Imprimir
Twittear

Publicado enver peque�os cambios de redacci�n en frontera.cas para medievalismo

 

 

O cerre da fronteira medievalentre Galicia e Portugal*

 

 

Carlos Barros

Universidade de Santiago de Compostela

 

��������������� Que o norte de Portugal e Galicia te�an unha historia com�n ata o s�culo XII, non � algo que se poida esquecer � estudiarmos as rela-ci�ns posteriores entre as d�as bandas do r�o Mi�o. Dentro das �diver-sas alternativas no processo de form��es nacionais da Pen�nsula�, estaba, no s�culo XII, a �consolida��o de um reino de Galiza que englobasse tamb�m Portugal�, se ben dos acontecementos somente resultou a independencia pol�tica da Galicia bracarense[1]. Atr�squedaban s�culos de interrelaci�n e de convivencia social desde o r�o Douro ata o mar Cant�brico, que acadaron a s�a m�xima expresi�n na conformaci�n da lingua galego-portuguesa, feito demostrativo de como debaixo do marco pol�tico do reino altomedieval de Galicia, exist�a unha realidade social homox�nea; o rompemento pol�tico que encomeza en 1128 de primeiras non afecta, na mesma medida, � tecido social e cultural que vencellaba as d�as partes da gran Galicia.

 

��������������� De a� que a fronteira Galicia/Portugal te�a algunhas car�cteristicas distintas da fronteira Castella-L�on/Portugal. No enfrontamento que d� orixe a Portugal e despois na loita pola hexemon�a pen�nsular, o protagonismo da tensi�n sit�ase entre as monarqu�as de Castela-L�on e Portugal; � reino de Galicia at�nxelle a conflictividade pol�tica e armada con Portugal de xeito indirecto, como parte integrante da Coroa de Castela. E dicir, o pasado nacional com�n e mailo car�cter perif�rico de Galicia[2] e do norte de Portugal[3], verbo dos respectivos centros do poder pol�tico, fan particularmente permeable a fronteira medieval galaico-mi�ota. De feito, en t�dalas guerras que implicaron a Portugal e Castela nos s�culos XIV e XV (que van se-lo marco temporal deste traballo), desenv�lvese un poderoso bando portugu�s nas terras de Galicia: 1366-1371, en favor de Pedro I e de Fernando de Castro; 1386-1387, en favor do Duque de Lancaster; 1475-1476, en favor de D.� Juana e De Pedro Alvarez de Soutomaior. A Pervivencia dunha Galicia nobiliar e urbana pro-Portugal � indicativo,segundo o noso entender, dunha especial fluidez das relaci�ns sociais, � longo da Idade Media, entre Galicia e Portugal. En conclusi�n: a continuidade dos v�nculos galego-portugueses vese favorecida pola inestabilidade e febleza das monarqu�as peninsulares, logo da secesi�n do s�culo XII.

 

1.Fronteira pol�tica entre dous reis

 

��������������� Afonso Henriques ocupa militarmente o sur de Galicia varias veces entre 1130 e 1169, pero neste �ltimo ano, feito prisioneiro por Fernando II de L�on e Badajoz, cede definitivamente Tui, as terras de Toro�o e da Limia, � Coroa de L�on e Castela[4]. Houbo nobres galegos que colaboraron abertamente co primeiro rei de Portugal , como os condes de Toro�o e da Limia en 1137[5]. Fernando II desposeeu � pro-portugu�s bispo de Tui cando reconquistou a cidade en 1169[6]. Te�amos en conta que as terras meridionais de Galicia, reivindicadas por Afonso Henriques como herdanza da s�a nai D.� Teresa[7], estiveran integradas durante s�culos xunto co condado portucalense, cando o r�o Mi�o non era fronteira, no convento xur�dico bracarense[8], o cal facilitou sen d�bida unhas relaci�ns que vi�an a ser m�is distantes e dif�ciles co norte de Galicia, o antigo convento lucense. En realidade, a nobreza portuguesa que rodea a Afonso Henriques rompe con rei de Le�n e m�is cos grandes se�ores da Galicia lucense: o conde Fernando P�rez de Traba[9] e, sinaladamente, o arcebispo de Santiago, Diego Xelm�rez[10]. Qu�rese dicir que a li�a de demarcaci�n galego-portuguesa fixada en 1169, despois de 40 anos de pugnas, � unha consecuencia dos feitos militares que enfrontaron �s grandes se�ores galegos entre si, segundo foran da parcialidade do rei de Castela ou do rei de Portugal, primeiros protagonistas dos ditos combates pola soberan�a. Non parece que a xente com�n participara de seu nesas loitas fronteirizas[11].

 

��������������� Ata 1169, a inestabilidade e o cambio de dominio, fan das d�as marxes do Mi�o unha marca, unha rexi�n de fronteira m�is que unha li�a definida e estable. Despois de 1169 temos, no fundamental, o que vai se-lo l�mite xur�dico-pol�tico entre Galicia e Portugal ata hoxe en d�a; separa a provincia de Pontevedra de Minho, e a de Ourense de Minho de Tr�s-os-Montes. Se ben as fronteiras dos pa�ses son froito da historia non da natureza[12], as fronteiras naturais coadxuvan grandemente a precisa-los l�mites pol�ticos, tal � o caso do r�o Mi�o, responsable da n�tidez da li�a divisoria Pontevedra / Minho, mentres que a zona do alto Limia e de Tr�s-os-Montes pr�stase a unha maior�� vaguedade [13]. Como fronteira estrat�xica o r�o Mi�o era decisivo: os grandes centros do condado portucalense no s�culo XII -Braga, Guimar�es, Porto- ficaban Entre Douro e Minho[14], compr�ndese a te�mosia do primeiro rei de Portugal en controla-la cidade de Tui e subi-la fronteira al�n do Mi�o, cando menos.

 

��������������� A fronteira galego-portuguesa de finais do s�culo XII ti�a como obxecto delimita-las soberan�as dos dous reis no noroeste peninsular. Coidamos que a poboaci�n de �mbalas marxes do r�o Mi�o, unha vez estabilizada a fronteira pol�tica, poucas d�bidas pod�a ter respecto da xurisdicci�n real que lles correspondia[15]. Na Francia e na Italia do s�culo XII os habitantes co�ecian tam�n as fronteiras p�blicas coa mesma claridade cas fronteiras diocesanas[16]; outra cousa ben diferente � a importancia pr�ctica que daquella lle pod�an dar � feito do afastamento xurisdiccional entre dous reis. De entrada somos sabedores de que a fronteira pol�tica rec�n estrenada non afecta �s fronteiras ecles�asticas[17], as cales durante m�is de 200 anos non te�en para nada en conta a li�a de demarcaci�n estatal.

 

��������������� O que se afecta a formaci�n dunha fronteira pol�tica � � sistema de fortalezas. Mentres a li�a divisoria permanece insegura, indecisa, a li�a que une os lugares fortificados segue un trazado irregular, que semella �s veces uns dentes de serra. A estabilizaci�n do l�mite entre os poderes mon�rquicos, o paso dunha franxa a unha li�a de demarcaci�n, conduce a unha li�a defensiva continua que dobra a fronteira pol�tica[18]. Con todo, nas beiras do r�o Mi�o, a fortificaci�n medieval non acada as mesmas proporci�ns que no s�culo XVII[19], nin se dan claramente as caracter�sticas de despoboaci�n e adicaci�n militar dos lugares de fronteira, que obrigaran �s agresores a ter que adentrarse no territorio contrario na procura dunha acci�n militar decisiva, como acontecia na fronteira Portugal/L�on-Castela[20]. ���������������

 

��������������� A fronteira entre monarqu�as medievais incide pouco no tecido social; a s�a debilidade garda relaci�n coa febleza do poder real naquel ent�n. As� se explica que os se�ores act�en �s veces coma si fosen s�bditos de dous reis: igrexas e mosteiros galegos manti�an relaci�n e recib�an donaci�ns indistintamente do rei de Castela e do rei de Portugal[21], e o propio v�nculo vasal�tico contempla a posibilidade de cambiar de se�or, mesmo se � o rei[22]; pr�cticas que se daban maiormente nos se�or�os que estaban perto da fronteira. Doutra banda os reis cultivaban unha pol�tica de atracci�n cara �s cabaleiros co obxectivo de organizar un bando propio no lado contrario: nas querras dos s�culos XIV e XV funcionaron bandos portugueses nos reinos de Castela e Le�n e bandos castel�ns no reino de Portugal. Entremen-tres a fronteira non se moderniza plenamente, sobrevive a idea feudal de negocia-la fidelidade � rei que mellor favorecese, mesmo nas comunidades populares de fronteira[23]. En 1462 o rei de Portugal, Afonso V, visita � Mi�o, concedendo cartas de privilexios �s localidades fronteirizas galegas que se presentaron perante el para solicitalas[24].

 

��������������� O car�cter superestructural da fronteira medieval, certa provi-sionalidade consustancial que por forza ti�a que influir nas mentalidades colectivas, resultan reforzados se consideramos que �s l�mites entre Castela e Portugal son, no s�culo XIV e XV, estables pero reversibles[25].

 

���� A batalla pola hexemon�a peninsular, encomezada en 1356 e renovada en 1474, a quebra en Aljubarrota (1385) do hexemonismo castel�n e do hexemonismo portugu�s en Toro (1476)[26], de maneira que as cousas quedaron como estaban, axudou a manter, a finais da Idade Media, a medievalidade da fronteira galaico-mi�ota, � dicir, a mobilidade social e cultural entr�mbalas partes da antiga Galicia altomedieval.

 

 

2.Fronteira medieval, fronteira aberta

 

��������������� �Vivan los dos reyes, moitos anos�, dic�an con altas voces as testemu�as de vista presentes cando os de Meaus, na raia de Portugal en Ourense, quer�an construir unha casa en terreo misto e repart�an: �de aqu� para all� (y va caminando), por el Rey de Castela; de esta parte a esta, por el Rey de Portugal�[27]. Este couto misto, baseado en privilexios dos dous reis que permit�an -a pesar da existencia da aduana- comprar e vender nas feiras de ambos reino sen pagar impostos,unha reminiscencia medieval: unha pervivencia de longa duraci�n na conducta e na memoria colectiva dos h�bitos fronteirizos propios da Idade Media. En 1864, os gobernos de Espa�a e Portugal -a iniciativa de Isabel II- deron cabo desa situaci�n de privilexio delimitando de novo a fronteira, non deberon logralo totalmente xa que tiveron que volver sobre o asunto en 1866 e 1896[28]. O problema non era tanto pol�tico, de trazar ben a raia afastadora, como de mentalidades colectivas.

 

��������������� Unha cousa � a fronteira pol�tica e outra ben distinta a fronteira mental. Dito de outra forma: a fronteira pol�tica medieval non �, socialmente, unha fronteira mental tal como a entendemos hoxe. Vexamos outro exemplo. Tocante � exercicio da xusticia, o concello de Ourense[29] quer obrigar, en 1434, a uns veci�os de San Marti�o de Presqueira (Ba�os de Molgas) a devolver-lo trigo que roubaran en Ponte Amb�a a uns portugueses de Vinhais[30]; en 1441, saen denovadamente os de concello na defensa dos veci�os de Portugal que foran agraviados polos se�ores ourens�ns, Pedro D�az de Cad�rniga e Mart�n S�nchez, opo��ndose a que os cidad�ns mercasen o gando roubado na acci�n de represalia no pa�s veci�o[31].

 

��������������� Por tanto, para a cidade das Burgas os de Portugal ti�an os mesmos dereitos que os naturais de Galicia, con independencia de que os delitos se cometeran dun ou doutro lado da fronteira, coma se esta non estivera a�. Sen embargo, a existencia de legalidades separadas, pod�a se algo ignoto para os letrados e dirixentes de Ourense? A fronteira legal, xur�dica, v�n se-la consecuencia directa da fronteira pol�tica entre as xurisdicci�ns dos reis, que na Baixa Idade Media pasan a crea-la lei, tentando o dereito estatal impo�erse � dereito consuetudinario; isto trae consigo, no caso de nos ocupa, a esixencia dunha pol�tica de extradicci�ns entre os Estados, de xeito que cada un, coa colaboraci�n do outro, poida castiga-los delitos perpetrados no seu �mbito; ou sexa, tr�tase de facer valer, � mesmo tempo, a fronteira mental e xur�dica e o predominio da xusticia p�blica. En 1499, os Reis Cat�licos confirman mediante provisi�n o acordo con Portugal, para a mutua extradicci�n de malfeitores, que negociara o alcalde maior de Audiencia de Galicia[32]. No s�culo XV co�ec�ase ben a existencia da fronteira legal porque quen o precisaba aproveit�base delo arreo: estaba xeneralizada a costume de traspasa-la fronteira Galicia/Portugal para fuxir das responsabilidades penais. Unha proba m�is do pouco valor que na Idade Media a xente lle daba �s fronteiras, se cadra porque hab�a moitas.

 

��������������� Jos� Marques investigou as relaci�ns galaico-mi�otas a finais da Idade Media[33], conclu�ndo que na �vida real das popula��es� as relaci�ns eran intensas e cordiais. A xente viv�a coma se non houbera fronteira. Adoitaban os galegos facer casamentos en Portugal[34], bota-la pace-lo gando en Portugal[35], ordenar sacerdotes en Portugal[36]; e viceversa. Pero o gran problema dos reis eran as relaci�ns comerciais, precisaban transforma-la fronteira pol�tica medieval nunha fronteira econ�mica moderna. En 1455, Afonso V dir�xese � marqu�s de Valen�a e � conde de Our�m para que puxeran gardas ficais que impediran a entrada en Portugal de mercanc�as prohibidas -gando, cabalos, armas, moedas-; en 1462, Afonso V concede cartas de vecindade �s vilas galegas fronteirizas - A guarda, Tui, ...- para que poidan comprar e vender nas feiras de Cami�a, Valen�a, ..., sen pagar tributos, como se fosen portugueses, contradecindo a pol�tica real de cerra-la fronteira por necesidades fiscais e econ�micas[37]. Sen d�bida algunha � a maior ou menor efectividade da aduana econ�mica a medida da implantaci�n dunha fronteira nun sentido moderno, actual.

 

��������������� A pesar de Aljubarrota, e das feridas da guerra de sucesi�n (1474-1476), en 1485 o concello de Valen�a chega a un acordo con Tui e seu bispo, �compre a aboa vezinages de uns e dos outros�, sobre a cuesti�n das barcas de pasaxe, de maneira que o �estrageyro�, vi�a se-lo que non era veci�o nin de Valen�a nin de Tui[38].

 

��������������� Saussure dic�a que �personas que no se comprenden es que hablan lenguas distintas�[39]; pois ben, no s�culo XV, os galegos e os portugueses do norte falavan, e mesmo escrib�an, pr�cticamente a mesma lingua[40]. Nun preito de principios do s�culo XVI, argument�base que o testamento de Maior de Soutomaior era falso porque estaba parcialmente escrito en castel�n �y la dicha Do�a Maior no sabia hablar castellano sino gallego cerrado por ser vezina e natural deste reyno de galicia y el escrivano de quien sonava estar signado ansi mismo era gallego y no savia hablar castellano�; m�is adiante lemos que a tal D.� Maior �vivia en el reino de Portugal�[41].

 

��������������� Tam�n na fronteira Castela/Portugal, m�is militar e menos comer-cial, sen o pasado nacional com�n que vencella as marxes do r�o Mi�o, podemos dicir que a fronteira medieval � unha fronteira flexible[42]. F�ra dos per�odos de guerra, mesmo os lugares da fronteira peninsular co islam eran a cot�o centros de convivencia entre mouros e cristia-nos[43], pese a tratarse da fronteira de d�as formaci�ns econ�mico-sociais[44]. Por �ltimo, a fronteira propiamente feudal, que ten como funci�n separa-los se�or�os entre si, a mi�do lineal, tam�n se caracteriza pola s�a permeabilidade[45].

 

��������������� Realmente, hai datos abondo para que alg�ns autores se te�an preguntado se existe en verdade a fronteira na Idade Media[46]. Dende logo a resposta � non se o que temos na cabeza � o concepto moderno de fronteira. Tampouco est� a soluci�n da contradicci�n, concepto actual/realidade medieval en aplica-la noci�n de hoxe apostilando que nas fronteiras medievais non hai li�as de demarcaci�n precisas, porque haber hainas. Se por veces a fronteira semella espacialmente confusa, vaga, imprecisa, �, en todo caso, porque a fronteira medieval � b�si-camente unha fronteira aberta, vista e sentida no imaxinario colectivo -nunca mellor dito; por definici�n tr�tase de unha li�a inventada, que c�mpre imaxinar- coma un dintel dunha porta aberta, mentres que imaxi-namos a fronteira moderna coma unha porta fechada � que debemos chamar se queremos entrar.

 

��������������� A especificidade da fronteira medieval, l�mite espacial que corta ben poucas cousas no corpo social, deriva da especificidade da distribuci�n de poderes na sociedade feudal. Os se�or�os -e as cidades- porfiaban de tal xeito coa realeza polo control do espacio social, que asfronteiras e aduanas que xeneraban ti�an tanta ou m�is importancia que as estatais, sobre todo no que toca � vida econ�mica, �s v�nculos de vasalaxe, � sistema de fortalezas; a potencia e agresi-vidade dos poderes se�oriais e os seus dereitos de paso na Galicia baixomedieval garda relaci�n directa coa debilidade do poder mon�rquico e das s�as fronteiras. A multiplicidade e forza das fronteiras interiores debilitaba as exteriores, que no eido mercantil favorec�an -como vimos- o libre tr�nsito en maior grado que o adoito dentro de cada reino, cuesti�n esta particularmente certa en toda a fronteira Coroa de Castela/Coroa de Portugal, caracterizada por unha grande liberalidade aduaneira; de feito os ingresos fiscais de rei en Galicia vi�an principalmente dos grav�menes sobre o tr�fico de mercanc�as no interior e nos portos de mar, logo, na pr�ctica, eran os se�ores quenes usurpaban estas cont�osas rentas reais[47].

 

��������������� Como na raia de Portugal non habia moito imposto real que usurpar, nin dereitos abusivos de port�dego que os se�ores das forta-lezas poideran impo�er: para os galegos era unha fronteira m�is libre para o tr�nsito c�s interiores l�mites de cada se�or�o, de cada fortaleza[48]. Cinco anos antes da revoluci�n irmandi�a, Afonso V soupo capta-lo grande avaliamento en que os galegos fronteirizos ti�an a liberdade de paso a Portugal, ata o punto de prexudica-los propios intereses comerciais xerais[49] legalizando o contrabando; dando cartas colectivas de vecindade[50] �s poboaci�ns da antiga Galicia bracarense, o rei de Portugal deixaba en efecto a fronteira, amosando � cabo a s�a votade reintegracionista respecto �s comarcas � norte do Mi�o.

 

 

3.Proceso de cerramento e enemistades colectivas

 

��������������� No s�culo XV a idea de reino de Galicia, ou de Portugal, equivale � idea de se�or�o de Galicia, ou de Portugal[51]: as entidades nacionais e/ou estatais imax�nanse coma grandes se�or�os. Febvre escribiu que para tal tipo de estado tal tipo de fronteira, e como na Idade Media o estado distingu�ase mal das outras formas de sociedade, tampouco as fronteiras estatais ti�an moita m�is importancia cos l�mites entre as soberan�as particulares[52]. Superpo��anse sen coincidi-las fronteiras se�oriais, eclesi�sticas e pol�ticas; as fronteiras do rei non eran as que m�is incid�an na vida cotidi� da poboaci�n. A transici�n � modernidade vai significa-la emerxencia do estado e o cerre, en diverso grado e de diversa forma, das fronteiras medievais. Da concepci�n medieval das fronteiras coma un sistema de pontes baixo as cales vemos correr un continuum social e cultural, pasamos a un proceso de concentraci�n da soberan�a e de homoxenizaci�n do espacio que entra�a: o fin das aduanas se�oriais interiores[53], a nacionalizaci�n das xurisdicci�ns e se�or�os eclesi�sticos e o control comercial, fiscal, xudicial, cultural, ..., das fronteiras entre os Estados. J.L. Mart�n Mart�n estudiou o paso dunha fronteira flexible entre Portugal e Castela a unha fronteira r�xida, sobre todo despois dos feitos de 1383-1385[54].

 

��������������� A finais da Idade Media, na fronteira galego-portuguesa se mante�en relaci�ns intensas de boa vecindade, pero acontece que tam�n se ergue unha fronteira moral[55] que co tempo haber� de callar, estrag�ndose en boa medida as relaci�ns tradicionais, deica hoxe[56].

 

��������������� No contexto das guerras pola hexemon�a pen�nsular entre Castela e Portugal, na segunda metade do s�culo XIV e en 1474-1476, costit�en-se no reino de Galicia, segundo a conxuntura, sendos bandos: un pro-Portugal e o outro pro-Castela, que � cabo triunfou. S�ntoma do grado acadado de polarizaci�n mental, mesmo nos medios populares, son os alcumes e aldraxes que princip�an a dirixirse galegos e portugueses, reflexando sentimentos colectivos de hostilidade que, en �ltima instancia, son d�bedores de vastos procesos de recomposici�n estatal e social.

 

��������������� Despois de 1385, Jo�o I animou �s conegos rebeldes, partidarios do Papa de Roma igual que Portugal, � bispo de Tui que era, o mesmo que Castela, da obediencia do Papa de Avignon. O problema que estaba debaixo era o da pertenencia das propiedades do bispado de Tui en Portugal, entre o Mi�o e o Limia, que � cabo remataron por quedar en Portugal, no marco da nova pol�tica de nacionalizaci�n das xurisdicci�n eclesi�sticas. Os de Tui chamaban chamorros �s de Valen�a, -Tui ali�ado con Roma e con Portugal. A�nda, en 1424, o cabido de Tui require � concello para que non deixen entrar na vila �s rebeldes de Valen�a, debendo prende-los excomulgados, �asi clerigo como leygo�[57]. M�is arriba comprobamos que 60 anos despois as relaci�ns Valen�a-Tui ti�an recobrada a s�a cordialidade. Pero o alcume ficou[58].

 

��������������� Chamorro quer�a dicir te-lo pelo corto e a barba rapada, moda propagada en Portugal a partir do rei Fernando (1367-1383), e que valeu para que os castel�ns llo puseran de mal nome �s portugueses, �ressentidos de batalha de Aljubarrota, donde os poucos que puderam fugir, levaram eternos motivos de chorar�[59]. Fern�o Lopes pon en boca do derrotado Juan I de Castela: �Fuyo de chamorros ...�, o que era unha grande �deshomrra�[60]. A verdade � que a voz pod�a ter unhas connotaci�ns ben pexorativas: �corto de haberes, pobre, vil�[61]. A relaci�n entre andar co pelo corto e o seu sentido aldraxante � m�is que probable que estea na identificaci�n simb�lica da falla de cabelo coa servidume e a minusval�a[62]. Xa temos a fronteira moral erguida.

 

��������������� Do tempo de Aljubarrota � tempo de Toro. Durante a guerra de sucesi�n, casemente un s�culo despois, os galegos e os portugueses desenvolveran tanto xeito en deshonrarse mutuamente que ditas habili-dades pronto tiveron unha boa aplicaci�n militar. Os homes do arcebispo Fonseca e do conde de Monterrei provocaron �s portugueses de Pedro Alvarez de Soutomaior: �sebosos, cabrones, que no eran buenos para nada sino para comer bofes de vaca�; �s portugueses �arremetieron a los enemigos diciendo: `Esperad, ladrones gallegos, p�paros, torrezneyros'�; e o de Soutomaior non puido evitar que �s seus homes ca�ran na celada que os do bando dos Reis Cat�licos lles ti�an preparada; quedaron mortos ou presos 150 portugueses, defensores da causa de Alfonso V, partidario da reintegraci�n de Galicia en Portugal.

 

��������������� Temos moi serias d�bidas de que o cerre das fronteiras medievais fora real, definitivo, sen o aportamento das enemistades nacionais propias da modernidad. Ningunha medida fiscal ou burocr�tica lograr�a quizais mellores resultados, ca difusi�n de mentalidades refactarias, tocante a afasta-la xente da secular convivencia e do trato inter-nacional; de a� o interese de investiga-las mentalidades de fronteira.

 

��������������� Dixemos que a cada tipo de sociedade e de Estado corresponde, en li�as xerais, un tipo de fronteira; valer�a dicir as� mesmo que a cada tipo de fronteira corresponde un tipo de autoconciencia nacional. Por conseguinte, o fen�meno do feche da fronteira medieval, i non vai parello coa tendencia a expresa-lo co�ecemento colectivo da propia identidade de forma negativa, contra as comunidades veci�as?����

 

��������������� ������



* Publicado en O cerre da fronteira medieval entre Galicia ePortugal, Sociedade, cultura e mentalidades na �poca do Cancioneiro Geral (Actas do Congresso Internacional Bartolomeu Dias e a sua �poca, Porto, setiembre de 1988), volume IV, Porto, 1989, pp. 461-473; �La frontera medieval entre Galicia y Portugal�, Medievalismo, Madrid, n� 4, 1994, pp. 27-39; �Portugal, fronteira aberta�, �Viva El-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996, pp. 117-133; www.cbarros.com.

���� [1] Jos� MATTOSO, O essencial sobre a forma��o da nacionalidade, Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 1985, pp. 39-40.

���� [2] Conforme nos achegamos �s tempos modernos, fanse m�is longas as ausencias dos reis de Castela e Le�n no cada vez m�is lonxano reino de Galicia. Cf. Carlos BARROS, A mentalidade xusticieira dos irmandi�os, Vigo, Edici�ns Xerais, 1988, pp.40-41.

���� [3] Humberto BAQUERO MORENO, Areas de conflicto na fronteira galaico-minhota no fim da Idade Media, II Col�quio galaico-minhoto, I, p. 54.

���� [4] Pascual GALINDO ROMEO, Tuy en la Baja Edad Media (siglos XII-XV), Madrid, Instituto E. Fl�rez , 1923, pp. 21-24; Alexandre HERCULANO, Hist�ria de Portugal, I, Amadora, Liv. Bertrand, 1980, pp. 401-403, 407-408, 413-421, 437-438, 559-566.

���� [5] A. HERCULANO, op. cit., pp. 413-415; Benito VICETTO, Historia de Galicia, Ferrol, 1872. Ed. facs�mil, Lugo, Alvarellos, 1979, pp. 106-111; J. MATTOSO, Identifica��o de um pa�s, I, Lisboa, Estampa, 1985, p. 187.

���� [6] P. GALINDO ROMEO, op. cit., p. 24.

���� [7] A. HERCULANO, op. cit., p. 401.

���� [8] A. RODRIGUEZ COLMENERO, Galicia meridional romana, Bilbao, Universidad de Deusto, 1977, pp. 14 ss.

���� [9] A. HERCULANO, op. cit., pp. 373 ss.

���� [10] Entre 1124 e 1131, suc�dense os problemas pola legac�a e a xurisdicci�n eclesi�stica co arcebispo de Braga e co bispo de Coimbra, Historia Compostelana, ed. de Jos� CAMPELO, Santiago, Porto, 1950, pp. 358, 394, 434-435, 458; Xelm�rez acompa�a en 1127 co seu ex�rcito a Alfonso VII contra os portugueses, idem, pp. 397-398; en 1137 contrib�e con dous mil soldos para que o emperador de Le�n recupere Tui, de novo conquistada por Afonso Henriques, e disponse a xuntar outro ex�rcito, idem, p. 508.

���� [11] Consta que Xelm�rez, en 1127 oblig� a los compostelanos, parte con ruegos, parte por la fuerza, a seguirle en aquella expedici�n�, Historia Compostelana, p. 398.

���� [12] Lucien FEBVRE, Fronti�re: le mot et la notion, Por une histoire � part enti�re, Paris, SEVPEN, 1962, p. 21.

���� [13] J. MATTOSO, Identifica��o de um pa�s, pp. 194-195; en 1418, ten lugar un acto notarial na terra da Limia, para marcar e divisar en o termo entre Portugal e Galiza con homes bos dambos dos Reinos en esta maneira, resultando uns lindeiros precisos, a raia de Portugal, baseados en puntos de referencia da paisaxe, publica Jos� Ram�n FERNANDEZ OXEA, ed. Descripci�n de los Estados de la Casa de Monterrey en Galicia, por D. Pedro Gonz�lez de Ulloa (1777), Santiago, CSIC, 1950, pp. 92-9.

���� [14] Joaquim VERISSIMO SERRAO, Hist�ria de Portugal, I, P�voa de Varzim, Verbo, 1978 (2.� ed.), pp.87-88.

 

���� [15] Na Corte de Castela, s�culos despois, por contra segu�an alg�ns sen ver claro onde remataba Galicia e empezaba Portugal, posto que escrib�a o cronista que, en 1372, avian tomado un logar de Galicia que dicen Viana, Cr�nica del rey Enrique II, BAE, n� 68, Madrid, Atlas, 1953, p. 14.

���� [16] Rita COSTA GOMES, �sobre as fronteiras medievais: A Beira�, Revista de Hist�ria Econ�mica e Social, 21, 1987, pp. 58-59; a fronteira do r�o Mi�o malamente pode considerarse imprecisa como di Roger Dion, e s� referenciable por medio de castelos e poboaci�ns fortes, segundo Herculano, ibidem, anque tales afirmaci�ns sexan correctas para o per�odo anterior a 1169.

���� [17] J. MATOSSO, Identifica��o de um pa�s, II, pp. 194-195.

���� [18] Lucien FEBVRE, op. cit., pp. 22-23

���� [19] Jaime GARRIDO RODRIGUEZ, Fortalezas de la antigua provincia de Tuy, Pontevedra, Deputaci�n Provincial, 1987, p. 250; A.H. OLIVEIRA MARQUES, Portugal na crise dos s�culos XIV e XV, Lisboa, Presen�a, 1987, p. 347.

���� [20] Jos� Luis MARTIN MARTIN, �Notas sobre la frontera medieval entre Portugal y Castilla�, 1383-1385 e a Crise Geral dos S�culos XIV/XV. Jornadas de Hist�ria Medieval. Actas, Lisboa, Hist�ria Cr�tica, 1985, pp. 156-157.

���� [21] Ermelindo PORTELA SILVA, La Regi�n del Obispado de Tuy en los siglos XII a XV, Santiago, Deputaci�n Provincial de Pontevedra, 1976, pp. 244 ss.; v�xanse cartas reales portuguesas en favor do mosteiro de Oia, 1340-1455, Luis SANCHEZ BELDA, Documentos reales de la Edad Media referentes a Galicia, Madrid, Ministerio de Educaci�n Nacional, 1953, pp. 462, 465, 533, 538, 539, 543, 559, 560, 565.

���� [22] De Paio Sorred, cabeza da linaxe dos Soutomaior de Galicia, di o xenealoxista: tan buen Cavallero como otro qualquier de su tiempo, preciado tanto de los Reyes, i altos se�ores, que cada uno le queria consigo, Nobiliario del Conde de Barcelos, Madrid, 1646, p. 381.

���� [23] J. MATTOSO, Identifica��o ..., II, p. 195.

���� [24] Jos� MARQUES, Ac��o governativa de D. Afonso V durante a visita ao Minho, em 1462, Braga, 1984.

���� [25] En 1476, despois da s�a victoria na batalla de Toro, Afonso V prop�n -sen resultado- �s Reis Cat�licos, dentro do tratado de paz, que polos dereitos que, como esposo da filla de Enrique IV, tinha nos Regnos de Castella, lhe soltassem liuremente algua parte do senhorio della, e que esta seria ho regno de Galiza com todos seus termos, Cr�nica do Pr�ncipe D. Jo�o de Dami�o de G�is, ed. de Gra�a Almeida Rodrigues, Lisboa, Universidade, 1977, p. 128.

���� [26] A. H. OLIVEIRA MARQUES, Portugal na crise dos s�culos XIV e XV, p. 317.

���� [27] Descripci�n de los Estados de la Casa de Monterrey en Galicia, pp. 180-181.

���� [28] Ibidem.

 

���� [29] O seu alonxamento da li�a fronteiriza fai m�is representativa do conxunto dos galegos a mentalidade � respecto dos burgueses ourens�ns.

���� [30] Publica Xes�s PERRO COUSELO, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos s�culos XIII ao XVI, II, Vigo, Galaxia, 1967, pp. 258-259.

���� [31] Idem, pp. 271-272.

���� [32] Arch. General de Simancas, C�mara de Castilla, Leg. 2763, fol. 28 s.

���� [33] Jos� MARQUES, Rela��es econ�micas do norte de Portugal com o reino de Castela, no s�culo XV, Braga, 1978; Relac�es galaico-bracarenses, no s�culo XV, segundo as matr�culas de ordens do Arquivo Distrital de Braga, Ponte de Limia, 1981; Ac��o governativa de D. Afonso V durante a visita ao Minho, em 1462, Braga, 1984; O mosteiro de Oia e a granja da Silva no contexto das rela��es luso-castelanhas dos s�culos XIV-XV, Porto, 1985; Cartas in�ditas de D. Jo�o I do Arquivo Hist�rico Nacional de Madrid, Braga, 1985.

���� [34] J. MARQUES, Rela��es econ�micas ..., pp. 12, 14, 16, 48.

���� [35] J. MARQUES, Idem, p. 14.

���� [36] Fen�meno indicativo de unha forte relaci�n informativa, J. MARQUES, Rela��es galaico-bracarense ..., p. 342.

���� [37] J. MARQUES, Rela��es econ�micas ...; Ac��o governativa ...; � moi posible que o interese do rei de Portugal en manter boas relaci�ns co reino de Galicia e coa rexi�n do Minho te�a que ver a pol�tica de Afonso V, manifestada catorze anos despois, de integra-la Galicia no reino de Portugal, v�xase a nota 25.

���� [38] ACT, Libro Becerro, I, fol. 244-245, publ. Ernesto IGLESIAS ALMEIDA, Los antiguos �portos� de Tuy y las barcas de pasaje a Portugal, Ap�ndice, doc. n� 2.

���� [39] Ferdinand de SAUSSURE, Curso de Ling��stica general, Madrid, Akal, 1980, p. 269.

���� [40] V�xanse, por exemplo, os documentos portugueses mentados nas notas 30 e 38; tam�n Henrique CHAO ESPINA, �Algumas diferen�as entre o Galego e o Portugu�s�, Bracara Augusta, n.os 59-62, 1971-1972, pp. 238-248.

���� [41] Memorial ajustado del pleito Teresa de Sotomaior / Garc�a Sarmiento sobre la fortaleza de Fornelos, Biblioteca Museo de Pontevedra, Colecci�n SOLLA, caja 60, fol. 9, 10, 55.

���� [42] J.L. MARTIN MARTIN, �Notas sobre la frontera medieval entre Portugal y Castilla�, 1383/1385 ..., pp. 155, 157, 158; J. MARQUES, Rela��es econ�micas ..., pp. 17, 18, 39.

���� [43] Angus MACKAY, La Espa�a de la Edad Media. Desde la frontera hastal el Imperio (1000-1500), Madrid, C�tedra, 1985, pp. 214-222.

���� [44] Reyna Pastor, Del islam al cristianismo. En las fronteras de dos formaciones econ�mico-sociales, Barcelona, Pen�nsula, 1985, pp. 9-17.

���� [45] P. PEYVEL, �Structures f�odales et fronti�res m�di�vales: l'exemple de la zone de contact entre Forez et Bourbonnais aux XIIIe et XIVe si�cles�, Le Moyen Age, 1, 1987, pp. 80 ss.

���� [46] Jos� Antonio MARAVALL, Estado moderno y mentalidad social (siglos XV a XVII), I, Madrid, Revista de Occidente, 1972, p. 121; P. PEYVEL, op. cit., p. 51; R. COSTA GOMES, op. cit., pp. 57-58, 61.

���� [47] Miguel Angel LADERO QUESADA, La Hacienda Real de Castilla en el siglo XV, La Laguna, Universidad, 1973, pp. 80, 119-125.

���� [48] C. BARROS, A mentalidade xusticieira dos irmandi�os, pp. 117 ss.

���� [49] M.A. LADERO, op. cit., p. 120.

���� [50] J. MARQUES, Rela��es econ�micas ...; Ac��o governativa ...

���� [51] V�xanse os documentos citados nas notas 30 e 31.

���� [52] L. FEBVRE, op. cit., p. 18.

���� [53] J.A. MARAVALL, op. cit., pp. 129-132.

���� [54] �Notas sobre la frontera medieval entre Portugal y Castilla�, 1383/1385..

 

���� [55] L. FEBVRE, op. cit., p. 19.

���� [56] Para os tempos m�is recentes, v�xanse Ram�n VILLARES, �As relaci�ns da Galiza con Portugal na �poca contempor�nea�, Grial, 81, 1983, pp. 301-314.

��� [57] P. GALINDO ROMEO, op. cit., p. 55.

���� [58] �En la comarca norte de Galicia a�n hace pocos a�os se daba este nombre a los gallegos de la raya del Mi�o�, Bolet�n de la Comisi�n de Monumentos de Orense, XII, 1939-1940, p. 235.

���� [59] Joaquim de SANTA ROSA de VITERBO, Elucid�rio das palavras, termos e frases, II, Porto-Lisboa, Civiliza��o, 1966, p. 93; A.H. OLIVEIRA MARQUES, A Sociedade medieval portuguesa, Lisboa, S� da Costa, 1981, p. 61.

���� [60] F. LOPES, Cr�nica de D. Jo�o I, II, Porto-Lisboa, Civiliza��o, 1983, pp. 110, 157.

���� [61] J. COROMINAS, Diccionario cr�tico etimologico castellano e hisp�nico, II, Madrid, Gredos, 1984, p. 320.

���� [62] J. de SANTA ROSA, op. cit., pp. 55-56.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad