Cartas a CB
Mensajes |
Ola, Carlos,
Puxenme en contacto contigo fai un ano pra comentarte ó da miña
páxina web sobre Sandiás. E sego ca historia de Sandiás,
buscando datos pra actualizala páxina, por eso che fago a
seguinte pregunta, en que arquivos ( a nivel de toda España) se
podria atopar información sobre dita torre? ( abibliografia fai
tempo que se esgotou e todo o mundo di o mesmo, copianse uns os
outros¡)
Moitas gracias pola tua atención,
Xavier
Xavier, o correcto sería buscar novas sobre o castelo
de Sandiás a través dos seus sucesivos propietarios laicos e
eclesiásticos coñecidos, tanto en documentación de arquivo como en
bibliografía.
Eu comezaria pola documentación da catedral de
Ourense, sen deixar de visitar o arquivo provincial. E seguiría cos
datos que están nos libros existentes sobre a nobreza galega en
relación cos Pimentel, Benavente e Lemos. Terminando naturalmente
polo arquivo real de Simancas, o AHN e os arquivos nobiliarios da
Casa de Alba, Medinasidonia e Medinaceli (está microfilmado no
Arquivo da USC).
Supoño que terás xa pescudado o Boletín da Comisión
de Monumentos de Orense.
Ánimo e tenme ó tanto dos avances
Carlos Barros
Departamento de Historia Medieval e Moderna
Facultade de Xeografía e Historia
Universidade de Santiago de Compostela
España
tel. 981 528058
fax 981 814897
móvil 669 338 176
|