso
hist�rico de formaci�n da nacionalidade galega.
A estabilidade durante s�culos dunha poboaci�n nun
territorio� sinalado, cunhas formas
econ�micas, sociais e mesmo pol�tico-institucionais (Gallaecia, reino de
Galicia) de seu, a�nda que sempre integrada nun cadro maior (Hispania, reinos
de Asturias, Le�n e Castela), produzo entre o r�o Douro e o mar Cant�brico unha
lingua com�n: �que maior proba da duraci�n, intensidade e especificidade dunhas
relaci�ns sociais de comunicaci�n diversas do�
resto da pen�nsula ib�rica?
O galego xorde como fala romance entre �s s�culos IX-XII
nun contexto digl�sico, fronte � lat�n como lingua das elites e da cultura
escrita; por iso � tan importante a transformaci�n desta lingua derivada do
lat�n vulgar, de uso popular e transmisi�n exclusivamente oral, nunha lingua
literaria que, ademais, adopta as formas m�is avanzadas do momento (provenzais),
nun desenvolvemento orixinal, triunfando nas cortes de Castela e Portugal.
O inicio da escrita en galego c�mpre situalo a finais do
s�culo� XII e principios do s�culo XIII,
tanto na administraci�n como nas letras, se ben hai unha notable diferencia entre
o galego dos documentos notariais (simple traducci�n �s veces do lat�n vulgar)
e o galego literario das cantigas. O novo idioma galego-portugu�s se imp�n nas
cortes peninsulares polas s�as calidades l�ricas, pero tam�n por unha anterior
tradici�n literaria, menos co�ecida por ser�
en boa medida �grafa (salvo os cantos relixiosos), oral e popular, de a�
a importancia das cantigas de amigo (onde fala a muller namorada) fronte �s
cantigas de amor (onde fala o home namorado). Estas responden a un� molde provenzal e unhas tem�ticas cortes�s,
mentres que as primeiras remiten claramente a cantigas populares e tem�ticas
xenuinamente rurais e mari�eiras, galegas, en simbiose coa moda occitana.
Paradoxos culturais
O desenvolvemento fulxente da literatura dos nosos
trovadores e xograis f�ra da s�a matriz galego-portuguesa, oral e popular,
xerou paradoxos historiogr�ficos, sorte de contradicci�ns aparentes froito
abondo da rixidez de esquemas culturais actuais, que c�mpre tentar clarexar.
Non � doado contextualizar hoxe as nosas an�lises dun mundo tan diverso do noso
como o medieval.
O primeiro paradoxo � constatar como o lirismo
galego� ten a s�a maior influencia en
Castela e Le�n xustamente cando declina a influencia pol�tica de Galicia
(mellor dito a dos seus grupos dirixentes).
A data clave � 1230, o momento en que se volven a
unificar con Fernando III as coroas de Le�n e Castela. Antes diso, cos reis
exclusivos de Le�n, Fernando II e Afonso IX (1157-1230), Galicia, que constit�e
a parte maior do novo reino, pesa -a trav�s da s�a nobreza eclesi�stica e
laica- dunha maneira decisiva na pol�tica real, ata o punto de substitu�r
Santiago de Compostela a Le�n como lugar de enterramento dos reis, que visitan
daquela frecuentemente a Galicia.� Logo
de 1230, o centro do poder pol�tico, que sufrira xa un primer desprazamento
cara o Sur en 1085 (toma de Toledo), af�stase definitivamente de Galicia, logo
da toma de C�rdoba (1236) e -sobre todo- de Sevilla (1248), que pasara a
constitu�r un novo centro da coroa de Castela e Le�n, asegur�ndose deste xeito
Castela a hexemon�a pol�tica no occidente pen�nsular (que ser� contestada sen
�xito, nos s�culos XIV e XV, por Portugal co apoio de sectores galegos
importantes). O eixe econ�mico do cami�o de Santiago � as� substitu�do por
outro perpendicular do centro � norte da pen�nsula.� Cincuenta anos estiveron os reis de Castela
sen visitar Galicia (entre Fernando III, en 1232, e Afonso X, en 1281). Non
obstante, ser� na segunda metade do s�culo XIII, na corte de Afonso X
(1252-1284), cando m�is lucir� o galego como lingua literaria: son os poetas
galegos os que visitan agora a Corte. A influencia que perden os magnates
-sobre todo eclesi�sticos, que formaban a parte principal da clase se�orial en
Galicia- a ga�an os trobadores da� pequena
nobreza e os xograis populares...
Hai dous erros metodol�xicos e historiogr�ficos no
enfoque neste asunto que habemos de superar: establecer unha relaci�n
simplista, determinista, entre cultura e pol�tica; e, o que � a�nda m�is grave,
identificar sen m�is a un pa�s coa s�a clase dirixente. O historiador sabe que
a influencia e o poder pol�ticos, e a influencia cultural, non sempre marchan
xuntos. Dende o principio, cara a 1200, o galego-portugu�s � a linguaxe
escollida por castel�ns, aragoneses e franceses para trobar polas s�as
calidades po�ticas. De entrada, non ten nada que ver coa pol�tica e o poder. Nas
cortes de Fernando III e Afonso X, polas mesmas raz�ns, os reis utilizan o
galego e acollen �s trovadores e xograis galegos, sobre todo Afonso X que,
ademais diso, cambiou radicalmente a s�a relaci�n social e econ�mica con
Galicia. Enfrontouse � nobreza eclesi�stica e apoiou �s reivindicaci�ns das
cidades, contra os se�ores episcopais e arzobispais, ata o punto de liberar a
Santiago, e demais poboaci�ns do maior se�or�o feudal de Galicia, da
xurisdicci�n arcebispal, en 1274, pas�ndoas � condici�n de reguengo (ata 1311),
aspiraci�n secular que xa os compostelanos manifestaran no tempo de Xelm�rez e
que, pola s�a propia iniciativa, lograr�n de novo entre 1466 e 1469. Non � de
estra�ar que na Corte do Rei Sabio foran tan ben recibidos os xograis e
trobadores pertencentes �s clases populares e � pequena nobreza.
Os trobadores galegos da segunda xeraci�n, nobreza
secundaria, atoparon co reinicio das hostilidades b�licas cos musulm�ns, logo
de 1230, oportunidades de mobilidade social que van saber aproveitar marchando
cara a Corte, abandonando as cortes se�orais ou acompa�ando �s seus se�ores �
guerra xunto � Rei de Castela. A d�cada dos a�os 40 do s�culo XIII, entre a
toma de C�rdoba e de Sevilla, ser� das m�is productivas dos trobadores galegos
(pequenos nobres) no apartado da s�tira social.�
En resume, o auxe do movemento po�tico-cultural das cantigas no s�culo
XIII garda relaci�n coa evoluci�n das s�as bases sociais: o tr�nsito da gran
nobreza � pequena nobreza primeiro, e �s sectores populares (co apoio real)
despois, como protagonistas da actividade l�rica, acompa�a � maior difusi�n
desta entre as elites peninsulares.
O segundo paradoxo que queremos tratar � o derivado da
contradicci�n forma escrita/contido oral. En xeral a cultura medieval �
paradoxal: a escrita depende da transmisi�n oral, canto m�is se falamos dunha
poes�a que v�n da tradici�n oral e/ou est� escrita para ser cantada (non para
ser lida como hoxe en d�a). Al�n das aparencias, o que da sentido e identidade
� cultura trobadoresca � a tradici�n oral. O descubrimento da imprenta e a
alfabetizaci�n levar�n a recitadores e cantores �s marxes dunha cultura oficial
que s�culos antes, est�molo vendo, fixo deles o seu centro vivificador.
Qu�rese dicir que o que se conservou por escrito �
soamente a punta do iceberg do que foi a literatura na Galicia medieval, sobre
todo se nos referimos � aquela de orixe m�s popular. S� conservamos a m�sica de
Mart�n C�dax e das Cantigas de Santa Mar�a. Non podemos inventarmos o que
falta, pero tampouco esquencelo: a literatura oral ten a s�a propia metodolox�a
e epistemolox�a, desenvolvidas, entre outros, por Paul Zumthor, que a separan
radicalmente da evidencia puramente escrita.
O terceiro paradoxo cultural co que nos atopamos, en
parte derivado do anterior, � o relativo a dicotom�a cultura popular/cultura
erudita, �onde encadrar � cultura galega das cantigas? Para Zumthor o �mbito
homoxenizador da oralidade deixa sen sentido as distinci�ns herdadas do
romanticismo� entre popular e
sabio, escritor culto e xograr, pois todos dependen da voz. Tr�tase
dunha posici�n extrema pero que reflexa un feito sabido: en realidade, a
colisi�n entre a cultura popular e a cultura savante
non ten lugar ata bastante despois da Idade Media. Entrementres, atop�monos con
xograres populares facendo de trobadores nas Cortes reais e reis sabios que
escriben cantigas groseiras como se fosen xentes plebeas, como veremos � final
deste traballo.
Certo que esta conexi�n cultural entre nobres e vasalos,
propia do medievo, non elimina para nada as diferencias sociais e culturais,
particularmente entre trobadores e xograres. Destes �ltimos soamente co�ecemos
a s�a participaci�n nos cancioneiros cortes�ns, pero case nada das s�as performaces en r�as e prazas. Ben
documentadas tanto antes coma despois da Idade Media.
A�nda neste estreito cadro dos cancioneiros conservados
por escrito, de orixe cortes�n, froito do mecenado e dirixidos a un p�blico
minoritario, podemos establecer diferencias notables.� Entre as cantigas m�s literarias de amor, sen
estribillo, aristocr�ticas, pura convenci�n provenzal sen moita relaci�n coa
realidade hist�rica social ou pol�tica, e as cantigas aut�ctonas, con
estribillo, collidas da tradici�n popular e retocadas, chamadas canci�ns de
amigo, que falan de lugares concretos, de bailes e romar�as, con paralelismo e
o estribillo para o coro. No propio uso do galego nas cantigas, Oviedo e Arce
captou diferencias entre un Mart�n C�dax e un Afonso X, que este dalgunha
maneira co�ec�a.
Son varios os autores que fixeron notar as semellanzas
entre as cantigas de amigo da Idade Media e as cantigas populares actuais. Dos
propios nomes se distinguen xograres populares e trovadores fidalgos: Meendi�o
s�bese que � popular, e polo tanto xograr, porque non ten apelido e m�is usa o
diminutivo; Xoh�n de Cangas o mesmo, pois substit�e o apelido polo lugar de
nacemento...
O cuarto paradoxo que imos comentar, resumindo os
anteriores, fai referencia � interclasismo do movemento l�rico medieval, �
dicir, a participaci�n nun plano de igualdade (como se deixa ver nos duelos de
poetas, nas tenz�ns) entre reis e vasalos, nobres e cl�rigos, na cultura
trobadoresca/xograresca, que pode sorprender a quen asuma a idea estereotipada
da sociedade medieval como un sistema xer�rquico, pechado, clasista,
desco�ecendo por tanto as potentes correntes socioculturais que act�an
horizontalmente, contrarrestando o verticalismo feudal, po�endo por veces
o mundo do rev�s, garantindo en suma o equilibrio dunha formaci�n
social que resulta secular por iso,
O mesmo acontece no mundo trobadoresco: dunha banda� a tendencia niveladora, igualitaria, baseada na
comunidade literaria e na forma de vida (convivencia na Corte, festas, viaxes e
campa�as militares; nomadismo); doutra banda, a xerarqu�a
trovador/xograr/soldadeira de tipo funcional e m�is� social. Importa sobre todo a distinci�n
trovador/xograr como diferencia social nobre/plebeo, m�is incluso en Galicia
que f�ra, simbolizada �s veces na diferencia de trato: nas tenz�ns un di
ti mentres que o outro responde vos.� Orixinariamente � ben posible que houbese
cancioneiros separados de trobadores e de xograis. Non obstante, hai certa
imprecisi�n na divisi�n funcional do traballo entre o� trobador-compositor e o xograr-interprete (a
mi�do est� a soldo do primeiro). Xerarqu�a de cometidos que est� presente nas
ilustraci�ns dos cancioneiros, co engadido da xograresa-soldadeira danzante. Afonso
X distinguiu, as� e todo, entre xograres cazurros que mostran
o seu saber vil e sen gracia en r�as e prazas (confirmando a existencia
paralela dunha cultura l�rica non cortes�, popular) e os xograis doutores
do trovar, que obviamente o acompa�aban na Corte e non se reduc�an a
interpretar as cantigas creadas polos trobadores-fidalgos sen�n que eran os
seus directos competidores o arte da troba. Os intercambios entre xograres de
r�a e xograres de Corte haber�an de ser tanto ou m�is intensos que os que se
produc�an entre xograres plebeos e trobadores fidalgos (que soberbios e doentes
acusaban unha e outra vez �s primeiros de non saber trobar, de tocar e cantar
mal, etc.).
Resende de Oliveira relaciona a evoluci�n temporal da
l�rica galego-portuguesa coas s�as bases sociais: (a) nos tempos do reino
galego-leon�s, ou anteriores, o protagonismo � dos grandes nobres-trovadores,
que dar� paso, (b) nos tempos de Fernando III o Santo, e baixo o mecenado de
grandes cortes se�oriais en Galicia (Rodrigo G�mez) e Portugal (os Sousa), a
unha segunda xeraci�n� de pequenos nobres
que reflexar�n os seus propios problemas nas cantigas do segundo cuarto do
s�culo XIII, mais retroceder�n en importancia na segunda metade deste s�culo,
(c) nos tempos de Afonso X, en favor de un maior protagonismo do Rei e dos
xograres plebeos de Galicia (en consonancia cunha pol�tica de alianzas que
levou � levantamento nobiliar de 1282 contra o Rei Sabio): � o tempo das
cantigas de escarnio e mal dicir. Mentres Portugal se mant�n fiel as cantigas
aristocr�ticas de estilo provenzal, en Galicia a maior presencia popular decide
o momento de maior esplendor dunha literatura que, animada inicialmente pola
influencia provenzal, ben sendo continuidade dunha fonda tradici�n oral e dunha
rica creatividade nacional-galega que comeza con aquela primeira xeraci�n de
poetas grandes se�ores (Xo�n Soares de Paiva, Garc�a Mendes d�Eixo, Pero
Rodrigues de Palmeira, Rodrigo D�as dos Cameros), todos eles desvencellados de
Galicia, c�mpre dicilo, e remata cos xograis amarrados a terra, tan ben
representados polos tres cantores da r�a de Vigo.
Da corte se�orial � corte real
O papel da cortes nobiliarias na implantaci�n da l�rica
galego-portuguesa foi capital, o mesmo que anteriormente no pa�s de Oc. �
principio, na primeira metade do s�culo XIII, xogan esa funci�n estimuladora as
cortes dos se�ores: a principal de cales foi a de Rodrigo G�mez, conde de
Trast�mara, en terras galegas. Logo, na segunda metade so s�culo XIII, ser�n m�is
ben as cortes reais: salientando nese labor a Corte de Afonso X de Castela. Nun
terceiro momento, crepuscular, a principios do s�culo XIV, o centro de
gravidade da literatura cortes� se traslada a Portugal, �s Cortes de D. Dinis e
do seu fillo..., ata que as narraci�ns xeneal�xicas e a materia de Breta�a
terminan por ocupar o espacio das cantigas galego-portuguesas.
Un t�pico que conv�n combater � a idea que relaciona,
rixidamente, poes�a trobadoresca coa relaxaci�n e o luxo da vida cortes�, unha
vez sabemos o papel decisivo da guerra anovada contra o Islam no mobilidade dos
cantores cara a Corte, as� como� nas
tem�ticas das cantigas no seu per�odo m�is florecente. Non � ese o caso de
Mart�n C�dax, Meendi�o e Xo�n de Cangas, pero sinalemos que tampouco est�n
documentadas as s�as presencias nas Cortes dos reis� guerreiros San Fernando e Don Afonso.
Na historiograf�a medieval de Galicia, o s�culo XIII est�
menos estudiado que o s�culo XII, con Xelm�rez e a s�a Historia Compostel�, ou
que os s�culos XIV e XV coa crise feudal. Por iso sabemos pouco da nobreza
plenomedieval. Rodrigo G�mez suscitou un artigo de Villamil e Castro onde
aparece mesturado con outros tam�n chamados Rodrigo G�mez, anteriores,
co�taneos� e posteriores � noso conde,
que destacaron polas s�as malfetr�as, � contrario dese� bisneto do Pedro Froilaz de Traba -o gran
xefe da nobreza laica no tempo de Xelm�rez- co�ecido m�is ben polo seu mecenado
literario nunha �poca clave.
O noso conde de Traba ou Trast�mara aparece nalg�ns
documentos como pr�ncipe de Galicia ou bar�n de
Galicia. �, sen d�bida, a figura nobre que domina a primeira metade do
s�culo XIII no reino de Galicia: feito conde cara 1217, morre cara 1261,
casemente nas mesmas datas que limitan o reinado de Fernando III (1217-1253). Participa
activamente nos feitos pol�tico-militares m�s sinalados dese per�odo, a toma de
C�rdoba e de Sevilla, xunto co arcebispo de Santiago Xo�n Arias, se ben onde
m�is salienta a� s�a actividade � no
campo cultural: a perda de influencia pol�tica da alta nobreza galega se
compensaba coas novas posibilidades que xord�an no eido cultural. Dicimos isto,
obxectivamente, con independencia do grao de conciencia que o conde de
Trast�mara tivese deste paradoxo.
Rodrigo G�mez acolle o seu redor, no seu lar ou cando vai
de cami�o a reconquistar C�rdoba e Sevilla, a un conxunto
paradigm�tico de pequenos nobres (menos o conde Gonzalo Garc�a, de orixe
portugu�s, trobador as� mesmo da s�a corte) que viv�an nas s�as tenencias:
Johan L�pez d�Ulloa, Monio Fern�ndez de Mirapeixe, Nuno Rodr�gues de Candarei,
Pero Garc�a d�Ambroa,� Pero Velho de
Taveir�s, Fern�n Velho, Pai Soarez de Taveir�s, Pero d�Armea, Pero Amigo, Joh�n
Baveca, Johan de Guilhade...�
Esta segunda xeraci�n de trobadores fidalgos cultiva o
estilo provenzal da cantiga de amor, segundo consta no Cancioneiro de Ajuda: Esta cantiga
fez Pero Velho de Taveiroos e Paay Soarez, seu irm�ao, a duas donzellas muy
fremosas e filhas d�algo assaz, que andavan en cas dona Mayor, molher de dom
Rodrigo Gomez de Trastamar.� Unha
tenz�n entre irm�ns, polo amor de d�as doncelas, presidida pola condesa de
Trast�mara. Neste momento principal da difusi�n da nova l�rica no Occidente
peninsular foi decisivo � mecenado feudal do se�or laico m�is significado de
Galicia, encomendeiro da Igrexa de Mondo�edo e do mosteiro de de Vilanova de
Lourenz�, gran tenente polo Rei de cinco condados, que ti�a, xunto con
tenentes, mordomos, notarios e sai�ns, a s�a grande corte de trovadores, alg�ns
deles seguramente con funci�ns engadidas de tipo administrativo nas s�as
xurisdicci�ns. O conde de Traba encheu o baleiro deixado pola ausencia real
(1232-1281) cunha corte principesca e ademais, como dixemos, f�xose chamar
significativamente (segundo documentos asinados entre 1232 e 1260, ata un ano
antes de morrer): princeps galletie,
optinente principatum in gallecia,
tenente principatu gallecie....
Temos para n�s que esta fase local do
movemento cultural� das cantigas
medievais, promovida pola gran nobreza e protagonizada por fidalgos e
escudeiros, non sempre foi valorada no seu xusto punto. O mesmo Rodrigo G�mez
resulta, inmerecidamente, un gran desco�ecido para n�s entre o brillo dos Traba
do s�culo XII e dos Castro do s�culo XIV.
Boa parte dos trobadores fidalgos do conde de Trast�mara
estar�n presentes, xunto cos xograres de Galicia, na corte literaria da Afonso
X (1252-1284), en detrimento da representaci�n da alta nobreza, e nun ambiente
de igualitarismo, tolerancia e liberalidade, cosmopolitismo e creatividade
intelectual,� que non tivo parang�n na
Idade Media peninsular. No cadro plurinacional de xograis e trobadores galegos,
portugueses, leoneses, castel�ns, provenzais e itali�ns, o Rei Sabio,
predicando co exemplo, escolle o galego-portugu�s como lingua l�rica por
excelencia (Cantigas de Santa Mar�a),
potencia as cantigas de escarnio e mal dicir sobre as tem�ticas amorosas de
ra�z provenzal (produzo 39 cantigas de escarnio fronte a 4 de amor e 1 de
amigo), de acordo coa evoluci�n natural dunha literatura e coas novas bases
sociais dos compositores e int�rpretes galegos (condicionadas polas novas
alianzas do Rei), de maneira que esta substituci�n da corte se�orial do conde
de Traba pola corte real afonsina leva � literatura medieval galego-portuguesa
� seu cumio. Non ser� a �ltima vez que� a
sorte da monarqu�a de Castela est� vencellada � triunfo da causa galega popular
(Pedro I en 1366-69; Enrique IV en 1465-1468):�
sen d�bida, o paradoxo pol�tico-social m�is importante da nosa historia medieval
nacional.
Acabamos de ver que a historia social e a historia
pol�tica non son alleos � historia da literatura medieval, �que pasa coa
historia das mentalidades? Se un enfoque hist�rico global non pode deixar de
lado � subxectividade humana, menos a�nda o pode facer a creaci�n literaria,
individual ou colectivamente considerada, que responde moi -en primeira
instancia- a aqueles arredores mentais do autor ou dos autores, que o
historiador cabal non pode deixar de ollar.
Amores e romar�as no mar de Vigo
As tem�ticas das cantigas medievais que chegaron ata n�s
dos tres cantautores da r�a de Vigo, xustamente seleccionados pola
Real Academia Galega para celebrar este 17 de maio de 1998, polo seu vencello
coa realidade xeogr�fica e vital, esto �, coa tradici�n oral e a cultura
popular, da Galicia medieval, han permitir achegarmonos unha migalla � mundo
mental do s�culo XIII en cuesti�ns tan universais como o amor, a muller, a
relixiosidade popular ou a relaci�n home/natureza; cuesti�ns que polo demais
te�en reclamado a atenci�n dos historiadores das mentalidades.
Antes diso tentemos conxurar alg�ns anacronismos.� De�
primeiras quitarmos da cabeza a imaxe do Vigo actual para ver de
situarnos no Vigo medieval. A primeira referencia documentada de Vigo na Idade
Media � de 1097, como parte do condado de Turonio, case dous s�culos despois
que a aparici�n en documentos escritos do top�nimo Bembrive (hoxe dentro do
concello de Vigo). No s�culo XII Vigo non era m�is cunha aldea pegada � mar,
dividida en d�as parroquias, non m�is importante que Teis, Coruxo, Beade,
Cabral, Castrelos, Lavadores, Bouzas, Coia, San Andr�s de Comesa�a.., lugares
citados na documentaci�n e/ou sitios onde se ergueu naquel ent�n unha igrexa
rom�nica, e que agora forman parte tam�n do concello de� Vigo. Ata finais do s�culo XIV (1388, Cr�nica de Froissart) non atopamos a Vigo
nomeado como vila amurallada � lado de Tui, Baiona e Pontevedra, que desde
moito tempo antes dominaban a vida eclesi�stica, econ�mica ou pol�tica no Sur
de Galicia.
As d�as parroquias viguesas eran Santa Mar�a de Vigo (no
lugar� onde agora est� a colexiata) e
Santiago de Vigo (na r�a de Pontevedra, preto do Areal), �mbalas d�as con
cadans�a igrexa rom�nica� xunto o mar
(c�mpre borrar mentalmente esa grande franxa terrea que cos s�culos se lle foi
ga�ando � mar), que lle serviron a Mart�n C�dax para cantar sobre o baile
popular no adro:
Eno sagrado, en Vigo,
bailava corpo belido:
Amor ei!
Ou sobre a espera do amado:
A la igreja de Vig�, u � o mar
salido,
e verr� i mia madr�e o meu
amigo:
E miraremos las ondas!
Onde eu nac�n, en San Marti�o de Coia, a�nda hoxe os
vellos do lugar falan de ir a Vigo como de viaxar a un sitio
pr�ximo pero distinto da nosa parroquia.�
Con m�is motivo, as� era no s�culo XIII. A namorada de Mart�n C�dax,
desde logo, no � de Vigo, porque aquel lle fai dicir:
Ai Deus, se sab�ora meu amigo
com�eu senheira estou en Vigo!
E al� est� na espera do seu amado (que tampouco � de
Vigo), moi probablemente trobador ou xograr da Corte real, os protagonistas
habituais das cantigas de amor:
Ca ven san� e vivo
e d�el-rei amigo
E irei, madr�, a Vigo!
Un motivo com�n en t�dalas poes�as cantadas que co�ecemos
dos nosos tres xograres mari�eiros � iso de achegarse a unha igrexa rom�nica
determinada, ou a simples ermidas, nas
ribeiras do mar (Xo�n de Cangas), para ver o mar, para dialogar co
mar:�
Ai ondas, que eu vin veer,
se me saberedes dizer
porque tarda tanto meu amigo
sen min?
No caso de Xo�n de Cangas semella que a cita amorosa � no
d�a de romar�a na ermida de San Mamede do Mar (Ard�n). �lvarez Bl�zquez� coida que o mencionado baile de Mart�n C�dax no sagrado da igrexa de Vigo puido ben ter
lugar en Santiago de Vigo o 25 de xullo, d�a do ap�stolo. En calquera caso, non
se trata de grandes festas �s que vi�eran romeiros de toda Galicia, sen�n de
festi�as locais �s que acud�an �s xentes dos arredores.
O xograr Xo�n de Cangas, cando fala pola boca da
namorada, despr�zase imaxinariamente a Ard�n, no concello de Mar�n, atravesando
logo a pen�nsula do Morrazo, da r�a de Vigo � r�a de Pontevedra. � pois ben
posible que Mart�n C�dax tampouco fora de Vigo e se trasladara imaxinariamente
dunha das parroquias pr�ximas para facer cantar � s�a protagonista aquilo
de� Ondas
do mar de Vigo / se vistes meu amigo? Teriamos deste xeito reforzada
a hip�tese �lvarez Bl�zquez, sobre a a veci�anza de Mart�n C�dax na parroquia
de San Mart�n de Coia. O historiador do Vigo medieval introduce a toponimia
para tentar explicar un nome que deu lugar a m�ltiples interpretaci�ns polo
regular de tipo filol�xico. Coidamos que comparanza con outras cantigas de
romar�a reafirma a base contextual de esta interpretaci�n que nos apoiamos,
mentres non xurdan outros datos m�is precisos, malia a nosa veci�anza, ata hai
poucos anos, en Coia. Pode fiar o lector que o sentimento de quen esto escribe
afecta � elecci�n do tema, mesmo � maneira de narrar o que descubrimos da
historia, pero para nada � rigor das nosas afirmaci�ns, forzosamente
aproximativas, e ata conxeturais, neste caso.
Mart�n C�dax cantaba ent�n, por boca da doncela namorada,
� unha aldea mari�eira (limitada no s�culo XIII entre Teis e Cundumi�as, no val
de Fragoso, � ladi�o do couto de� Coia)
que pasar� sucesivamente polas mans do Rei, do mosteiro de Mel�n (1176) e do arcebispado
de Santiago (1234). Que dispor� dun castelo (o Penso) na faldra do monte do
Castro, dunha ermida (onde logo se far� o convento franciscano do Berb�s), e
pouco m�is. Mellor dito, hab�a algo m�is: un fant�stico pasadizo feito polo
menos por trinta pedras labradas (laudas funerarias do Baixo Imperio), que Xos�
Mar�a �lvarez Bl�zquez descubriu en 1953, e que ti�an como funci�n permitir
salvar un regueiro para acceder � igrexa de Santiago de Vigo.
Cando o rei de Le�n Afonso IX visita a r�a que hoxe
chamamos de Vigo (e que daquela haber�a que dicir, en rigor, de Baiona ou de
Redondela, pois Vigo non se converte no centro rector da r�a ata o s�culo
XVIII), apous�ntase� nos mosteiros
benedictinos de Coruxo (1201) e das Illas C�es (1227), onde por certo hab�a
dous. T�dalas illas da r�a ti�an candanseu convento ou ermida (tam�n Toralla e
a sonada de San Sim�n de Meendi�o). Esta tendencia secular de xuntar os lugares
sagrados co mar agroma de tal maneira nas poes�as de Meendi�o, Xo�n de Cangas e
Mart�n C�dax que xustifica ben a s�a representatividade (ademais da veci�anza
dos autores) respecto da mentalidade no Occidente medieval que non fai
separaci�n entre Deus e natureza, entre esp�rito e realidade, de forma que non
podemos considerar a poes�a cantada da �poca como unha simple met�fora: se
Meendi�o fai cantar en San Sim�n E
cercaron-mi-as ondas do alto mar, hai que pensar, asemade, no
s�mbolo e no feito certo, no imaxinario e na realidade. � m�is que probable que
a orograf�a da zona que arrodea a illa de San Sim�n (chamada a illa dos
monxes a�nda no s�culo XVIII) cambiase grandemente, o mesmo que toda a
costa de Vigo, � longo destes �ltimos sete s�culos, a�nda que de seguro abondo
menos que as mentalidades colectivas.
O cativo desenvolvemento t�cnico-cient�fico potencia o
medo do home medieval � natureza desatada, agora ben, como depende deste mesma
natureza para subsistir cada d�a procura a s�a humanizaci�n, dun xeito� sincr�tico, mesturando relixi�n cristi� e
superstici�n: concedendo � medio natural os caracteres dos seres vivos. Visto
as�, coa mentalidade da xente daquel tempo, �como vai estra�armos o di�logo que
imaxina Mart�n C�dax entre a s�a doncela namorada e o mar de Vigo?:
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
Pola mesma �poca San Francisco de As�s falaba cos paxaros
e consideraba, en xeral, �s animais como destinatarios da s�a predicaci�n igual
que os homes, retomando desta maneira a animismo latente na relixiosidade
popular de sempre.
Na l�rica galego-portuguesa a grande novidade �
contemplar como esa natureza animada e sacralizada media entre os amados: ora o
mar os achega (na cantiga n�mero 7 de M. C�dax) ora o mar os afasta (na cantiga
de Meendi�o). O medievalista fica sorprendido de que o poeta invoque,
indistintamente, a Deus e � natureza para traer -ou non traer- � amigo onda a
s�a namorada. Mediaci�n que chega a devir identificaci�n. O novo sentido do
amor se confunde de tal maneira co mar que agroman sentimentos de beleza e gozo
ante a natureza -E miraremos las ondas! (...)
E banhar-nos-emos nas ondas!- que adiantan o reloxo do tempo: son
m�is propios de Renacemento que da Idade Media. O home medieval non se
considera algo diferente, afastado, da natureza, � por iso que ten m�is
dificultades que n�s para contemplala desde f�ra: salvo que medie o amor humano
convertido en ondas do mar de Vigo. A gran nova que anuncia Mart�n C�dax,
xograr emblem�tico, � este novo concepto do amor (al�n do convencionalismo
provenzal e cortes�n) entre un home e unha muller que, humanizando a natureza,
proxecta sobre ela a mirada daquela namorada amiga que espera (e desespera).
A natureza, como o amor, � inconstante, e por veces cando
amado non acude � cita, o mar mediato tampouco axuda. O desamor leva incluso �
morte, o mar bravo ser� outravolta o instrumento na illa de San Sim�n:
Non ei i barqueiro nen sei remar:
morrerei eu, fremosa, no alto mar.
Este mar representaci�n e ferramenta do desamor do amigo
que non chega, �non pod�a ser domeado pola providencia, como na cantiga popular
actual seguinte?:
Nosa Se�ora da Barca,
Nosa Se�ora val�deme,
que estou no medio do mar,
non hai barqueiro que reme.
Tampouco nas cantigas de romar�a que estamos a comentar
p�denlles noivos as mozas �s santos como na tradici�n oral m�is recente:
San Antonio Bendito,
d�deme un home,
anque me mate,
anque me esfole.
A raz�n est� na influencia provenzal, que sublima e
seculariza o amor, dunha banda, e na mentalidade medieval, en xeral, que
concede � natureza un poder mediador aut�nomo, � marxe de Deus, a pesar dos
intentos eclesi�sticos para que se entenda a natureza s� como un instrumento da
vontade divina. O xograr medieval invoca, ou interroga, a Deus e a natureza por
un igual, sen a xerarqu�a que esixe a doutrina:
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus, se verr� cedo?
Sen embargo, a intenci�n dos santuarios nas ribeiras do
mar era, �, sen d�bida, vencer a este coa axuda, e as imaxes, de Xes�s e dos
santos,� e as mozas seguen s�culos
despois d�a indo �s romar�as a se citar cos seus amados:
Fui ao Senhor da Piedade,
� alto da torre subi,
e de l� vi os teus olhos
a olharem para min.
O amor, con todo, � un fen�meno cultural suxeito �
evoluci�n hist�rica, � influencia nacional e social. Non se manifesta exactamente
igual en t�dalas �pocas hist�ricas, nin en t�dalas naci�ns, nin en t�dalas
clases sociais. �Que nos ensina a l�rica galego-portuguesa sobre o amor como
parte da mentalidade da Plena Idade Media? De primeiras que hai que diferenciar
o amor cort�s de influencia provenzal-cabaleiresca (canci�ns de amor, onde fala
o trobador namorado) do amor feminino de influencia m�is popular e local
(canci�ns de amigo, onde fala as� mesmo o trobador mais en nome dunha
namorada), sen esquecer o contrapunto necesario das cantigas de escarnio e mal
dicir, a outra cara da moeda. As� e todo, o imaxinario e maila realidade do
amor, segundo os xograis medievais galego-portugueses, calquera que sexa o
estilo empregado nas cantigas, ten un denominador com�n: � o comezo do amor
rom�ntico, mutatis mutandis, tal
como o co�ecemos hoxe. Non � un caso �nico. Somos sabedores de como moitos
outros fen�menos sociais, pol�ticos e culturais, te�en a s�a orixe na �poca
medieval.
Dise que o amor cort�s � o amor feudal, e � ben certo, a�nda
que invertendo a xerarqu�a dos x�neros (una boa pista da subversi�n que se est�
a producir): o home (x�nero dominador) � o vasalo, e a muller (x�nero dominado)
� se�or. Pero non sempre, soamente cando media o amor. Sen considerar a
historia do x�nero, s� coa historia social cl�sica, pasar�a desapercibida unha
formidable inversi�n de valores; se ben o desco�ecemento das diferencias
sociais reais velan �s l�mites dese vorcall�n. Os conceptos de preito-homenaxe,
fidelidade, amizade, que levan incluso � trobador a devecer pola
se�or ata morrer, act�an en favor da parte desvalida, a
muller: mesmo se o cantante � xograr e a dona unha grande se�ora feudal. As
mulleres feudais non atopaban o mesmo respecto nos seus vasalos homes que os
se�ores cabaleiros: v�xase sen�n a execuci�n en 1470 da condesa de Santa Marta.
Polo demais, o normal � que o trobador da cantiga de amor sexa tam�n un nobre. Os
xograis pr�cticaban m�is ben, como sabemos, a canci�n de amigo, po��an voz a
unha muller namorada que esperaba � seu amado, sen utilizar para nada a
terminolox�a das relaci�ns feudais: acheg�monos as� o amor verdadeiro, sen
ataduras sociais.
O amor cort�s da feudalidade foi polo tanto moito m�is
que un xogo educativo, cabaleiresco, como os torneos, un xogo de homes,
como ten escrito Georges Duby, xustamente porque os contendentes son desiguais
e, nas cantigas, a muller ocupa, arestora, o lugar dominante, o que � moito
dicir nunha sociedade onde o sistema mental dominante, trifuncional, nin
sequera fala da muller, e onde, o tam�n imperante c�digo cabaleiresco, � cousa
exclusiva de homes guerreiros, que caen �s veces na pura misoxinia.
Sobra dicir que un vasalo pode morrer polo seu se�or,
pero non se namora del, non sofre a coita de amor; ha de morrer mesmo
defendendo � seu se�or, pero xamais de tristeza porque o se�or o abandona e non
lle regala o seu amor... O amor cort�s, malia o seu convencionalismo feudal, �
un amor entre home e muller, non � a amizade ruda entre guerreiros, e menos
a�nda, claro est�, entre o campesi�o vasalo e o se�or feudal.
Jacques Le Goff ten xustamente insistido na modernidade
do amor cort�s medieval, polo que sup�n de rebeld�a contra a moral sexual
oficial, de novidade nunhas relaci�ns entre os sexos antes diso -e mesmo
despois, non pretendemos afirmar que este novo sentimento deve�a xa
maioritario- baseadas no interese e nos instintos, de autonom�a dos
sentimentos, de subversi�n da instituci�n matrimonial, �nico lugar onde o amor
era posible segundo a moral oficial da Igrexa.
Coas cantigas de amor nace daquela o amor rom�ntico e
plat�nico, a tristura insanable, a fidelidade da paix�n, o tormento de amar, a
entrega incondicional, a morte polo amor dunha�
muller. O protagonismo feminino das cantigas de amigo galego-portuguesas
a�nda salientan m�is estes novos valores do amor desinteresado, incondicional,
onde non falta, como vimos, o elemento da paisaxe como reflexo dos estados da
alma.�
Claro que o novo papel da muller ti�a os seus l�mites
sociais: dous trobadores que estiveran na grande corte de Rodrigo G�mez, Joh�n
Baveca e Pero Amigo, preguntan nunha tenz�n que ser� peor: �un nobre amar a
unha plebea ou un plebeo amar a unha nobre? �mbalas d�as respostas van contra a
sociedade dividida en clases, calquera home ha poder facer de calquera muller o
obxecto do seu amor, pero Baveca matiza que unha se�ora non pode amar a un
vil�n... Ai rexorde a mentalidade fidalga do poeta: o trobador contra o xograr.
As burlas, nas cantigas de escarnio, contra os cantantes
que simulaban o amor, non fan m�is que subli�ar a sinceridade habitual dos
sentimentos amorosos; v�xamos alg�ns exemplos.
Fern�n So�rez, leon�s, que critica a un tal Pero Cantone:
Que amor tan delgado e tan frio,
mais non creo que dure at� o
est�o.
Pero Garc�a Burgal�s que ataca a un trobador portugu�s:
Roi Queimado morreu con amor
en seus cantares, par Santa
Maria,
por una dona que gran ben
queria;
...................................................
mais resurgiu depois ao tercer
dia!
Non obstante, hai datos documentais -ou moi
temper�ns ou moi tard�os- de poetas cantores que morreron de amor
como os portugueses Pero Rodrigues de Palmeira, Jo�o Soares de Paiva e
Bernardim Ribeiro.
A muller: ou santa ou soldadeira
Os desfases entre literatura e realidade son parte da
dial�ctica hist�rica social e mental. Un autor pode ata expresarse de maneira
moi distinta segundo o tipo de cantiga. O mesmo Afonso X nas cantigas do loor �
Santa Virxe tr�taa como a s�a gran namorada, � xeito das cantigas de amor:
Rosa das rosas e fror das
frores,
Dona das donas, Sennor das
sennores.
Rosa de beldad�e de parecer
e Fror d�alegria e de prazer...
E logo, nunha cantiga de escarnio, utiliza el-Rei un
refr�n insultante para a muller: Non quer�
eu donzela fea / que ant� a mia porta pea; reduc�ndoa � nivel dos
animais: negra come carbon (...) velosa come can. Noutra cantiga cae Don
Afonso na pura pornograf�a:
Fui eu poer a m�o noutro di-
-a a �a soldadeira no conon,
E tam�n no sacrilexio, pois resulta que a soldadeira de
marras o rexeitou porque... era a paix�n de Xes�s, contestando ent�n ela que se
resiste a deixarse tocar no lugar m�is segredo por amor a Cristo (non
esquezamos que fala pola s�a boca o Rei Sabio):
-Deus, meu Senhor,
esta paixon sofro por teu amor,
pola tua, que sofresti por min
.
�Quer dicir esta contradicci�n que o poeta -hai moitos
m�is exemplos- � un finxidor? Coidamos que, polo regular, non � as�. Non s�
porque o enfoque cambea conforme var�a o tipo de cantiga, tam�n porque ten
lugar una variaci�n fundamental do trato segundo o tipo de muller de que se
estea a falar. Nas persoas e nos colectivos caben, hoxe e onte, como � ben
sabido, dobres morais: dobres actitudes cara � muller que o machismo resistente,
de onte e de hoxe, alimenta.
A promoci�n da muller na literatura do s�culo XIII ten un
l�mite social, afecta m�is � muller fidalga que � muller campesi�a; pero ten
tam�n un l�mite cultural non menos evidente: coexiste, en determinados
contextos, con actitudes antifemininas moi desprezativas e ferintes. Non � moi
distinta, mutatis mutandis, a
situaci�n paradoxal nas portas do s�culo XXI.
A inversi�n de valores entre a se�or-muller e o
vasalo-home, �mbolos dous polo xeral de condici�n nobre, sobre todo nas
cantigas de amor, �non � un dato indubidable de reco�ecemento cara a muller? A
feminidade da cantiga de amigo, o mesmo, e con m�is raz�n: a muller non fica
pasiva como no amor cort�s sen�n que toma a iniciativa, tr�case igual que o
home -a mi�do, hai que dicilo, baixo a vixianza maternal-, e a acci�n se
despraza m�is cara o medio popular. Pero, de novo, os l�mites: reis e fidalgos,
burgueses e plebeos, cl�rigos e laicos; hai trobadores, segreis e xograis de
t�dalas clases e estamentos sociais.... menos mulleres -cando menos no �mbito
galego-portugu�s, a diferencia do caso de�
Occitania-, reducidas a s�a funci�n de acompa�antes do xograr ou
trobador, coa m�sica e o baile, ou de protagonistas sen voz propia nas poes�as
cantada para elas ou por elas.
No medio cortes�n � onde observamos m�is claramente o
paradoxo dunha canci�n de amor gabando � muller e dunha canci�n de escarnio
satiriz�ndoa. A�nda que esto �ltimo non sempre acontece: o conde Gon�alo Garc�a
fixo na corte de Rodrigo G�mez unha cantiga de mal dicir, sobre un co�ecido
caso de rapto dunha dona, para defender a postura de que non se pod�a levar �
muller contra a s�a vontade.
No medio cortes�n, m�is concretamente na Corte de Afonso
X, foi onde se fixeron a meirande parte das cantigas de escarnio e mal dicir
contra as chamadas soldadeiras, coa participaci�n direct�sima do Rei Sabio como
xa vimos. A soldadeira era unha sorte de xograresa; esta aparece nas
ilustraci�ns do Cancioneiro de Ajuda
no �ltimo lugar da xerarqu�a: tocando as casta�etas, ou o pandeiro, para facer
o acompa�amento � xograr-executante, que ten nas mans unha guitarra, ou unha
viola, mentres o trobador-autor escoita sentado e compracido.
Pero en ningunha das cantigas se fai referencia � funci�n
da soldadeira de acompa�ante musical, cantante ou danzarina, sen�n que se fala
a s�a vida licenciosa, pr�xima en ocasi�ns � prostituci�n. As dificultades para
recibir o seu soldo por tocar, cantar e bailar -xa dixemos que
estaba exclu�da da autor�a das canci�ns-, levan a xograresa mesmo � vender o
seu corpo. Os datos aportados por Men�ndez Pidal, a principios do s�culo XIV,
sobre os pagamentos a xograis e soldadeiras deixan claro a degradaci�n do
estatuto da muller interprete na cultura cortes� trobadoresca. En 1258, no
rexemento da Casa Real de Afonso III de Portugal, chega a acordarse que
soldadeiras non andem en casa d�el rei.� Certo que na corte portuguesa estaba a�nda
coas cantigas aristocr�ticas de amor cando na corte castel� se puxeron a facer
parodias delas tomando como referencia as soldadeiras e outros mot�vos
sat�ricos. A m�is famosa soldadeira foi Mar�a P�rez a Balteira, nobre e galega,
que provocou 16 cantigas cr�ticas de 10 trobadores, inclu�do el-Rei de Castela
e Le�n que, polo que estamos a ver, non perd�a ocasi�n.
Scholberg defende que as s�tiras entre os mesmos poetas,
ou a dos trobadores e xograres contra estas xograresas vidas a menos, chamadas
soldadeiras, eran s� para facer rir, non ti�an intenci�n moralizante, de
corrixir vicios e defectos, como cando os dardos estaban dirixidos contra
ricohomes, xente avara ou homosexuais. Temos para n�s que exist�a unha evidente
complicidade entre trobadores e soldadeiras, posto que os primeiros se
beneficiaban da liberalidade das segundas, ou o intentaban, como el-Rei de Castela,
pero asemade manifestaban os seus prexuizos machistas -com�ns � odio reco�ecido
contra os homosexuais- e a dobre moralidade de ter un trato para as mulleres
segundo que mulleres. A muller no medievo: ou santa para amar ou soldadeira
para gozar.� Tardar� a�nda o momento en
que van converxer o amor f�sico e o amor rom�ntico.