Cartas a CB
Mensajes |
Boas,
Eu son un estudante de Filoloxía Galega en Vigo.
Sempre andiven moi interesado no tema das
revoltas irmandiñas e teño lido moitos dos seus
traballos.
Sei que hai nada fixo unha intervención nun
Congreso sobre os condes de Lemos, en Monforte.
A súa xiraba en torno aos irmandiños por terras
do Lemos. A miña aldea é desa comarca e por iso
teño un especial interese en ler ese texto.
Co cal, escríbolle para mirar se me pode enviar
o texto da súa intervención. Eu non o utilizarei
para nada máis que non sexa para o meu propio
coñecemento.
Agardo unha resposta súa,
Un saúdo cordial,
Xurxo Martínez.
+++++
Xurxo, cando teña redactado e entregado o traballo sobre os
irmandiños de Lemos "colgareino" coma sempre na miña web
persoal, pronto estará tamén o audio da conferencia.
Saúdos e xa sabes, "o que sae ó seu non dexenera".
Departamento de Historia Medieval e Moderna
Facultade de Xeografía e Historia
Universidade de Santiago de Compostela
|