Cartas a CB
Mensajes |
Estimado profesor antes de nada quería felicitalo polo seu labor erudita e de divulgación. Encántame ler o que escribe. Paso a pedirlle un favor, se pode e quere facermo. Ando buscando información sobre un tal Antonio de Tovar, señor do coto de Sto Tomé de Lorenzana, xentilhome de Carlos V, que foi o responsable de levar ante o emperador o Memorial da Asamblea de nobles de Melide de 1520... Os encargados destas funcións, ¿eran nobles? ¿ Eran escribanos? Grazas e moito ánimo na súa sorprendente labor. Belén. ++++++++ Belén, coido que se trata dun fillo de Vasco de Seixas, cabaleiro da Casa de Ulloa (Aponte). Na fortaleza de Tovar en Canedo, Santo Tomé de Lorenzana a 9 km. de Mondoñedo, consta que Antonio de Tovar, "de la casa del César Carlos [emperador Carlos V]... hizo esta [casa]", segundo Vázquez Seixas. Ánimo cos traballos. Carlos Barros www.cbarros.com www.h-debate.com
|