Cartas a CB
Mensajes |
O meu nome é Gonzalo Cao, fai uns anos lin un libro seu: "A mentalidade xusticieira dos irmandiños", onde, é para a miña sorpresa a miña parroquia, "Sande", concretamente os labregos eran protagonistas da revolta irmandiña.
Este tema era descoñecido para min ata
que tiven a oportunidade e a sorte de
ler as páxinas do seu interesante
libro.
O problema é que non só para min, senón
para o propio concello (Cartelle), onde
agás un pequeno artigo publicado, con
motivo das festas da miña aldea (e
supoño que baseada na información que
vostede aporta no seu libro, pois eu
mesmo cando lin o seu libro, informei a
un veciño). Moitas grazas pola súa
atención e desculpe a extensión deste
correo.
Gonzalo Cao +++++
Gonzalo, o orixinal do documento sobre os
irmandiños de Sande, publicado por Ferro Couselo, está no
Arquivo Histórico de Ourense, Libro de acordos do concello,
I, 234.
Saúdos
Carlos Barros
Departamento de Historia Medieval e Moderna Facultade de Xeografía e Historia Universidade de Santiago de Compostela [email protected] / [email protected] www.cbarros.com www.h-debate.com
|