Cartas a CB
Mensajes |
Muitas grazas
de novo! Apaixónanme estas cousas. De feito, alén
das vías do tren, alá nos Churruchaos pódense
percibir as liñas das murallas e dalgunha torre. Ese
lugar é ensoñador. Estou desexando saber mais del
André Chamadoira Parabéns pola conferencia que publicou no grupo galego-catalán. Gustaríame facerlle dúas preguntas A información de que se vai reconstruír/escavar definitivamente o castelo é actual? E como se escribe a Valmarise? O nome da batalla final do exercito irmandiño compostelán. Porque non acabo de entender ben Valmarís, Valmarice, Valmaleixe? Por certo que pulula por Internet outro nome para esa batalla como a "batalla da Almáciga". Só por interés, que non son estudante de historia pero si consumidor. Graciñas e parabéns de novo! André Chamadoira A nova é deste días, André, hai unha forte subvención do Ministerio para escavar no 2013 o interior da Rocha Forte (ate agora traballouse somente o perímetro). O nome documentado da ballalla campal de 1469 perto de Santiago é "Balmalije", que alguén identificou por Almáciga, maila que as palabras non se parecen... Carlos Barros |